Elas teñen a senda
2ª División Nacional Masculina
- Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Helios Bembibre TM (0-6).
O AD Zas Ponciano Nieto ante o Bembibre
Outro encontro máis sen atopar a senda das vitorias. Estáselle facendo dura esta liga aos zaseiros, neste caso non houbo opción para os locais a pesar de que Miguel tivo uns rexistros moi axustados en todos os sets, e coma sempre, cando algo está axustado vai favorecer ao que está arriba na clasificación.
1ª División Nacional Feminina
- Resultado: CTM Coruña - AD Zas Aluminios Xeal (0-6).
- Resultado: Breogán Oleiros Femenino - AD Zas Aluminios Xeal (2-4).
AD ALuminios Xeal en Coruña
Outras dúas vitorias foron as que conseguiron as chicas do AD Zas Aluminios Xeal na súa liga de 1ª División Femenina e o que tiveron que loitar para acadalas só o saben elas. Como exemplo o encontro contra as veteranas do CTM Coruña que non deron unha bola por perdida e se miramos o resultado xeral de 6-0 parecerá que foi unha vitoria aplastante pero nada máis lonxe da realidade, pois tres partidos resolveronse por 3-2 favorables e con moitas alternativas no tanteo. Víronse partidos moi disputados e con puntos moi longos con moitos intecambio de golpes. Desta vez pareceu que tiveran a sorte de cara as zaseiras.
Algo parecido pasou no segundo encontro, que xa se supoñia, onde a excepción dos partidos de Ana Ramos (a máis nova de todas as xogadoras, 11 anos), o resto poideron caer de calquer lado. Só con ver os parcias xa se dá un conta de que non foi nada fácil. Así Ana García superou a Marta no 5º set e por 13-11, e logo Miriam levantou un 7-10 en contra no 3º set que se adxudicou despois de varios empates e de bolas de partido para Andrea Valiño.
1ª División Galega
- Resultado: Concello de Mazaricos - Monte Porreiro Mixto (1-4).
- Resultado: Arteal “A” – AD Zas Construcciones Cernadas (0-4).
Unha de cal e outra de área na 1ª División galega. A de cal para o AD Zas Construcciones Cernadas que gañou contundentemente en Santiago ante o Arteal “A” e cedendo un só set, retomendo así a senda das vitorias que moita falta lle facían para escapar dos postos baixos da táboa. Moi ben Ana García e Miriam Domínguez completando así un fin de semana de vitoria por partido xogado.
E a de area foi por pàrte do Concello de Mazaricos que non foi capaz de superar aos de Monte Porreiro nesa loita polos postos altos da táboa. Unha derrota que non frea os ánimos dos mazaricáns de conseguir algo máis que a simple participación. A familia costeira espera que pase a primeira metade da liga para poder falar de empresas maiores, capacidade teñen dabondo, e todo se consigue con esforzo e constancia e deso non lles falta aos noviños xogadores preparados por Miguel Rey.
2ª División Galega
- Resultado: VTM Pinturas Figueiras – AD Zas Dimobel Bazar Baio (4-1).
- Resultado: VTM Pizzería Hilton – AD Zas O Pinar (4-1).
- Resultado: VTM Pinturas Figueiras – AD Zas O Pinar (4-2).
- Resultado: VTM Pizzería Hilton - AD Zas Dimobel Bazar Baio (4-2).
Vindeira cita
Para esta fin de semana non haberá liga, pero si torneo en Oleiros a onde se desprazará unha nutrida representación dos xogadores da comarca e con esperanzas de conseguir varios podiums.Crónicas da tempada
- Con mala sorte preparando o Torneo de tenis de mesa para o Nadal.
- Un final de infarto deu unha das poucas alegrías da fin de semana de tenis de mesa.
- Miriam Domínguez consigue o pase ao Estatal.
- Mazaricos e Santa Comba dan un paso adiante na 1ª Galega do tenis de mesa.
- Os momentos críticos, entre os deberes do tenis de mesa soneirán.
- Nivel Nacional para os equipos do tenis de mesa costeiro.
- Foto histórica na estrea en 2ª Nacional para o AD Zas Ponciano Nieto.
Novas relacionadas
- Setembro 2017: Zas acolle un curso de árbitros de tenis de mesa:
- A selección Galega de tenis de mesa concéntrase por primeira vez na Costa da Morte
- O zaseiro Miguel Rey, novo Seleccionador da Selección Galega de tenis de mesa.
- Zas acolleu a gran festa do tenis de mesa provincial.
- Os equipos de tenis de mesa da Costa rematan as súas ligas.
- O Ponciano Nieto fai os deberes con matrícula e espera os arrastres para certificar o ascenso á 2ª Nacional.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Stevo Lema.