Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Arrincou a tempada para Xiria, coa gran estrea do Sénior Feminino, Artai e ACB

Arrincou a tempada para Xiria, coa gran estrea do Sénior Feminino, Artai e ACB
EBX Vazquez Reino Senior Feminino Primeiro plantel do EBX Vázquez y Reino

Arrincou a tempada para o ACB Costa da Morte, e máis emotivo se cadra foi o comezo da histórica andadura do equipo sénior feminino do Carballo Basket. O Vázquez y Reino EBX, cunha media de idade de 19 anos, demostrou que vai forte nesta estrea. 20-0, coa primeira e histórica canasta de María Límeres, arrincou o partido ante máis dun centenar de afeccionados entusiasmados.

Xiria - Sénior feminino

    Resultado: Vázquez y Reino EBX - Adro Coruña (82-15)
  • Vázquez y Reino EBX: Iria (2), Andrea Mato (4), Sara (6), Ana (9), Silvia (24), Limeres (8), Cris (6), Estela (2), Laura (16), Irene (2), Alba (4) e Andrea Pombo (2).

Quedará para a lembranza esta estrea do equipo sénior feminino do Xiria, pero non o fará pola emoción. En apenas 10 minutos quedaba sentenciado cunha superioridade tan manifesta como reflexa o marcador.

 

Familia Artai

Borja Infantil do Artai Borja, Infantil do Artai, ante os herculinos dos Maristas A familia do Artai arrincaba dende a base. Os infantís caían en Liga Galega ante Maristas con rotundidade, mentres as cadetes comezaban moi fortes ante o Culleredo  

Familia ACB

3ª División Sénior Masculino

ACB Costa da Morte Senior Masculino ACB Costa da Morte Senior Masculino
  • Resultado: IDEFIC - ACB C.E. Costa da Morte (45-29)
  • ACB: Manu (4); Adrián (11); Deril; Iván (6); José – cinco inicial – Christian V.; Alfredo (4); Luci (4); Cristian M. (2)
Choque primeiro do ACB Costa da Morte

Primeiro partido de liga da tempada 16/17 no que quedou evidenciada a pouca rodaxe do equipo, que só puido desputar un partido amigable na pretemporada e que segue cas baixas de Sergio, Tinín, Rodrigo e Gonzalo. A pesar diso, e tras un inicio de dúbidas, o equipo costeiro conseguía, mediante un par de boas accións, abrir o marcador, e impedía a Idefic atacar con claridade (9-8).

Normalmente, o equipo acostuma a que a “páxara” chegue no terceiro cuarto, pero desta vez chegou no segundo periodo, no que o equipo costeiro non tiña ideas en ataque, os sistemas xogábanse “porque si” sen ler as vantaxes e sobre todo a intensidade defensiva baixou notoriamente. O 19-6 encaixado así o demostra.

Trala volta do vestiario, o equipo, con máis garra e sen entregar o partido sae a por todas, esquecendo a diferenza no marcador. Con insto, e con dúas accións de boas defensas e contraataques o cuarto queda empatado (9-9). O derradeiro periodo, ca mesma tónica de non dar ningún balón por perdido só se perde por 2 puntos (8-6).

Cousas boas (boa defensa individual, ben xogados os 1x1 cando se fixeron…) e cousas malas (mala movilidade de balón, mal aproveitamento das vantaxes e o escaso acerto) pero sobre todo moita garra na segunda metade o que seguro nos farámellorar nos próximos encontros.

Derrotas cadetes

Ademais, os mozos e as mozas cadetes colleitando sendas derrotas ante Los Rosales e Punta Penencia, respectivamente.

Banner dimolk horizontal futboldacosta

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios