Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Marea de torneos para este comezo do verán

Marea de torneos para este comezo do verán
I TORNEO EMFB XSC II

Xa esta semana vivimos un fermoso torneo amistoso e solidario no Carral. E mentres continúa o Torneo do Verán, con maiúsculas, o Campionato de Barrios de Esteiro, traemos todas as posibilidades que levamos recollidas no Facebook “Fútbol da Costa”, onde achegamos todas as novidades.

Torneo de F8 de Santa Comba

As categorías inferiores do XSC teñen listo xa o Torneo de F8 para este sábado, nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín.

Estaremos atentos, porque o vindeiro luns 15 de xuño, será a recepción oficial no concello, por parte do alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira, ao XSC cadete, campión da Coruña e recén ascendido á Liga Galega.

Torneo XSC-Programa

I Maratón de FS de Santa Comba

Maraton FS Santa Comba 2014

Tamén na capital xalleira pero a finais de mes, 27, 28 e 29 de xuño, terá lugar o I Maratón de FS de Santa Comba no pavillón de Fontenla, con 3.100 puntos en premios.

Campionato F7 de Mazaricos

Campionato de F7 A Fervenza Mazaricos 2014 Os días 9 e 10 de agosto, a cita será en Antes, Mazaricos, co Fútbol 7. Con 2200 puntos en premios.

Maratón de San Cristobal de F7 en Cee

Esta fin de semana pasada era o turno da Copa Maratón de Fútbol Sala, que vencía, con vinganza, o Ganados Maroño. Esta vindeira toca Maratón na vila da Xunqueira, organizado pola Asocación San Cristobal de Cee. Serán 3 días de partidos, con 2.500 puntos en xogo, zona de acampada e todo.

Festa do Socio e dos 50 anos do Laxe

O vindeiro sábado 14 de xuño, ás 17:00h o campo de fútbol do Laxe acolle a Festa do Socio e a do 50 aniversario, dun dos 6 clubes fundadores do Fútbol da Costa, que, de feito, será homenaxeado na III Gala do Fútbol da Costa. A cita celebrará un partido homenaxe entre os actuais e un combinado cos históricos. Estarán algúns grandes mitos como Toniño, Chalo, Paco… Partido historico en Laxe

Novas relacionadas

Máis información

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios