Mércores. 08.05.2024
El tiempo

FSF: Fisober e Amarelle Santa Comba suman novas vitorias

FSF: Fisober e Amarelle Santa Comba suman novas vitorias
Fran Toba coidando dunha das suas rapazas Fran Toba tivo que atender a unha das súas rapazas do Fisober tras un forte golpe O Fisober non fixo un bo partido ante o Meigas pero acadou a segunda vitoria consecutiva despois de remontar na segunda metade un dous a cero en contra. Con estes puntos as dumbriesas ascende á 7ª praza, liderando o grupo da zona baixa. Pola súa parte, en 1ª Galicia, Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Suso Yanes, mantense no máis alto da táboa logo de impoñerse por un amplo marcador de 0-6 ao Ulla Oil Vedra FSF. As xalleiras adiantáronse pronto no marcador e deixaron o partido resolto na primeira metade do encontro. A 2 puntos das xalleiros sitúase o Villestro, despois de golear a un Atletes que nada puido facer ante un aspirante ao ascenso. Mentres, o filial do Fisober segue sen coñecer a vitoria.  

Preferente Galicia, xornada 6

  • Resultado: F.C. MEIGAS – FISOBER F.S.F. (2-5).
  • FISOBER: Lía, Ana, Paula Fandiño, Adriana, Kenny; tamén xogaron : Nuriña, Noe, Carre, Mai, María Dumbría.
  • Goles: 1-0 min 5 Yaiza, 2-0 min 8 Teresa, (descanso), 2-1 min 22 Paula Fandiño, 2-2 min 29 Adriana, 2-3 min 30 Nuriña, 2-4 min 31 Paula Fandiño, 2-5 min 33 Noe.
Adriana marcou o seu primeiro gol co Fisober Adriana marcou o seu primeiro gol co Fisober Saiu o Meigas con presión moi adiantada e o Fisober un pouco relaxado, aínda así as primeiras chegadas foron do conxunto costeiro pero sen moita claridade. Adiantábanse nos primeiros 10 minutos as locais gracias a esa presión alta, aproveitando que as costeiras aínda non entraran no partido. Só gracias a varias xogadas a balón parado as Fran Toba conseguían levar perigo a meta local, pero o electrónico non se movería ata o descanso. Nada máis comezar a segunda, as visitantes melloraron en actitude e en intensidade, non tanto en xogo. Paula Fandiño metía ás costeiras no partido, e pouco despois de que Lía aparecese para salvar un par de chegadas das locais, Adriana empataba, facendo o seu primeiro gol coa camisola do Fisober. Eran os minutos claves, pois en apenas 2 minutos Nuriña e Paula daban a volta ao marcador e colocaban un 2-4 moi favorable. Non se repuxeron as locais e Noe sentenciaba un choque no que tamén hai que destacar a volta as pista co Fisober de Carre despois duns meses. A vindeira semana, enncontro internacional pois o Tui-Valença Futsal visita Dumbría. Nova vitoria do Fisober Nova vitoria do Fisober  

1ª Galicia Feminina, xornada 4

  • Resultado: Ulla Oil Vedra FSF - Amarelle Concello de Santa Comba (0-6)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Alba, Ge, Carla, Nuria (cinco inicial), Sandra, Tania, Paula, Violeta, Leticia, Elsa.
  • Goles: 0-1 Nuria (min. 5); 0-2 María Vanesa (propia porta) (min. 7); 0-3 Sandra (min. 9); 0-4 Nuria (min. 24); 0-5 Sandra (min. 26); 0-6 Carla (min. 33).
Amarelle Santa Comba 18-19 copia O Amarelle Santa Comba 18-19 3 goles nos primeiros 10 minutos puñan moi claro o partido para as xalleiras. Na reanudación, o partido seguía cun excelente traballo xalleiro que se vía recompensado no primeiro minuto de xogo co 0-5 e o 0-6. Xa con este resultado, o partido transcorreu con normalidade ata o final do tempo reglamentario, outorgando tres puntos máis para o taboleiro das laranxas que se manteñen unha semana máis no liderato da competición.  

1ª Galicia Feminina, xornada 4

  • Resultado: Troula Betanzos - Fisober B (7-3)
  • FISOBER B : Naira, Lucía Canosa, Saray, Uxía, Sharay ; tamén xogaron : Andrea, Serena, Lucía Rodríguez.
  • Goles: 1-0 min 12 Mayra, 1-1 min 16 Saray , 1-2 min 18 Uxía, 1-3 min 23 Lucía Canosa, 2-3 min 24 Andrea Vázquez , (descanso) , 3-3 min 32 Ana, 4-3 min 35 Andrea Vázquez, 5-3 min 37 Silvia, 6-3 min 39 Dieguez, 7-3 min 49 Oli.
Filial do Fisober en Betanzos Filial do Fisober en Betanzos Partido disputado na tarde do sábado no P. M. de Betanzos correspondente a cuarta xornada da Liga Primeira Galicia. Unha parte foi o que lles duraron as forzas a un xovén filial do Fisober que nesa primeira metade realizou un gran xogo pero na segunda a veteranía local levouse o partido . Chegaba o filial costeiro con cinco infantiles e dúas cadetes a difícil pista do Troula e fixo o mellor partido da tempada e moi serio pero os minutos e a veteranía local impuxeronse ao final. A pesares de comezar perdendo con gol de Mayra as pequechas do Fisober repuxeronse e deronlle a volta oa tanteador a base dun bo xogo combinativo e saber estar. Primeiro Saray igualaba, pouco despois era Uxía a que poñía por diante as costeiras. A pouco de chegar ao final da primeira metade Lucía Canosa poñía un esperanzador un a tres no electrónico. Pero a trinta segundos do fin Andra Vázquez facía o dous a tres que foi un pulo para as locais e un mazazo para as visitantes antes de chegar ao descanso. Na segunda metade xa nada sería igual, a pesar de que as costeiras aínda chegaron ata empatar. Pero foron perdendo folgos e os últimos 15 minutos foron de claro cor local.  

1ª Galicia Feminina, xornada 4

  • Resultado: Atletes Esteiro - Villestro (1-9)
  • A.D. Atletes FSF: Julia (P); Mari; Cris; Martina; Laura; Antía; Ana; Sara; Ainoa (1).
Derrota do cadro esteirán ante un dos candidatos ao título. O partido comenza co intento das locais de facer presión sobre as de Villestro, pero éstas mostran mais superioridade, tanto física, técnica e velocidade. Ante esta superioridade, as de Esteiro non son capaces de controlar o máis mínimo ás xogadoras visitantes. Froito dese dominio, van chegando os tres primeiros goles do Villestro. Un tempo morto de Paco permite colocarse mellor ás locais, que aguantan ata o final da primeira metade as embestidas visitantes, gracias a un gran sacrificio e esforzo físico. Na segunda metade, seguen co mesmo ritmo as de Villestro, e pronto marcan outros 3 tantos. Nos últimos 10 minutos o partido, xa decidido, púñase bronco, e as visitantes endurecen o xogo, lanzando polos aires á cadete Sara e a Ainoa, sen que o colexiado tome máis cartas que un cartón amarelo para o adestrador esteirán precisamente por pedir a tarxeta. Lamentan dende Esteiro a actitude agresiva das xogadoras de Villestro.  

1ª División Estatal, xornada 5

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Futsi Atlético Féminas (0-3)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Martita, Reneé, María Gómez, Irune (cinco inicial), Patri, Iraia, Inés.
Sobráronlle os últimos 5 minutos ao Viaxes de Patri e Inés, pois despois de ter aguantado 35 minutos acabaron sucumbindo ante un dos mellores equipos da competición.  

Toda a info do Fútbol FSF costeiro

https://quepasanacosta.gal/fsf-o-atletes-non-puido-co-potente-amarelle-santa-comba/ “FSF: Boas sensacións, non tan bos resultados” — Que pasa na costa

Comentarios