Xoves. 03.10.2024
El tiempo

FSF: Continúa a loita

FSF: Continúa a loita

Non fallou o Fisober na súa visita a Pontevedra, e se mantén líder pero cun partido máis que as súas perseguidoras, cando aínda quedan 6 xornadas para o remate.

Caeron as líderes da iga Provincial, un Vila de Cee que a vindeira xornada tócalles viaxar A Coruña, e xogar contra o Grupo Work, actualmente 2º clasificado. Unha finalísima a falta de 4 xornadas para o final, pois as ceenses sacan 8 puntos ás herculinas, pero cun partido máis, polo que unha derrota as deixaría a só 2 puntos.

A Liga Provincial tamén acollía un bonito derbi en Esteiro, na que as pontecesás demostraron a súa veteranía.

Non fallaba o Vila de Cee na Liga Provincial Masculina, e se afianza na 2ª praza da liga a falta de dúas xornadas. Na vindeira tocará xogar contra o líder,  Brion FS, unha saída moi complicada ante un líder con 8 puntos de vantaxe.

Liga Galega, xornada 24

As mozas do Fisober Celebrando Gol de Leti As mozas do Fisober Celebrando Gol de Leti
  • Resultado: CIDADE DE PONTEVEDRA F.S. – FISOBER F.S.F. (5-7)
  • FISOBER: Leti, Ana, Inés, Mai, Noe; tamén xogaron: Nuriña, Paula Fandiño, Ale, Laura.
  • Goles: 0-1 Inés, 1-1 Nerea Videira, 1-2 Paula Fandiño, 1-3 Noe, 2-3 Gema, 2-4 Mai, 2-5 Mai , ( descanso ) , 3-5 Mai en propia porta, 4-5 Gema, 4-6 Noe, 5-6 Carmen, 5-7 Leti.

Unha gran primeira metade e o traballo e o esforzo dunha sufrida segunda serviron ó Fisober para levarse unha importante vitoria ante o Cidade de Pontevedra nun emocionante e vibrante partido.
Arrincou moi forte o partido e xa no segundo minuto Noe tivo unha oportunidade para o Fisober e un lanzamento lonxano da local Tamara petaba na parte de arriba do trabe. Froito dese trepidante arranque Inés adiantaba as costeiras no minuto tres. Pouco lles duraba a ledicia as visitantes xa que tan solo un minuto despois Nerea Videira igualaba para as da cidade do Lérez.
O partido continuaba co seu ritmo tolo e ós seis minutos era Paula Fandiño a que puña en vantaxe de novo ó Fisober. Tan só dous minutos despois un lanzamento de Noe supuña o un a tres. E tivo que ser Nerea Escudeiro a que evitara que Inés fixese o cuarto visitante nun man a man. No ida e volta Gema reducía diferenzas no electrónico co dous a tres. A pesares do gol o Fisober pasaba polos seus mellores minutos, tendo ocasións e con lanzamentos o pau de Paula Fandiño e o trabe de Inés. Así no minuto doce Mai facía o cuarto gol das costeiras dun tiro cruzado. Con este gol parece que se reduciu algo o ritmo endiañado do partido, ata que nos últimos minutos da primeira metade volveu. A tres para o fin Nati tiña unha boa ocasión para as locais , con resposta doutra da visitante Inés. Quen non errou foi Mai para poñer a dous para o fin o dous a cinco co que se chegou o tempo de lecer.

A volta dos vestiarios todo cambiou, as locais deixaron pasar un minuto antes de decidirse e arriscar co xogo de cinco contra catro. O Fisober que normalmente manexa ben esta situación o sábado non foi o caso. Un partido tolo tivo un cinco contra catro tolo. Case de seguido a local Carmen tivo unha boa ocasión e os tres minutos un rexeite na perna de Mai poñía o tres a cinco no marcador. Os riscos locais concedían ocasións as visitantes que non aproveitaban coma unha de Inés os catro minutos. O partido estaba destinado a emoción e os sobresaltos. Mais cando os seis minutos Gema poñía o catro a cinco no electrónico. E os lanzamentos do Fisober seguían sen entrar ou eran salvados in-extremis , coma un de Noe ou un de Paula Fandiño ó pau. As locais tamén tiñan ocasións e Nati tamén se topaba co pau, como paso previo a un lanzamento de Noe dende campo propio que poñía o catro a seis e volvía dar tranquilidade as costeiras. Con este gol tranquilizáronse un pouco e tiveron unha xeira de ocasión para pechar o partido pero Gema sacou varios balóns incribles con maneiras de porteira. Ana, Inés ou Paula Fandiño puideron pechar o partido antes de entrar no último minuto. Pero un partido de tal calibre estaba destinado os sobresaltos finais. Carmen anotaba o cinco a seis para as locais a trinta e catro segundos do final devolvendo a emoción. E tanto xa que a uns segundos do fin entre Leti e o pau evitaron a igualada. Unha Leti que foi a máis lista trala parada lanzando rapidamente para anotar o cinco a sete definitivo a dous segundos do fin.

 

Liga Provincial, xornada 22

Vila de Cee contra A Bana
  • Resultado: Vila de Cee - A Baña (2-3)
  • FSF Villa de Cee: Carla, Alba, Adriana, Tati e María de Dumbría. Participando tamén Marta, Paula Trinidad, María Lijo, Lucia e Andrea.

180 persoas asistiron ao choque do Vila de Cee. As locais comezaron undo polo rival, dominaban o xogo e creaban moitas ocasións de gol, mais a pelota non quería entrar. As rapazas da Baña, limitábanse a defender e a intentar saír a contra, abusaban do xogo sucio a base de faltas e agarróns ca complicidade dun arbitro nefasto o cal permitía o citado xogo, sobre o minuto 12 as da Baña xa acumulaban 5 faltas, pero unha nefasta arbitraxe non se atreveu a pitar o dobre- penalti al menos en 4 ocasións con faltas clarísimas. A Baña en dúas chegadas a contra consegue marcar, marchando ao descanso cun 0-2 a favor, resultado moi inxusto polo visto na pista.

Na segunda parte repítese o guión,  xogo duro do rival, acumulación de faltas e covardía do arbitro para pitar os dobre-penaltis, agarróns , mans dentro da area da Baña, etc, non quería ver nada. Chégase outra vez as 5 faltas faltando 5 minutos para o final, e o perxonase do día olvídase do pito.  Resultado final un axustado 2-3 onde as Ceenses mereceron moito máis premio.

 

As Estrelas nesta semana son:  3* Tati, outro partidazo mais ,  2* María de Dumbría, cun golazo espectacular,  1* Adriana.

    

Liga Provincial, xornada 22

  • Resultado: Atletes Esteiro - Concello de Ponteceso FSF (4-9)
  • A.D. ATLETES: Cris (P); Mariña; Sara (2 pm); Bárbara; Alba (2); Antía; Ana; Sandra (2).
  • A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Carla, Carmen, Chus e Cintia - tamén xogaron - Ana, Zeltia e Isabel.

Partido xogado no Pavillón Municipal de Esteiro, cunha boa entrada de afeccionados, que, según o visto, saíron enormemente satisfeitos do partido que presenciaron. Por dous motivos, principalmente: o primeiro, polo moi bo partido que realizaron as de Esteiro; e o segundo, polo bo partido e o xogo realizado polo Ponteceso.

As pontecesás, a pesar das baixas, deron conta da clasificación e foron superiores, sobre todo na primeira metade, se ben na segunda, as locais igualaron a contenda e competiron en igualdade.

Os primeiros minutos xa eran de superioridade pontecesana, tendo o control do balón e achegándose xa á portería rival. O Ponteceso deixouse ver coma un bo equipo. Presionando o Atletes no seu campo, facendo rotacións constantes, atacando polas bandas, sin deixar de entrar polo centro con tiros moi perigosos a portería, e controlando sempre o partido. Xa moi preto de empezar, cando iban 3 minutos de xogo, Sara marca o primeiro gol na súa portería; e pasados 8 minutos, Carmen pon o 0 a 2 no marcador. O Ponteceso sigue insistindo e os 13 minutos Zeltia marca o terceiro do seu equipo dun tiro forte, dende fora da área. Pasados 2 minutos, Sara volve a marcar outra vez na súa porta. Recorta distancias Sandra en forte tiro o borde da área do Ponteceso. No minuto 18, Chus, pon o 6 a 1. Alba volve a marcar para as de Esteiro; e faltando un minuto volve a marcar Chus para o Ponteceso, deixando o marcador en 2 a 7.

No segundo período melloraron as esteiranas, mellor fisicamente que nas últimas semanas. Ademais a relaxación pontecesana facía que comezasen a chegar as oportunidades das de Esteiro, que pouco a pouco se ían achegando á portería rival e poñerían o 3-8 no electrónico cunha xogada de córner. A igualdade reinaría ata o final do encontro.

 

Liga Provincial, xornada 22

  • Resultado: Troula Betanzos - Roxiñas de Lira (3-0)
 

Liga Provincial Masculina, xornada 22

Villa de Cee FSF masculino 16-16-Foto-JP Parri Villa de Cee FSF masculino 16-16-Foto-JP Parri
  • Resultado: FSF Villa de Cee 6 – Club del Mar FS 2
  • Villa de Cee: Josiño, Juanjo, Aitor, Champi e Marroco. Participando tamén: Estrella, Hidalgo, Carlos, Tomás, Miguelón, Rafa e Mario.

Foron a polo partido dende o primeiro minuto os Ceenses, dominando totalmente o xogo, mentres o rival defendíase e trataba de saír a contra. A superioridade no xogo dos Ceenses non tardaría en dar o seu froito, e conseguindo os tres puntos cun merecido 6-2. Goles de Juanjo 2, Carlos 1, Miguelón 1, Marroco 1 e Mario 1.

As Estrelas nesta ocasión son: 3* Juanjo, 2* Carlos e 1* Miguelón.

     

Máis información

Crónicas da temporada

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios