FSF: Boas sensacións, non tan bos resultados


A vindeira semana, primeiro derbi entre Amarelle Santa Comba e Atletes.
Preferente Galicia, xornada 4
- Resultado: FISOBER F.S.F. – TERRA DE CELANOVA F.S.F. (5-5).
- FISOBER : Lía, Ana, Nuriña, Kenny , Paula Fandiño ; tamén xogaron : Adriana, Laura, María Dumbría, Mai.
- Goles: 1-0 min 3 Ana, 2-0 min 4 Ana, 3-0 min 10 Ana, 3-1 min 11 Belén, 3-2 min 17 Belén, 4-2 min 17 Mai, 4-3 min 19 Belén (descanso) , 5-3 min 27 María Dumbría, 5-4 min 32 Paula Fandiño p.p. , 5-5 min 34 María.

Fermoso partido o vivido no Conco, con continuas chegadas ás áreas. E non podía comezar mellor o partido para as costeiras xa que a súa capitana Ana marcaba aos tres minutos. E tan só un minuto despois a mesma Ana facía o segundo gol local. Despois de varios minutos relaxados Ana facía o terceiro pero de contando recurtaba o cadro ourensán. Antes do descanso aínda habería tempo para tres goles máis deixando un apretado 4-3 no marcador co Celanova metido novamente no partido.
A volta de vestiarios o ritmo seguiu igual pero a potencia anotadora baixou. De feito ata o minuto sete da segunda metade non voltou a moverse o electrónico desta vez cun gol de María Dumbría para o cinco a tres. Nestes momentos quizais o Fisober pecou de falta de veteranía e quizais tamén de sorte. Xa que o cinco a catro foi en propia porta. E a seis do final María facía o definitivo cinco a cinco. Aínda así as costeiras non se renderon e tiveron o triunfo no último minuto con tres ocasións clarísimas de Nuriña e Kenny por partida dobre pero o gol non quixo chegar.
1ª Galicia Feminina., x.2
- Resultado: Municipal de Betanzos. Troula Betanzos FSF - Amarelle Concello Santa Comba (1-2)
- Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Alba, Carla, Nuria, Andrea (cinco inicial), Elsa, Ge, Violeta, Paula, Tania.
- Goles: 0-1 Nuria (min. 13); 1-1 Silvia (min. 23); 1-2 Carla (min. 50).

1ª Galicia Feminina., x.2
- Resultado: A.D. Atletes - Ulla Oil Vedra F.S.F. (1-3).
- A.D. Atletes FSF: Julia (P); Cris; Martina (pm); Laura (1); Antía; Ana; Sara.
O Atletes comezaba cunha presión alta sobre as visitantes, que consiguían levar o xogo ao medio campo, con algúns tímidos ataques sobre as esteirás, pero sen crear perigo ante a porta de Julia. No minuto 2:30 en unha xogada sen perigo o balón queda nos pés de Ana, a cierre local, e nun despiste desta, baixo da portería, Iria aprovéitase e empuxa o balón na meta do Atletes, marcando o primeiro gol as visitantes.
A partir deste momento, acabouse a actuación do Vedra. O Atletes comenza a facer presión intensa na primeira línea do equipo visitante, e éeste, mais veterano, con maior banco, pero de menor potencia e velocidade física, vese totalmente superado polo Atletes. Aquí comenza o festival da porteira das visitantes, Laura.
O Atletes presiona ata tal punto que nesta primeira metade logra sacar ata oito saques de esquina, seis deles causados pola porteira do Vedra, por dous das visitantes, conseguindo Laura que as locais logren marcar. Ata que a pivot local, Laura, no minuto 8 e medio, nunha boa xogada individual con un tiro potente consigue empatalo partido. O Atletes sigue intenso na súa presión, e a pesares de que o Vedra vese totalmente asfixiado, a inmensa actuación da súa porteira, Laura, impide que as locales aumenten o seu marcador.
Na segunda metade, as locales siguen ca misma táctica da primeira metade, arrollando ás visitantes, pero no minuto 3, con un tiro lexano de Iria, consigue marcar o segundo gol das visitantes, adiantándose de novo no marcador. O Atletes crea perigo, pero a porteira visitante impide que as locais consigan mover o marcador o seu favor. Aos oito minutos desta segunda metade, Antía lanza un tremendo tiro a media distancia da potería das visitantes, que toca no ángulo esquerdo da porta do Vedra e vaise por fora o balón. Pasados tres minutos desta xogada, volve Antía a lanzar outro disparo que volve a tocar no ángulo dereito da portería visitante sin que entre o balón na portería contraria.
No minuto 21 desta segunda metade una xogadora visitante manda un centro sobre a portería local, Martina desvía o balón e entra na súa propia meta polo ángulo esquerda da mesma. Esta xogada desgraciada para as locais non nas desanima, e estas siguen co seu dominio e intensidade que fai que as visitante, debido o seu maior físico empecen a facer un xogo un pouco mais marrulleiro do que xa viñan exercendo, debido a intensidade que lles exercían as locales. Faltando un minuto para o final, Martina, dende o borde da área lanza un potente disparo que da no longueiro da portería visitante. Nesta segunda metade as locales lanzaron seis saques de esquina por dous das visitantes.
1ª Galicia Feminina., x.2
- Resultado: ACEDEMIA RED BLUE 5 CORUÑA – FISOBER B (7-0)
- FISOBER B: Naira, Andrea Méndez, María Maroñas, Gisela, Uxía ; tamén xogaron : Saray, Lucía Rodríguez, Sharay Caamaño.
O equipo veterano e solvente equipo herculino foi superior ao filial costeiro. Co resultado de tres a cero chegouse ao tempo de lecer. Un resultado que se incrementou na segunda metade. Nun partido no que destacou a porteira costeira Naira.
1ª División Estatal, xornada 2
- Resultado: AE Penya Esplugues - Viaxes Amarelle FSF (1-0)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, María Gómez, Renee, Iraia (cinco inicial), María Romeu, Irune, Inés, Mónica, Zaida, Sandra.
- Goles: 1-0 Propia porta (min. 34).

O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, segue sen obter os primeiros puntos da tempada, nun partido moi igualado e cun cadro herculino moi serio en defensa, que buscaba sorprender á contra; e un AE Penya Esplugues que tiña o balón pero non xeraba o perigo suficiente para abrir distancias. A falta de seis minutos para o final, un gol en propia porta condenaba ao conxunto herculino á segunda derrota da tempada por un marcador de 1-0.