Foto histórica na estrea en 2ª Nacional para o AD Zas Ponciano Nieto
Foto histórica a que protagonizaron esta pasada fin de semana os xogadores do AD Zas Ponciano Nieto. A do seu debut en 2ª División Nacional, no seu choque ante o Galmédica Ourense TM. Comezou así a temporada, cunha dura derrota, iso si, pero con moita ilusión nesta nova experiencia.
Cada partido vai ser unha final, pois o nivel é altísimo, pero os soneiráns intentarán por todos os medios dar a sorpresa en calquera dos encontros que disputen aínda que para eso necesitarán xogar todos a máis do cen por cen. Saben que terán que loitar para non descender e así seguir desfrutando desta división para que sirva de referente na Costa da Morte.
No primeiro choque, os Brais Blanco, Miguel Rey e Gonzalo Martínez apenas puideron cos seus rivais ourensáns. Só Miguel Rey conseguiu un punto vencendo cun apretado 3-2 nun dos 6 partidos disputados.
Vindeira cita
Para este fin de semana empezan todos os demais equipos a competir co que será unha xornada completa na que na maioria dos encontros serán entre os equipos locais dos clubes da Costa da Morte.
Este será o programa:
Venres 6 de outubro:
- 1ª Galega - en Zas: AD Construcciones Cernadas - Concello de Mazaricos.
- 2ª Galega - en Zas: AD Dimobel Bazar Baio - AD Zas O Pinar.
- 2ª Galega - en A Baña: SD A Baña Santa Comba.
- 2ª Galega - en Vimianzo: VYM Pinturas Figueiras - VTM Pizzería Hilton.
Sábado 7 de outubro:
- 2ª División Nacional - no ximnasio do CPI de Zas as 17’00 h.: AD Zas Ponciano Nieto - Naronense.- 1ª Nacional Feminina: en Narón: ás 11:00h CTM Cidade de Narón - AS Zas Aluminios Xeal; ás 16:00h: En Boas Mans Fisioterapia Lugo - AD Zas Aluminios Xeal; ás 18:00h: Embutidos Esteban Cao de Narón - AD Zas Aluminios Xeal.
Novas relacionadas
- Setembro 2017: Zas acolle un curso de árbitros de tenis de mesa:
- A selección Galega de tenis de mesa concéntrase por primeira vez na Costa da Morte
- O zaseiro Miguel Rey, novo Seleccionador da Selección Galega de tenis de mesa.
- Zas acolleu a gran festa do tenis de mesa provincial.
- Os equipos de tenis de mesa da Costa rematan as súas ligas.
- O Ponciano Nieto fai os deberes con matrícula e espera os arrastres para certificar o ascenso á 2ª Nacional.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Stevo Lema.