Mércores. 15.05.2024
El tiempo

As Ligas Benxamín e Alevín Norte rematan decidindo a I Copa dos Biberóns

As Ligas Benxamín e Alevín Norte rematan decidindo a I Copa dos Biberóns
I Copa da Costa F8

Xa falamos das Fases de Ascenso do fútbol base costeiro. Unhas fases que botan algo en falta, pois as Ligas Alevín e Benxamín Norte aínda non remataron, e non puideron participar nelas.

Esta fin de semana tocan o seu fin, e ademais de coñecer aos campións, estaremos atentos porque se confirmarán os equipos que participarán na I Copa da Costa Biberóns, que se celebrará o 21 de Xuño en Outes.

Clasifícanse 4 de cada grupo, polo que xa temos metidos a Dumbría, Fisterra, Outes e Os Miúdos dos Alevíns Sur; e a Outes, Fisterra, XSC A e Os Miúdos A dos Benxamíns Sur.

Coñecemos como se presenta esta última xornada polo norte.

Liga Alevín Norte

Este sábado ás 18:30h dispútase a última xornada de Liga da Costa Alevín Norte no que no Municipal de Vimianzo o equipo local recibe a SD Coristanco coa Liga en xogo. EMF Vimianzo está a 2 puntos da SD Cabana tendo que descansar o Cabana na última xornada, polo que no caso de EMF Vimianzo gañe proclamaríase campión e no caso de non gañar o campión sería a SD Cabana.

Ademais, o Coristanco, 5º a 2 do Muxía, xógase o pase á Copa, ante un Muxía que se enfrontará no Cairo a un Corme que ten, xunto co Cabana e o Vimianzo, o pase asegurado. Tamén As Baleas ten posibilidades de meterse na Copa sempre que gañe ao Sofán e Muxía e Coristanco caian nos seus choques.

Táboas da Liga Benxamín Norte

Mentres, nos Benxamíns tamén está o Cabana de líder, xa campión destacado. Queda por dilucidar a 4ª praza que vai a Copa unha vez que Sofán e Corme xa están dentro. O Coristanco e o As Baleas B xóganse o pase, chegando con 31 puntos, co golaverage individual para o cadro camariñán. Os bergantiñáns visitan ao Vimianzo, mentres que os conserveiros enfróntanse ao poderoso líder.

Máis información

Novas relaciondas

Fonte

Comentarios