FSF: Boas sensacións, malos resultados para a familia Fisober


Non foi boa a xornada para a familia do Fisober en canto a resultados. Pero as dúas derrotas non impiden ver a clara liña ascendente tanto do equipo de Preferente como o de 1ª Galicia.
Na Preferente, o Fisober facía un bo partido, a pesar de chegar moi xusto de efectivos, con Adriana que tivo que pasar a portería e con Ana entre algodóns. Un encontro que se lle foi por pequenos detalles e nos últimos minutos, ante o líder da categoría que aínda non coñece a derrota.
Non houbo xornada na 1ª, o que aproveitou o filial do Fisober para disputar o choque aprazado no seu día pola humidade correspondente a xornada 8ª, deparando unha derrota pero das que saben relativamente doces, polo bo traballo das costeiras.
Pero a boa nova chegaba o pasado xoves, cando as xogadoras do Fisober Nuriña e Kenny foron subcampionas galegas comarcais sub 17 ca selección de A Coruña perdendo a final en Mondoñedo contra Ferrol.
Preferente Galicia, xornada 12
- RESULTADO: CASTRO – FISOBER F.S.F.: (5-1)
- FISOBER: Adriana, Ana, Paula Fandiño , María Dumbría , Nuriña, tamén xogaron : Barca, Kenny, Laura.
- Goles: 1-0 min 5 Verónica, 1-1 min 12 Paula Fandiño, (descanso) , 2-1 min 21 Lara, 3-1 min 31 Lara, 4-1 min 38 Iria, 5-1 min 39 Iria.

Na primeira xogada da segunda metade marcou o cadro local, e as visitantes descompúxeronse e tardaron en recuperarse. Cando ían volvendo a dominar chegaba o terceiro, pero as costeiras non se rendiron e Laura e Kenny estiveron a piques de recurtar, e mesmo Ana mandou o balón ao pau, como outro de Adriana de potería a portería.
Nos últimos dous minutos, xa cos costeiras fundidas, o cadro local sentenciaba.

1ª Galicia, xornada 8

- RESULTADO: VILLESTRO S.D. – FISOBER B (9-2).
- FISOBER B: Naira, Saray, Uxía, Serena, Sharay; tamén xogou: Lucía Martínez.
- CD Leganés FSF - Viaxes Amarelle FSF (2-2)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Martita, María Gómez, Irune (cinco inicial), Iraia, Reneé, Inés, Zaida, Marta Hermo.
- Goles: 1-0 Desi (min. 4); 2-0 Laura Uña (min. 33); 2-1 María Gómez (min. 36); 2-2 Reneé (min. 39).
A pesar do abultado do resultado, moi bo traballo do filial que viaxaba con tan só un troco, cheo de infantís e con Lucía Martínez que debutaba na categoría, ante un rival que vai segundo na categoría e que non coñece aínda a derrota.
Liga Foro 16 Feminismo. Xornada 11ª
O Viaxes Amarelle FSF de Patri e Inés salva un punto, cun gol de Reneé sobre a bocina, no duelo fronte ao CD Leganés FSF (2-2).