Fútbol Base: O Dumbría poderá ter 3 equipos en Liga Galega
Se ben parece que o Cee infantil despediuse do soño do ascenso, a fin de semana foi moi positiva para a familia do Dumbría. I é que por un lado, o cadro infantil certificaba a permanencia na Liga Galega, e polo outro, o equipo xuvenil deu un paso máis na Fase de Ascenso.
Ademais, remataron as Ligas Biberóns Norte, cun Cabana doble campión, polo que xa temos todo listo para a I Copa da Costa de Biberóns.
Fase de Ascenso Xuvenil, ida das Semis
- Resultado: Viveiro - Dumbría (0-1).
- DUMBRÍA: Iván, Roberto, Portu, Cabana, Jano, Yeray, Martín, Adrián, Juan de Dora, Edu e Javi. Tamén xogaron: Oli, Mauro, Lucas, Kevin e Charli.
- Gol: 0-1, min.75: Juan de Dora a pase de Lucas.
Grandísimo resultado do cadro dumbriés nestas semis da Fase de Ascenso colleitado en Viveiro. A pesar das baixas de David, Duarte, Canario, Pablo, Marcote e Maikel, habituais titulares, o cadro costeiro fixo un gran partido, no que os dous equipos dispuxeron de moitas ocasións. Foron protagonistas os porteiros sendo Iván un dos grandes destacados do partido.
O Viveiro demostrou ser un gran equipo, facendo un xogo moi trenzado, moi bonito, e a calor e as grandes dimensións do campo facían que aparecesen ocos nas dúas defensas. Tanto Javi como Juan de Dora tiveron varias ocasións claras.
Foi o propio Juan de Dora, a falta de 15 minutos e tras un bo pase de Lucas, o que puxo o 0-1 que encarrila a eliminatoria para os nosos.
Aínda terá que superar esta eliminatoria, e outra máis, o cadro de Diego Lobelos e Óscar Leis, para acadar o ascenso, pero dende logo, o que están facendo é histórico.
O Dumbría Infantil mantén a categoría
Só podemos felicitar aos de Pablo Conde polo duro traballo realizado nesta dificilísima categoría con unha primeira liga dunha volta entre 22 equipos e logo unha liga por evitar o descenso. O cadro de Conde comezou moi ben a campaña pero pouco a pouco foi perdendo fol e tivo que esperar ata a última xornada para certificar a súa permanencia.
Felicitamos a todo o plantel: Ismael, Alberto e Adán (porteiros), Kike, Sergio, Sebastián, Xabi, Esteban, Gerardo, Jose, Jonhy, e Fran (defensas), Mario, Adrián, Xulián, Ezequiel (medios), Unai, Brandón, Ángel, Hugo Insua e Evaristo (dianteiros). Aos que temos que sumar os alevíns, por certo, campións do Sur, que tamén participaron co equipo infantil: Xa, Alberto, Berto e Brais.
Xuv. Oroso - Dumbría (0-1)
- DUMBRÍA: Isma, Kike, Xabo (Sergio), Gerardo, Jose, Esteban, Mario (Fran), Adrián, Brandón (Ángel), Ezequiel (Xan), e Unai.
- Gol: 0-1, min.20: Brandón; 1-1, min.52.
Chegaba o Dumbría a esta última xornada coa soga ao pescozo, e tiña que, alomenos, empatar ante o rival directo, un Xuv. Oroso que levaba varias xornadas en postos de descenso e que vía o milagre na visita do Dumbría. pero os costeiros souberon aguantar ben o partido e tiveron a sorte de cara co gol inicial de Brandón, que fixo moito dano aos locais.
Comezou pegando na sgeunda o Oroso, cun empate que abría as portas do partido, pero o Dumbría soubo manexar os tempos e aguantar un empate que vale unha salvación.
O Cee Infantil cun pé fóra
- Resultado: Cee - Rayo Sadense (0-3)
- CEE: Carlos, Jose (Anxo, min, 70), Borja, Angel, Jon, Martin, Fabio, Álex López, Martín (Carlitos, min.66), David (Leo, min.64) e Luís Lojo.
- Goles: 0-1, min.35; 0-2, min.65; 0-3, min.70.
Mal partido ceense ante un rival que pese a non ser mellor deixo case sentenciada a eliminatoria e que puido irse cun resultado máis abultado pero un enorme Carlos frustou as ocasións sadenses nos ultimos momentos de partido.
O primeiro gol visitante a 10 min para o descanso foi un duro golpe para un Cee que non conseguía enlazar entre os seus dous xogadores mais destacasos Fabio e Luís Lojo. Na segunda metade os de Carlos Pazos apenas inquedaron a portería rival e viron como o Rayo con dous novos goles puña un difícil 0-3 para a volta.
Lista a I Copa da Costa de Biberóns
E esta fin de semana decidíronse as Ligas Benxamín e Alevín Norte que determinarán ademais os finalistas na I Copa dos Biberóns. Así que xa temos os 8 equipos de cada categoría que estarán o día 21 en Outes. Ademais, temos campións do Norte, e foi o Cabana o campión de Alevíns, a pesar de ter que descansar esta xornada, aproveitándose da derrota do Vimianzo ante o Coristanco. Un Coristanco ao que lle valeu a vitoria para meterse na Fase Final da Copa. Con Cabana e Coristanco tamén estarán na Final de Copa Alevín, Vimianzo e Corme, que se enfrontarán aos 4 primeiros do Sur, o campión, Dumbría, cos Fisterra, Outes e Os Miúdos A. Ademais, en Benxamíns, no Sur xa estaban listos, o campión Outes, e os Fisterra, XSC A e Os Miúdos A. Agora, co título do Cabana listo dende hai varias xornadas, estarán en Outes o Sofán, o Corme e o Coristanco.Fútbol base
- Fases de Ascenso: O XSC xa é de Liga Galega e Dumbría Xuv. e Cee Inf. dan un paso adiante.
- 4 campións con Biberón.
Máis información
- Os cadros das Copas e as Fases de Ascenso en: www.copadacosta.com.
- www.futboldacosta.com.
- Facebook “Fútbol da Costa”.
Crónicas da semana
- Fase Ascenso: O Sofán fará do Carral unha Bombonera.
- Copa da Costa: A tensión e a calor marcan os dous derbis.
- Análise e resultados dunha fin de semana quente no fútbol da Costa.
- Comunicado do Sofán por un posible trato de favor co Val do Ulla.
Novas da Gala do Fútbol da Costa
- Festa interxeracional de todo o pobo para celebrar os 50 anos do CD Baio.
- Fran Hermida volverá ser A Voz do Fútbol da Costa.
- O cartel definitivo da Gala do Fútbol da Costa: De patrocinadores e premios.
- En marcha a III Gala do Fútbol da Costa.
- 2013: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- As Ligas Benxamín e Alevín Norte rematan decidindo a I Copa dos Biberóns.
- Marea de torneos para este comezo do verán.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).