xoves. 01.05.2025
El tiempo

Fin de semana de derbis no tenis de mesa costeiro

Fin de semana de derbis no tenis de mesa costeiro
AD Zas O Pinar - VTM Pinturas Figueiras Imaxe do derbi entre AD Zas O Pinar e VTM Pinturas Figueiras Nova xornada completa para o tenis de mesa costeiro que non se amilanou ante Félix. Entre as novas destacadas da semana, cómpre salientar a segunda vitoria do AD Zas Ponciano Nieto na 2ª División Nacional masculina e ante un dos rivais que tamén loita por non ocupar prazas de descenso. Pesa hoxe a derrota da xornada anterior, pois agora os números case non dan pero os zaseiros van pelexar cada partido por intentar manter a categoría. En 1ª Galega volveu a gañar o AD Zas Construcciones Cernadas e tamén volveu a perder o Concello de Mazaricos, que non para a súa marcha negativa. En 2ª Galega, no enfrentamento entre os primeiros clasificados a vitoria levouna o Arteal “B” que así dá un paso para relegar aos de Santa Comba ao segundo posto. E nos derbis entre Zas e Vimianzo as vitorias foron claras para Vimianzo, nótanse as horas de entreno aparte das clases de tenis de mesa.

2ª División Nacional

  • Vilagarcía TM - AD Zas Ponciano Nieto (2-4).

Lástima da derrota da pasada xornada e laméntase máis despois desta vitoria en Vilagarcía ante un dos que loitan por escapar do descenso, E puido ser antes do último partido se Edu Quintela non fallase ante Joaquín Costa, non dá collido o ritmo o recén fichado como número 1 dos zaseiros, o que permitiría xogar a Brais Blanco que con toda ilusión de facelo se desprazou ata Vilagarcía. Moi ben unha vez máis Miguel Rey que sí lle está collendo o ritmo e o nivel desta 2ª nacional, eso a pesares de que como entrenador non ten moitas horas para entrenar el mesmo. Ben tamén estivo Gonchu que so cediu ante Antonio Castro 3-2, Como deciamos o AD Zas Ponciano NIeto loitará ata o último punto a pesar de que as opcións de salvar a categoría sexan mínimas.

1ª División Galega

  • AD Zas Construcciones Cernadas – Arteal “A” (4-1)
  • Concello de Mazaricos – Conxo Ponte de Ferro (2-4).

Outra vitoria e outra derrota en 1ª galega. A vitoria de AD Zas Construccines Cernadas foi desta vez un pouco máis difícil que no partido de ida, e incluso Fabián Arnejo estivo a piques de gañarlle a Stevo pois dispuxo de tres bolas de partido, vese que os novos dos outros equipos, a igual que os costeiros, melloran. Moi ben unha xornada máis Raúl López, que si lle ten collida a medida a Fabián, e Ana García aos que se lle escapou o dobre por moi pouco. Con esta vitoria o Construcciones Cernadas adianta a Concello de Mazaricos na clasificación e instálase no medio da táboa pero sen opcións de postos de ascenso pero xa matemáticamente sen perigo de descenso.

Por outra parte segue a mala serie de resultados do Concello de Mazaricos, só dúas vitorias neste ano e 5 derrotas, deben pensar que ao gañarlle a un rival difícil xa se lle gaña aos demais, pero nesta categoría hai poucos fáciles e todos teñen un nivel suficiente para gañarlle a calquera a pouco que este se despiste. Non se salvou ningún dos xogadores pois cada un deles cometen erros dos máis principiantes, sobre todo de concentración, tan importante neste deporte. Así se unha xornada un xogador gaña os seus partidos, na seguinte perde. O Concello de Mazaricos está instalado no medio da táboa sen opcións de ascenso e para non pasar perigos deberá acadar unha vitoria.

2ª División Galega

  • AD Zas Dimobel Bazar Baio – VTM Pinturas Figueiras (0-4)
  • AD Zas O Pinar – VTM Pinturas Figueiras (0-4).
  • Arteal “B” – Concello Santa Comba (4-1).

En 2ª galega foron moi superiores os de VTM Pinturas Figueiras aos equipos de Zas. Parece que os nervios atenazan aos zasences no momento de xogar os puntos xa que nos entrenos que fan moitas veces xuntos, os de Vimianzo e os de Zas, hai moita máis igualdade. Quizá esto se deba como decía arriba aos máis días de entreno que fan os de Vimianzo e que moitos dos que pasan pola carretera poden ver na zona da piscina da localidade. Moi ben por parte de Vimianzo Julio Figueiras que non cedeu un solo set, esperemos que siga nesta progresión. Os de Santa Comba relaxáronse nos entrenos e o resultado teñeno nos partidos donde os rivais non perdoan e menos se están con eles loitando polo título do grupo. Era este partido crucial para saber quen será o primeiro do grupo e os de Santa Comba tiveron dificultades para encontrar quen sustituiría a Brais Gesto, que por motivos dunhas probas de estudos causaba baixa, e ademáis nin Cristian Vilar nin Miguel estiveron a altura. Ou mellor dito e como xa se decía antes xa non estiveron a altura nos últimos días de entreno e pensaron que como se gañara na primeira volta tamén se facía na segunda. Se esto erro serve para correxirse no futuro benvido sexa. Nos partidos contra Arteal encontraronse con dous veteranos que xa levan tempo nesto e cun Javier Darriba, da súa idade, pero que entrena e mellora cada día, de aí ese resultado claro para os de Santiago.

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Stevo Lema.

Comentarios