Venres. 19.04.2024
El tiempo

Gonzalo contra o seu pasado

Gonzalo contra o seu pasado
Produciuse unha circunstancia curiosa na Rocheira o pasado domingo. Xogou nas filas do Cerqueda o dianteiro Gonzalo Villajos, ex xogador do equipo local, do que foi goleador no último ascenso a 2ª Galicia. Gonzalo saíu ó campo no minuto 55, co partido igualado, e a súa participación non puido ser mais decisiva: dou o pase do segundo tanto visitante e non contento, anotou o terceiro e o cuarto. Falamos con Gonzalo da súa volta a Coristanco esta vez como visitante. Gonzalo, perseguindo o gol QPC - Vaia regreso á Rocheira, non? Si, a verdade é que sí, a Rocheira é un campo que coñezo moi ben e por sorte puiden aproveitar as ocasións e saiu todo ben, estou moi contento. QPC - Como atopaches ó teu ex equipo? Pois gustaríame velo mellor en canto a confianza e xogo, porque teñen plantilla de sobra para salvarse e para facelo sen apretos, e estamos empezando, depende de eles mesmos, deséxolles o mellor, e eles saben que os estarei apoiando coma un seguidor máis. QPC - Excepto o outro día, claro. Que tal está sendo a túa adaptación a Cerqueda? Xenial, dende o primeiro momento me sentín moi cómodo e integrado no grupo. QPC - Como te están a tratar no club malpicán? Teño que decir que me trataron coma un mais dende o primeiro entrenamiento con eles, e que tanto entrenadores coma directiva sempre me apoiaron, polo momento só podo decir eso. QPC - Cal é o teu obxectivo para esta tempada a nivel individual? Primeiro gañarme un posto e ter minutos que é o mais importante sempre, e aínda acabo de chegar coma quen di. E logo, pois gustaríame marcar os 20 goles de fai 3 anos cando conseguimos o ascenso co Coristanco, ou superar os 15 da tempada seguinte en 2a, se me acerco a esas cifras penso que será bo tanto para min coma para o Cerqueda, pero non son conformista, cantos mais mellor, pero sempre pensando primeiro no equipo. O outro día anotoulle dous ó Coristanco QPC - Que liga te estás a atopar nestas primeiras xornadas? Vexo una liga igualadísima, a priori moito mais igualada ca dos últimos anos, creo que calquera equipo lle pode facer frente a calquera e que todo vai estar apretado, non vexo un claro candidato a gañala, pero móllome, creo que Mazaricos e Esteirana, polo que conozco poden estar arriba, aínda que xa digo, este ano nadie é mellor que nadie QPC - Estiveches a proba no San Lorenzo pero a cousa non saíu ben. Teñen una boa plantilla e varios xogadores de un nivel superior, quizais non era o momento, xa que estaba moi caro ter minutos debido a calidade da plantilla. Moi agradecido a Óscar e ao SanLo por darme esa oportunidade de todas formas. Deséxolles o mellor esta tempada, teñen que conseguir a salvación e vano facer seguro. QPC - Ti que estiveches adestrando cun equipo de 1ª, crees que a diferencia é tanta entre as categorías? Pois penso que non, é una marchiña mais iso sí, pero se o equipo está físicamente ben pode competir, no que si que pode haber diferencia é que penso que en primeira necesitas una plantilla moi amplia e que todos estén ben, é una liga competitiva e se tes una plantilla corta ao largo da liga podes pagalo caro. En 2a quizais se note moito menos ese aspecto. QPC - Con uns entrenos xa ás túas espaldas cos novos compañeiros, como ves a plantilla do Cerqueda, o teu actual equipo? Pois penso que temos una boa plantilla, e moi equilibrada, somos una mezcla de xuventude e veteranos, e somos 15-20 entrenando o cal está moi ben. De momento o obxectivo penso que é intentar quedar na metade de arriba da taboa, pero canto mais arriba mellor, non marco posicións, pelexaremos ata a última xornada sen dubida. Gonzalo, goles en terceira e segunda co Coristanco, agora pretende facelos co Cerqueda. O domingo logrou os dous primeiros. Sería o efecto Rocheira.

Comentarios