Festa interxeracional de todo o pobo para celebrar os 50 anos do CD Baio



Menuda festa para celebrar os seus 50 anos do CD Baio e o 50 aniversario do Fútbol da Costa. Tood o pobo volcouse cunha celebración histórica, dun club que aglutina todas as forzas vivas da vila zaense. Tivo que ser no pavillón por mor do tempo, pero aló estiveron máis de 600 persoas ateigando o polideportivo para celebrar unha festa interxeracional.
I é que varias xeracións de futbolistas pousaron para foto, logo de que Chema Rey, o presidente do club, lera o discurso e agradecera a todos a súa participación. Unha demostración de que o Fútbol da Costa vai máis alá do meramente deportivo, e as citas futboleiras son sempre acontecementos sociais na Costa da Morte.
Felicitamos ao CD Baio e a todo o pobo naiés, por lembrarse dunha data tan importante coma esta, e recordamos que faremos unha sentida homenaxe o equipo QPC na III Gala do Fútbol da Costa aos 50 anos do fútbol costeiro. Ademais, xa estamos esperando o novo libro de Chema Rey e Xosé Lema Suárez, que recollerá ducias de anécdotas sobre os 50 anos do noso fútbol.

Novas do 50 aniversario do Fútbol da Costa
- En marcha a III Gala do Fútbol da Costa.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
- Luís Porto leva o seu Mar de Paixón pola Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
Artigos de Xosé María Lema Suárez
- O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa (II).
- A repercusión mediática do libro do Baio e Liga da Costa.
Artigos do Mar de Paixón
- Os imprescindibles.
- Miculita-Sieso-Manín: tridente letal.
- O Míster.
- Manolo… Manolo Casal.
- Periscal e… gol!.
- Remexer nos papeis doutros.
- Tonié.
- Un gol en Santa Comba.
- Domingo de fútbol.
- Un Mar de Paixón: Un proxecto…, xa traxecto.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).