Mércores. 06.11.2024
El tiempo

Sesións con DáFIT: Estiramentos… Si ou non?

Sesións con DáFIT: Estiramentos… Si ou non?

Pois depende... Depende do tipo de exercicio que se vaia a realizar, do momento, das necesidades e características de cada un, etcétera. Como pauta saudable recomendamos os estiramentos -ou stretching- cen por cen. Excepto naqueles casos nos que existan molestias ou patoloxías.

Os estiramentos en si, dependen de outros factores: da capacidade de elongación dos músculos, tendóns e ligamentos; da estrutura anatómica das articulacións; dos límites musculares e graxos do corpo e do sistema propioceptivo.

Xunto co quecemento, son unha parte do adestramento de especial relevancia, pois realizados axeitadamente preparan ao organismo para o esforzo que este supón, e unha vez concluído, para o descanso e a mellor asimilación.

O obxectivo dos estiramentos é principalmente, mellorar a elasticidade muscular, a flexibilidade e a mobilidade articular. Sendo recomendables tanto si se comeza ou finaliza unha actividade física (executados de maneira correcta, ben activos ou pasivos)como si se vai a permanecer un certo tempo na mesma postura (no caso de permanecer moitas horas sentados, por exemplo). É un compoñente importante de aptitude física, sen os estitamentos as articulacións poden endurecerse e tenden a acurtase, aumentando en moitos casos o risco de lesión.

Sesion de estiramentos e relaxacion tras unha intensa actividade de CrossForceT- Dumbria Sesión de estiramentos e relaxación tras unha intensa actividade de CrossForceT- Dumbría &nsbp;

Existen diferentes tipos de estiramentos:

  • Activos ou pasivos. Estos poden ser Estáticos (nos que apenas nos movemos, mantendo unha posición no sitio e o músculos alóngase), Dinámicos (en movemento e con movementos curtos e suaves), Analíticos (implicamos unha articulación) ou Globais (implicamos varias articulacións).
  • FNP (Facilitación Neuromuscular Propocioceptiva), máis coñecido cas siglas en inglés PNF. Consiste en combinar estiramentos pasivos e contraccións isométricas.
  • Escola SGA (Streching Global Activo), que consiste en aplicar a RPG (Reeducación Postural Global), moi practicado no ámbito da ximnasia e no deporte, tanto na alta competición como no exercicio amateur. Combina estiramientos globais ou de cadeas musculares acompañados dunha respiración controlada.
  • Método Mézières”. Técnica provinte da fisoterapia, creada por Françoise Mézières. O obxectivo principal é mellorar a postura corporal e aliviar a dor mediante un re-equilibrio das cadeas musculares.
  • E teñen como beneficios:

    • Preparar a musculatura para realizar o esforzo posterior.
    • Mellorar o fluxo sanguíneo dos grupos musculares ó terminar o exercicio.
    • Prevén contracturas, pois relaxa a musculatura.
    • Proporciona unha maior potencia, elasticidade e forza muscular.
    • Mellora a velocidade e a coordinación nos movementos.
    • Sensación pracenteira e de benestar.
    • Favorecen unha maior conciencia corporal.
     

    Non é o mesmo estirar antes que despois de facer unha actividade física. Antes os estiramentos van enfocados á preparación a musculatura para que este reaccione ante estímulos distintos. E despois o enfoque que se lle dá eliminar tensións, mellorar a circulación, reducira a dor, etcétera. Previo á unha activade física son convites os estiramentos dinámicos (activos con traballo de mobilidade articular). Este feito fará que mellore o rendemento, aumentando a actividade muscular, a coordinación e a axilidade. Trátase de ir quecendo en progresión.

    En función do tipo de exercicios que se vaian a realizar no adestramento, convén ou non, estirar de xeito previo á actividade física. O tipo de estiramento que se realice e cando se realice pode afectar ó rendemento. Por exemplo, si se vai a realizar un exercicio de forza é mellor omitir os estiramentos estáticos.

    No caso de atletas de alto rendemento, sobre todo de deportes explosivos como os atletas de velocidade, con musculatura hiper-curta, aplican a técnica de non estiramento, por norma xeral antes dunha competición. Non buscan unha maior flexibilidade, senón a relaxación e quitar a excesiva tensión acumulada.

     

    Execución:

    Existen táboas de estiramentos axeitados para antes ou despois de exercicios físicos, musculares ou deportes.

    • En xeral, deben de realizarse de xeito pausado e de maneira progresiva, seguindo un orde (de pés a cabeza ou de cabeza a pés, conseguindo que non se nos esqueza ningunha parte).
    • Hai que estirar para que o músculo se relaxe, notando como tira sen chegar a ter sensación de dor. Polo que non debemos sentir dor, si resistencia.
    • Estirar un músculo concreto e manter en tensión durante un período curto de tempo, de 10 a 20 segundos.
    • Débese coidar a postura, tendo unha correcta alienación corporal: ombreiros atrás, mirando á fronte, peito arriba, pescozo relaxado, etcétera.
    • No hai que estirar con rebotes nin tiróns, se non marcar un punto ate o que se chegue, pero non violentamente pois pode dar lugar a unha lesión.
    • Cando hai dor, tirón muscular ou sobrecarga o un exceso de estiramento pode producir unha lesión polo que o mellor é un pouco de cardio suave para quecer a zona, aliviará a zona de xeito temporal sen danar máis as fibras musculares.
    • A respiración debe ser lenta, rítmica- acompasada e controlada. Non debendo aguantar nunca durante o estiramento. Inspírase cando se estira o músculo e expirase mentres está en tensión.
    &nsbp;

    Como dicíamos, é importante que os estiramentos non caian no ouvido, e xunto co quecemento formen un tándem para obter adestramentos máis produtivos., con empregar de 5 a 10 minutos será suficiente, sendo importante non deixar que o músculos arrefríen, pois poden danarse. Cos estiramentos finais conseguirase relaxar a musculatura e deixala preparada para a seguinte sesión.

     

    Sesións con Dafit

    Máis información

    Dafit seguenos

    Fonte

    • Enlace patrocinado.

Comentarios