Esta fin de semana os pequenos son os protagonistas no deporte


Os equipos das LCFs comezan a súa andadura na liga de fútbol 7 esta fin de semana. Tras rematar a Liga de Fútbol Sala, os pequenos artistas do balón.
Aquí vemos aos fisterráns, que tras participar nun torneo de fútbol 7 en Cee e xogar algún que outro partido amistoso, o seu estreo oficial será este sábado no campo do Dumbría.
O Manuela Rial no Provincial de Campo a través

Este sábado 19 de febreiro disputarase no circuito da Praia de Cabío na Pobra do Caramiñal o campionato provincial de campo a través, onde se darán cita os tres mellores equipos das catro zoas (Noia, Santiago, Ferrol e Coruña) da provincia.
O colexio Manuela Rial Mouzo de Cee, participará con 4 equipos que se clasificaron no Campionato Intercomarcal celebrado na Pobra o pasado día 28 de xaneiro. Os benxamíns masculinos quedaron 2º, as alevíns feminino 3º, os alevíns masculino 2º e os infantís masculino 3º. Todos eles lograron a clasificación para o campionato provincial, e o equipo alevín intentará pelexar por unha medalla se poden contar con todos os membros do equipo.
Novas relacionadas
- O frío non parou aos pequenos atletas de toda a bisbarra en Cee.
- Os alevíns do Manuela Rial de volei colleitan resultados esperanzadores.
- As Baleas proclamouse doble campión nas Ligas Comarcais de Fútbol Base.
- Ferven as Ligas dos pequenos grandes futbolistas.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).