Xoves. 03.10.2024
El tiempo

FSF: Dous ascensos no forno

FSF: Dous ascensos no forno
O Fisober celebrando un tanto O Fisober celebrando un tanto

Volvía o Fisober case dous meses despois a Vimianzo e acadou unha sufrida e importante vitoria que o pon no máis alto da Liga Galega (con 3 puntos de vantaxe e un partido máis que Opirata), ante un difícil rival como é o Amoeiro, nun partido emocionante e igualado.

E na Liga Provincial, a atención estaba no derbi costeiro, no que as líderes deron un paso de xigante para conseguir o campionato de Liga ao vencer ás veciñas do Carnota Lira. Aproveitaron as ceenses para sacar máis distancia ás súas inmediatas perseguidoras, as cales non aguantaron o ritmo das ceenses e cedendo puntos. Así , o FSF Villa de Cee abriu unha fenda na táboa de clasificación, e manteñen o liderado con 52 puntos, sacando 11 o seu seguidor Grupo Work a falta de 5 xornadas. A vindeira semana, en casa, case que pode cantar o alirón o cadro ceense.

Polo demais, mal partido por banda do Concello de Ponteceso, que caían na casa e manteñen a 5ª posición na táboa clasificatoria, pero cada vez máis afastado dos primeiros postos. Tampouco sumaron as Atletes de Esteiro, que acusan o seu mal estado físico.

En categoría masculina, ponse moi complicado o campionato para o Vila de Cee trala súa derrota, aínda así queda por loitar al menos pola 2ª praza.

 

Liga Galega, xornada 23

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – AMOEIRO F.S.F. (5-2).
  • FISOBER: Leti, Laura, Ana, Tamara, Inés; tamén xogaron: Andrea Piroja, Nuriña, Mai, Ale, Paula Fandiño.
  • Goles: 1-0 Inés, (descanso), 2-0 Ana, 3-0 Inés, 3-1 Vane, 3-2 Mónica, 4-2 Inés, 5-2 Inés.
Leti sacando o balon para o FisoberLeti sacando o balon para o Fisober Leti sacando o balon para o Fisober Arrincou ben o Fisober xa que os tres minutos dispuña dunha boa ocasión Inés e pouco despois as locais tiveron tamén un libre indirecto que non aproveitaron. Pero as visitantes co paso dos minutos foron entrando no partido e sentíndose máis cómodas. Así ós seis minutos Tere poñía a proba a Leti. No minuto once unha gran intervención de Leti ante Paula evitaba que as visitantes se puxeran en vantaxe. E os doce minutos era Olga a que tiña unha boa oportunidade para as visitantes. Pero nese mesmo minuto unha boa combinación local rematou con Ale filtrando un pase cara Inés para que fixese o un a cero. O partido de todas maneiras seguía moi igualado, con poucas ocasións pero boas para os dous equipos. A seis minutos para o final desta primeira metade Vane atopábase de novo con Leti. E a tres para o fin un lanzamento de Olga topaba co traveseiro. Chegándose co un a cero o tempo de lecer.

O arranque da segunda metade non puido ser mellor para o Fisober . Saíron as locais decididas coma un furacán e en dous minutos puxeron terra de por medio. No minuto dous desta segunda metade Ana facía o dous a cero e nese mesmo minuto era Inés a que poñía o terceiro. E mesmo estivo a piques de facer o cuarto Paula Fandiño no mesmo minuto pero apareceu salvadora Barbi na portería para as visitantes. Nun abrir e pechar de ollos trocara o partido. Aínda así as ourensáns non se renderon e seguiron percutindo, Vane probaba sorte para as visitantes. O Fisober tamén seguía intentando e entre Ana e Paula Fandiño dispuñan dunha boa ocasión para pechar definitivamente o partido. Aos seis minutos da segunda metade aproveitaba Vane para reducir diferenzas no marcador despois dunha xogada ensaiada de saque de esquina. Non baixaban os brazos as visitantes e menos cando a once para o fin Mónica poñía o tres a dous no electrónico. Por sorte para as locais só tardou un minuto Inés en volver a poñer dous goles de marxe co catro a dous no marcador. E Ana nese mesmo minuto case pon o quinto gol local. Aos últimos dez minutos do partido foron tolos, con ocasións para ambos conxuntos aínda que as máis claras apareceron nos últimos minutos cando as visitantes arriscaban cada vez máis e as forzas xa escaseaban nas participantes do partido.Un pau de Paloma a tres para o fin das visitantes e unha ocasión de Dana a dous para o fin puideron dar máis emoción si cabe. Pola súa banda as locais puideron pechar o partido con dúas contras de Nuriña e Inés que foron desbaratadas por Barbi. Ata que no último segundo Inés peiteaba para poñer o definitivo cinco a dous e pechar definitivamente o partido e a sufrida e traballada vitoria local na que tódalas xogadoras do Fisober puxeron a súa gota de suor para sacalo adiante.

 

Liga Provincial, xornada 21

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Cruces FSF (1-4).
  • A.D. VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Ana, Carla, Noa e Carmen - tamén xogaron - Sandra, Zeltia, Martina e Salomé.

Extraño partido o visto a tarde do sábado no municipal de Ponteceso, cun Concello de Ponteceso que tivo a posesión e o maior número de ocasións de gol, pero que perdía os 3 puntos por falta de intensidade en defensa. Os primeiros minutos foron de bo xogo das rapazas do Ponteceso, que saíron concentradas e creando ocasións de cara á portería rival desde o primeiro momento. A porteira visitante sería a que máis traballo tería do seu equipo, rexeitando todos os balóns que tiraban as pontecesanas.
Co paso dos minutos chegarían as ocasións das de Vila de Cruces, mandando dous disparos rozando o pau, pero serían as pondalianas as que seguirían chegando con asiduidade, pero sen lograr materializar as ocasións. Carmen, Ana e Noa serían as que máis o intentaban, topándose coa porteira en case todos os lanzamentos. Sería no último segundo da primeira metade cando Sandra lograría adiantar ó seu equipo rematando no segundo pau tras unha xogada combinada.

Comezaría o segundo período da mesma maneira que o primeiro, coas xogadoras de Curro desaproveitando todas as ocasións que xeraban e, no minuto 27, conseguirían empatar as de Cruces cun tiro de falta directo. Pasarían os minutos e o partido seguiría na mesma liña, pero as visitantes irían probando con tiros lonxanos. Sandra e Carla probarían tamén para as pondalianas, pero o segundo gol seguía sen chegar. Si lograban darlle a volta ó marcador as visitantes tras un erro na saída do balón do Ponteceso. Tra-lo gol, víñanse abaixo as xogadoras locais e o seguinte minuto sería fatídico para o conxunto pontecesán, encaixando dous goles tras dous erros da defensa, poñéndose o marcador 1 a 4. Non deixarían de buscar o gol as da vila de Pondal, pero nos últimos minutos non chegarían as ocasións e rematarían o partido sumando outra derrota e lamentándose de todos os erros cometidos e de todas as ocasións falladas.

 

Liga Provincial, xornada 21

  • Resultado: Academia Red Blue 5 Coruña- A. D. Atletes, FSF (4-2).
  • A.D. Atletes FSF: Cris (P); Sara; Marta; Bárbara (1); Alba; Antía; Ana; Sandra (1).
Partido xogado no Pavillón do Barrio das Frores da Coruña, onde a veteranía e o saber do 5 Coruña, impúxose o Atletes de Esteiro, cun resultado xusto. O 5 Coruña esperaba as de Esteiro no seu propio campo e dende alí acosaba as esteiranas con rápidos contraataques. As de Esteiro defendíanse bastante ben, pero non impediron que se puxeran por diante as coruñesas con un 2 a cero o seu favor. O segundo tanto das do 5 Coruña foi un gran gol o saque de una falta que Raque colocou por toda a escadra da portería das esteiranas.
O Atletes non se puxo nervioso e seguiu xogando o seu ritmo, levando incluso algún contraataque sobre a portería das coruñesas. Con una moi boa combinación entre Bárbara e Sandra, non marcou a primeira de verdadeiro miragre. Cando transcurrían 16 minutos acorta distancias Sandra con un bo gol tras una boa combinación con Bárbara. Co resultado de 2 a 1 chegouse o descanso.

Na segunda metade as esteiranas foron a menos, sobre todo pola súa alarmante baixa condición física. As coruñesas dominan amplamente, pero a mala fortuna impídelles marcar. A insistencia sobre a portería das de Esteiro fai que Silviña marque o terceiro, e dous minutos máis tarde, Lupe pon o 4 a 1 no marcador. Faltando minuto e medio, en una xogada desafortunada das coruñesas marca Bárbara o definitivo 4 a 2 no marcador.

 

Liga Provincial, xornada 21

  • Resultado: Concello de Carnota Lira - FSF Villa de Cee (2-8)
  • FSf Villa de Cee: Carla, Adriana, Alba, Tatiana e María de Dumbría. Participando tamén: Marta, María Lijó, Vanesa e Lucia.
  • Carnota-Lira: Lía, Alba, Inés, Martina e María. Tamén xogaron: Cris, Maruxa e Uxía.
O Vila de Cee puido co Carnota Lira O Vila de Cee puido co Carnota Lira

Saíron as ceenses motivadísimas a polo partido, conscientes de estarse a xogar o campionato, tiñan o domino total do balón, non sufrían en defensa e creaban infinidade de ocasións, a porteira liracha empregábase a fondo e daba a sensación de paralo todo, as ceenses insistían en ataque e sobre o minuto 12 nunha boa xogada consegue marcar o 0-1. Seguiron a atacar as ceenses, e a pesar da gran labor da porteira contraria conseguen volver a marcar por tres veces mais na primeira parte, indo o descanso cun 0-4.

Na 2ª parte, as rapazas de Juan Jesús seguiron ca formula inicial, intensidade, presión e dominando o rival, conseguindo volver adiantarse o marcador de novo. Xa tendo o partido resolto as Ceenses relaxáranse un pouquiño, e as de Carnota trataron de ir algo mais o ataque, conseguindo marcar dous goles, mais as Ceenses a contra rematan o partido cun contundente resultado 2-8 o seu favor.

A vindeira semana ao Vila de Cee tócale recibir na casa S.D. A Baña, partido difícil pero fundamental cun rival o complicadísimo o cal ven de ganar o Gaiola un dos equipos que está a loitar pola liga. Un vitoria na casa sería case a sentencia da Liga a favor dasceenses.

 

Liga Provincial Masculina, xornada 19

  • Resultado: C.D. Lodairo - FSF Villa de Cee (2-1)
  • FSF Villa de Cee: Josiño, Aitor, Jose Antonio, Marroco, Purti. Participando tamén: Rafa, Tomás Pablo, Estrella, Carlos e Mario.

A pesar de ser en horario matutino, primeira parte perfecta para os ceenses, onde se adiantaron no marcador por medio de Marroco, e incluso poderán alcanzar mais distancia, pero perdoaron moito de cara a portería.Finalmente fóronse o descanso cun 0-1. Na segunda parte os Ceenses pagaron o esforzo físico da primeira parte, e saíron algo durmidos, sufriron dous goles de mala fortuna, en dous rebotes, e disfrutaron de dúas ocasións moi claras as cales no foron capaces de materializar. Rematando o partido cun 2-1, onde o mas xusto sería o empate. As Estrelas, nesta semana son 3* para Carlos moi bo partido, 2* José Antonio, motor do equipo, 1* Marroco, gol.

Ponse moi complicado o campionato para os ceenses, aínda así queda por loitar al menos pola 2ª praza. A seguinte semana recibiran na casa o Club del Mar.

 

2ª División Estatal, xornada 19

Patri co Viaxes Amarelle contra o AloeVera Patri co Viaxes Amarelle contra o AloVera
  • Resultado: Alovera - Viaxes Amarelle (0-4)l
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Patri, Lago, Dolo, Sheila (cinco inicial), Laura Tesouro, María Gómez, Xiana, Uxía, Ana, Luz (portera suplente).
  • Goles: 0-1 Dolo (min. 3); 0-2 Laura Tesouro (min. 11); 0-3 Xiana (min. 21); 0-4 Patri (min. 37).

Marcou a muxiá Patri co Viaxes Amarelle en Guadalajara, para sumar 3 puntos que manteñen ao equipo manter o ritmo dos rivais directos e seguir coas opcións intactas de meterse nos play off de ascenso para volver á máxima categoría.

Patri celebrando un gol co Viaxes Amarelle contra o AloeVera Patri celebrando un gol co Viaxes Amarelle contra o AloVera  

Máis información

Crónicas da temporada

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios