Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Copa da Costa: A tensión e a calor marcan os dous derbis

Copa da Costa: A tensión e a calor marcan os dous derbis
Doro e Parroto con Jorgito-Foto-Jorge Parri

Tras uns intensos Cuartos, chegamos ás Semifinais da Copa da Costa 2014. Unhas semis de derbis, por abaixo en clave fisterrá entre dous grandes da zona como Cee e Dumbría, e polas terras do Xallas, os dous equipos da comarca xalleira, Castriz e XSC. Dúas elminatorias nas que reinou a igualdade a pesar da diferencia de categoría.

Cee - Dumbría (0-0)

11 do Cee ante o Dumbria-Foto-Jorge Parri
  • CEE: Parroto, Fiuza, Jorgito (Esteban, min.65), Berto (Dani Freire, min.46), Jacobo, Angeliño, Diego Cespón, Josiño, Nico, Llanero e Cris (Javi, min.60).
11 do Dumbria en Cee-Foto-Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Julián Couto, José, Oscarín, Aarón Fdez., Jota, Aarón López, Adrián Makaay, Rivi, Doro, Jesús e Adrián Nieto. Tamén xogaron: Pablo Muíño, Dani Casal, Luisito e David Carreira.
O Cee homenaxea a Fiuza e Dani Freire-Foto-Jorge Parri

Antes de comezar o partido o U.C. Cee aproveitou para render homenaxe a dous xa históricos do club, como son Rubén Fiuza e Dani Freire.

Partido marcado pola intensa calor que converteu nun forno o San Paio de Refoxos, onde non soplaba nada de vento a pesar do aberto que está. O equipo de Floreal prantou cara a todo un Dumbría, se ben o equipo de José Canosa, por certo, nomeado pola Radio Galega o Mellor Adestrador da Preferente Norte, tivo algunha boa ocasión pero se atopou cun gran Parroto.

Comezou o choque con moito tanteo, e durante 20 minutos houbo moito xogo no medio campo. Pouco a pouco o Dumbría foi tomando o mando das operacións, pero polo de pronto non conseguí facer demasiado dano ante un ben ordenado Cee.
Si que a balón parado Adrián Makaay tivo dous chutazos que repeleron os paus, se ben Cristian e Jacobo tiveron un par de remates de cabeza e Fiuza intentouno dende lonxe pero sen demasiada fe.

Continou o mesmo guión na segunda, cun Dumbría dominando e un Cee ben prantado, e con algunha que outra chegada visitante. A máis clara chegaba a 5 para o final, e de novo Parroto salvou ao Cee cunha gran parada ante Adrián Nieto, que deixa o partido completamente aberto de cara á volta

Castriz - XSC (1-2)

Jesus controla o balon no Castriz-XSC-Foto-Jorge Parri
  • CASTRIZ: Pablo, Bruno, Alex, Alberto (Adrián Prol, min.75), Martín, Chinda, Cili, David Agra, Víctor, Castro e Muni.
  • XSC: David, Rubén Forján, Alberto (Cristian, min.36), Héctor, Rubio, Mata (Juan Lois, min.87), Marcos (Sergio Barbeira, min.80), Richi, Jesús, Darío e Toño (Steven, min.12).
  • Goles: 0-1, min.26: Steven de cabeza nun córner; 1-1, min.50: Chinda define ben no man a man por baixo; 1-2, min.75: Richi de penalti por mans involuntarias pero claras de Cili.
  • Expulsión: o local Adrián Prol no min.85 por vermella directa.
Chinda celebra o gol do Castriz-Foto-Jorge Parri

Partido moi igualado, sen demasiadas ocasións. que puido caer de calquera lado, pero que se decantou polo lado verde e laranxa con algo de sorte. Na primeira metade xogou mellor o Castriz, con varias chegadas á meta de David. Sen embargo era Steven, que tivo que saír por Toño nada máis comezar, anotaba o 0-1 de cabeza nun córner.

Seguía o Castriz mandando e indo polo empate ao comezo da segunda e unha boa internada de Chinda acababa co empate. Igualábase o choque pero as forzas comezaron a ser claves. Cando máis avanzaba o tempo máis peso collía o XSC sobre o partido, dada a mellor condición física dos xogadores da Preferente. Quedaban 15 minutos cando unha man involuntaria de Cili era sinalada como penalti polo colexiado e Richi non fallaba. Unha decisión, que xunto con outras como a expulsión de Adrián Prol, non gustaron nada aos rosoneros, que protestaron moito a actitude do colexiado.

Así, o XSC leva unha renda boa para a volta en Fontenla, unha renda que pode ser demasiado xenerosa para o visto en San Pedro.

Castriz-XSC-Foto-Jorge Parri

Máis información

Crónicas da Copa da Costa 2014

Crónicas da semana

Novas da Gala do Fútbol da Costa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios