Duatlón e maratón con acento muradán e irmandiño
Mentres na Coruña corrían os 42K, en Muros tocaba alternar bici e zapatillas. Pero en ambas, a Costa da Morte tivo aos seus destacados participantes. Míchel Antelo e Manu Dosil foron protagonistas en cada cita.
Duatlón en Muros
Boa participación no Duatlón de MurosAmbientazo en Muros, e foi moi numeroso o público que se dou cita nas inmediacións do porto muradán que non deixou de animar aos/ás participantes (especialmente aos veciños que foron da partida) pese que as condicións climatolóxicas non eran as idóneas.
Todos os participantes locais destacan a organización e felicitan o gran traballo de David Pastoriza. Así, o Concello de Muros entregoulle unha placa conmemorativa á familia de Eleuterio Balayo recoñecendo o compromiso e apoio deste á vida deportiva municipal. .
Entre os participantes do I Duatlón Eleuterio Balayo de Muros, estaba o local Manu Dosil, xa protagonista do Campionato Galego, e segundo na esixente proba do pasado sábado. Dosil (do Olímpico de Vedra) mandou durante 45 dos 50 minutos que lles levou rematar o percorrido, e no treito final foi superado por Rubén Caamaño (Artrogal Tri 498), que quedara 5º nos galegos da semana anterior. E como a semana anterior, volveuse a repetir a historia, os primeiros 5 000 metros de carreira a pé resultaron unha loita sen cuartel entre ambos, aos que se lle unía o coristanqués Cristian Muíño, e que marcaron diferenza cun grupo perseguidor.
Manu Dosil e Cristian Muino detras de Ruben Caamano no Duatlon de MurosUnha transición rápida na que Cristian Muíño perdía a comba dos líderes dou paso aos 20 km de ciclismo. As 3 primeiras voltas do sector ciclismo, marcado polo vento, foron incapaces de marcar diferenzas entre os 2 líderes e o desgaste de Manuel Dosil non tivo a súa recompensa e na última volta foron absorbidos por un grupo duns 5 deportistas con nomes como Sergio Carreira (Artrogal Tri 498), Jorge Janeiro (CD Pinarium), Manuel Dalmeida (Tríatlon Villagarcía Atenas), Juan Cepeda (CN Riveira) ou Luis Tembra (Triatlón Riveira). Desta vez, e nos 2,5 km últimos, saltou un importante pelotón, pero de novo Manuel Dosil, arroupado polo seu público, e Rubén Caamaño volveron a marcharse codo a codo pero na última volta un arreón deste último permitiulle quitarlle uns segundos que lle valerían para proclamarse gañador do I Dúatlon “Eleuteiro Balayo” Concello de Muros cun tepo de 1:00:25h. A segunda posición sería para Manuel Dosil (1:00:34 h) e a terceira para Luis Tembra (1:00:56 h).
Na zona de privilexio tamén chegaban o carnotán Josecho González, no posto número 10, e o muradán Xurxo Carballo, no 17º.
Na categoría feminina, a cousa resultou ben diferente. Nunha primeira carreira a pé marcada polo ritmo intratable de Cristina García (Artrogal Tri 498) que lle permitía quitarlle pouco máis de 1 minuto á deportista do Olímpico de Vedra, Tania Garabatos, que era seguida moi de preto por Lorena Fernández (AD Janachas).
Pero o sector ciclista resultaría fundamental no desenvolvemento da proba, xa que Tania Garabatos foi quen de quitarlle máis de 2 minutos a Cristina García, diferenza que se veu incrementada nos últimos 2,5 km e que serviu para que Tania Garabatos levantase a cinta de meta.
Míchel, 5º na Coruña
O titiriteiro Michel Antelo preparado para a C42 da CoruñaForon máis de 2300 persoas as que tomaron a saída das probas 10K e C42 da Coruña. 830 probaron cos 42 kilómetros da primeira maratón herculina, e só uns poucos escollidos chegaron ao final. Entre eles un bravo irmandiño, Míchel Antelo, que segue desafiando ao seu corpo e completaba a súa primeira maratón cun tempo olímpico, 2:36h.
A proba gañouna o estudiante checo David Pelísek, que chegou apenas 7 minutos antes do vimiancés do club Terra de Soneira, que non entrou no podio por apenas 3 minutos.
Novas relacionadas
- Manu Dosil xa é protagonista do Campionato.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).