Venres. 29.03.2024
El tiempo

Dous malpicáns reman dende A Coruña a Malpica polas enfermidades reutomatolóxicas

Dous malpicáns reman dende A Coruña a Malpica polas enfermidades reutomatolóxicas
Sergio Lema e Marcos Alfeiran remaron dende Coruna a Malpica polas enfermidades raras

Impresionantes os Sergio Lema e Marcos Alfeirán. Estes dous bravos malpicáns quixeron levar adiante unha iniciativa a favor da Liga Reumatolóxica Galega, e abofé que o conseguiron, coa súa travesía a remo dende a praia das Lapas da Coruña ata a de Area Maior de Malpica.

Foi coincidindo co Día de Santa Mariña, cando os malpicáns decidiron facerse ao mar por unha boa causa encamiñada a dar unha maior visibilidade ás enfermidades reumatolóxicas. Saíron ás 9 horas da Coruña e chegaron ás 18.30 a Malpica, onde foron recibidos e agasallados polos concelleiros Miguel Fernández e Iago Espasandín, que destacaron a valentía e a solidariedade dos dous deportistas malpicáns.

Fonte

Comentarios