domingo. 10.11.2024
El tiempo

Doble vitoria a domicilio para Conservas e Calvo

Doble vitoria a domicilio para Conservas e Calvo

Moi positiva a 8ª xornada na 1ª División Estatal de Balonmán para os equipos conserveiros da zona. Dúas complicadas vitorias a domicilio, a primeira para os camariñáns, deixan un doce sabor de boca no conxunto carballés e no camariñán.

Con todo, compre destacar que os obxectivos dos dous conxuntos son diferentes. Se o Bm. Camariñas busca a permanencia e subiu un par de postos esta xornada situándose 11º con 5 puntos, o Xiria xa está 6º con 11 puntos, a tan só un dos líderes. "Zamora, León ó Xiria xa está aquí!", así cantan a través das redes sociais ao Xiria, que busca situarse na zona alta.

Las 5 Jotas-Lavadores - Balonmán Camariñas (24-25)

  • Balonmán Camariñas: Cristian (p), Víctor (p), Fari (1), Fabián (6), Felipe (1), Damián, Borja (5), Moncho (3), Salva (3), Catalán (2), José Ramón, Xabi (2), Perón (2).
  • Foi a primeira final contra un rival directo para manter a categoría. O partido non foi complicado para o Camariñas, que sempre foi por diante no marcador, salvo e os primeiros minutos en que un 2-1 foi o único marcador favorable que tiveron os locais.

    O Camariñas sempre se mantivo entre 2 e 6 goles de vantaxe, pero o Lavadores xamais deu o partido por perdido e contou ademais coa axuda inesperada dos árbitros, pois cando o Camariñas conseguía a máxima vantaxe (15-21) permitiron dúas autopases aos locais e excluíron inxustamente a Borja e Salva, quedando con 5 en cancha o Camariñas. O Cinco Xotas achegouse perigosamente no marcador conseguindo un empate ao fío do encontro, repúxose o Boya que aproveitou a oportunidade do seu último ataque. O Lavadores aínda dsipuso dunha última oportunadad para empatar pero sen apenas tempo acabou lanzando un último golpe franco por encima da portería de Cristian, que xunto co porteiro local Dani, foron os mellores do partido.

    Exp. Mineiras do Morrazo Bm. Cangas - Calvo Xiria (26-27)

    • Calvo Xiria (12+15): Iago[p], Ramón, Álex García, Jesús (4), Manu (2), David (8), Dubra (2) -equipo inicial- Kike[p], Cuco, Ángel, Miguel, Álex Zas (3), Pablo (6), Sergio (2).

    Encadeou a terceira vitoria consecutiva o Calvo Xiria logo de acadar os dous puntos na súa visita a Cangas, nun partido que non se decidiu ata o derradeiro suspiro. Xa no descanso o marcardor de empate a 12 goles indicaba ben ás claras a igualdade no encontro que se disputaba no Gatañal.

    Partido moi emocionante e con situacións incribles, cun arbitraxe que por momentos desconcertou a un e outro equipo. Un gol co pé (de chilena), ningún sete metros indicado a favor do equipo visitante, rechaces recollidos polos xogadores do Calvo dentro da súa área defensiva sen que se pite nada, un gol no derradeiro segundo...

    A igualdade nos primeiros cinco minutos deu paso a vantaxes que chegaron aos catros goles para os carballeses, baseándose na defensa e nas transicións rápidas. Mais non foi quen o Xiria de manter o nivel do seu xogo e a insistencia canguesa deu os seus froitos. David Lagoa tivo moito que ver na recuperación do seu equipo, xa que o porteiro local fixo moitas intervencións de mérito ante os lanzadores carballeses -so nos primeiros trinta minutos detivo sete balóns claros dende os seis metros aos xogadores visitantes-. O punto culminante da primeira metade foi un gol conseguido co pé polo pivote do Bm. Cangas e concedido como válido polos colexiados que sacou aos carballeses do encontro, o que aproveitaron so xogadores cangueses para acadar o empate e amosar as súas credencias para levarse os dous puntos.

    O guión do segundo tempo foi idéntico ao primeiro. O Xiria vaise no marcador, comenza a cometer erros, ou Cangas a forzalos. A falta de cinco minutos o marcador reflicte un 24 – 24, para pouco despois poñerse os locais por primeira vez por diante. A partir de aí moitos erros polas duas partes e un Calvo que atina un pouco máis que o seu rival. A falta de trinta segundos novo empate no marcador e balón para os carballeses. Tempo morto a falta de once segundos e clara situación de gol na mán de Manu que os árbitros converten en pasos precedidos de falta. A desesperación nas protestas dos carballeses rematan ca sanción de dous minutos a Pablo e o tempo párase no 59´ 57´´. O balón vai a David e marca no derradeiro segundo.

    De novo a moeda caeu do lado carballés, pero se o Calvo Xiria quere estar na parte alta da táboa non debería de deixar para o derradeiro suspiro a consecución dos puntos.

    Vindeira xornada

    O vindeiro sábado 19 de novembro o Conservas Boya recibe en Camariñas ao líder, o Ademar Universidade de León, ás 18:30 no Areal.

    Pola sua banda, o outro choque da xornada para os nosos será no Pavillón Vila de Noia e enfrontará ao Calvo Xiria co Bm. Porriño o sábado ás 18.30 h.

    Máis información

    Crónicas 2011/2012

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Redacción de QPC ([email protected]).
    • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.

Comentarios