Fútbol Base: O Dumbría poderá ter 3 equipos en Liga Galega

Se ben parece que o Cee infantil despediuse do soño do ascenso, a fin de semana foi moi positiva para a familia do Dumbría. I é que por un lado, o cadro infantil certificaba a permanencia na Liga Galega, e polo outro, o equipo xuvenil deu un paso máis na Fase de Ascenso.

Ademais, remataron as Ligas Biberóns Norte, cun Cabana doble campión, polo que xa temos todo listo para a I Copa da Costa de Biberóns.

Fase de Ascenso Xuvenil, ida das Semis

  • Resultado: Viveiro - Dumbría (0-1).
  • DUMBRÍA: Iván, Roberto, Portu, Cabana, Jano, Yeray, Martín, Adrián, Juan de Dora, Edu e Javi. Tamén xogaron: Oli, Mauro, Lucas, Kevin e Charli.
  • Gol: 0-1, min.75: Juan de Dora a pase de Lucas.

Grandísimo resultado do cadro dumbriés nestas semis da Fase de Ascenso colleitado en Viveiro. A pesar das baixas de David, Duarte, Canario, Pablo, Marcote e Maikel, habituais titulares, o cadro costeiro fixo un gran partido, no que os dous equipos dispuxeron de moitas ocasións. Foron protagonistas os porteiros sendo Iván un dos grandes destacados do partido.

O Viveiro demostrou ser un gran equipo, facendo un xogo moi trenzado, moi bonito, e a calor e as grandes dimensións do campo facían que aparecesen ocos nas dúas defensas. Tanto Javi como Juan de Dora tiveron varias ocasións claras.
Foi o propio Juan de Dora, a falta de 15 minutos e tras un bo pase de Lucas, o que puxo o 0-1 que encarrila a eliminatoria para os nosos.

Aínda terá que superar esta eliminatoria, e outra máis, o cadro de Diego Lobelos e Óscar Leis, para acadar o ascenso, pero dende logo, o que están facendo é histórico.

O Dumbría Infantil mantén a categoría

Só podemos felicitar aos de Pablo Conde polo duro traballo realizado nesta dificilísima categoría con unha primeira liga dunha volta entre 22 equipos e logo unha liga por evitar o descenso. O cadro de Conde comezou moi ben a campaña pero pouco a pouco foi perdendo fol e tivo que esperar ata a última xornada para certificar a súa permanencia.

Felicitamos a todo o plantel: Ismael, Alberto e Adán (porteiros), Kike, Sergio, Sebastián, Xabi, Esteban, Gerardo, Jose, Jonhy, e Fran (defensas), Mario, Adrián, Xulián, Ezequiel (medios), Unai, Brandón, Ángel, Hugo Insua e Evaristo (dianteiros). Aos que temos que sumar os alevíns, por certo, campións do Sur, que tamén participaron co equipo infantil: Xa, Alberto, Berto e Brais.

Xuv. Oroso - Dumbría (0-1)

  • DUMBRÍA: Isma, Kike, Xabo (Sergio), Gerardo, Jose, Esteban, Mario (Fran), Adrián, Brandón (Ángel), Ezequiel (Xan), e Unai.
  • Gol: 0-1, min.20: Brandón; 1-1, min.52.

Chegaba o Dumbría a esta última xornada coa soga ao pescozo, e tiña que, alomenos, empatar ante o rival directo, un Xuv. Oroso que levaba varias xornadas en postos de descenso e que vía o milagre na visita do Dumbría. pero os costeiros souberon aguantar ben o partido e tiveron a sorte de cara co gol inicial de Brandón, que fixo moito dano aos locais.

Comezou pegando na sgeunda o Oroso, cun empate que abría as portas do partido, pero o Dumbría soubo manexar os tempos e aguantar un empate que vale unha salvación.

O Cee Infantil cun pé fóra

  • Resultado: Cee - Rayo Sadense (0-3)
  • CEE: Carlos, Jose (Anxo, min, 70), Borja, Angel, Jon, Martin, Fabio, Álex López, Martín (Carlitos, min.66), David (Leo, min.64) e Luís Lojo.
  • Goles: 0-1, min.35; 0-2, min.65; 0-3, min.70.

Mal partido ceense ante un rival que pese a non ser mellor deixo case sentenciada a eliminatoria e que puido irse cun resultado máis abultado pero un enorme Carlos frustou as ocasións sadenses nos ultimos momentos de partido.

O primeiro gol visitante a 10 min para o descanso foi un duro golpe para un Cee que non conseguía enlazar entre os seus dous xogadores mais destacasos Fabio e Luís Lojo. Na segunda metade os de Carlos Pazos apenas inquedaron a portería rival e viron como o Rayo con dous novos goles puña un difícil 0-3 para a volta.

Lista a I Copa da Costa de Biberóns

E esta fin de semana decidíronse as Ligas Benxamín e Alevín Norte que determinarán ademais os finalistas na I Copa dos Biberóns. Así que xa temos os 8 equipos de cada categoría que estarán o día 21 en Outes. Ademais, temos campións do Norte, e foi o Cabana o campión de Alevíns, a pesar de ter que descansar esta xornada, aproveitándose da derrota do Vimianzo ante o Coristanco. Un Coristanco ao que lle valeu a vitoria para meterse na Fase Final da Copa. Con Cabana e Coristanco tamén estarán na Final de Copa Alevín, Vimianzo e Corme, que se enfrontarán aos 4 primeiros do Sur, o campión, Dumbría, cos Fisterra, Outes e Os Miúdos A. Ademais, en Benxamíns, no Sur xa estaban listos, o campión Outes, e os Fisterra, XSC A e Os Miúdos A. Agora, co título do Cabana listo dende hai varias xornadas, estarán en Outes o Sofán, o Corme e o Coristanco.

Fútbol base

Máis información

Crónicas da semana

Novas da Gala do Fútbol da Costa

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).