Gran paricipación dos peques do Sen Siras e do Piragüismo Dumbría en Monforte
Esta fin de semana celebrábase na localidade de Monforte de Lemos, a 3ª Copa de Promoción de Slálom. E alí estiveron, coma sempre, os dous equipos costeiros.
O CDM Piragüismo Dumbría acodía con 6 rapaces e volveron con 2 ouros no k1 masculino en infantiles, unha maás para Marcos Sánchez e a primeira para o seu irmán Brais Sánchez na categoría benxamín. Un Marcos que vén de ser becado pola Deputación da Coruña coma unha das 15 mellores promesas deportivas da provincia menores de 16 anos.
Ademais, o trío de podios completouno Laura Machado, cunha medalla de bronca no K1 alevín. A participación a completaron os benxamins Federico Gianmarini, Ana Zuin e Aroa López.
Medallistas do Sen Siras en MonfortePola súa banda, o Sen Siras desprazou a proba 4 deportistas e un técnico, papel que realizaba nesta ocasión a experimentada padexeira Antía Loira. A máis pequena do club, a mazaricana Sara Fernández, facíase ca 2ª posición e traía para casa a medalla de prata, logo de realizar unha primeira manga de gran calidade que lle aseguraba a posición final.
Martín Fernandez tamén rematou nunha 2ª posición en k1 benxamín, pero esta sabe a pouco. A primeira manga non foi das mellores do padexeiro mazaricán, facendo moito mellor na segunda, na que por un fallo do crono tivo que repetir manga. Na segunda cronometraxe volvía a haber erro e finalmente a primeira manga foi a que contou para a clasificación final.
Francisco Fernández, como vén sendo habitual, remou en dúas modalidades, rematando en 5ª posición en c1 infantil, a moi poucos segundos do podio e realizando dúas mangas impecables e sin penalizacións. No k1 infantil remataba en 7ª posición.
Finalmente, Óscar Pereira, un dos padexeiros do club mazaricán que leva menos tempo nesta disciplina, consegue superarse en cada proba e ir subindo postos na clasificación final, remataba na posición número 15 en k1 infantil.
Novos cursiños de formación en Vimianzo e Mazaricos con Sen Siras
Cómpre lembrar que a partir da segunda quincena de xullo, o club Sen Siras dará comezo os cursos de iniciación ao piragüismo nos concellos de Vimianzo e Mazaricos.
Novas relacionadas- Tres medallas para o Piragüismo costeiro en Sabero.
- Mazaricos acolleu unha proba da Copa Slalom Galego
- A Costa da Morte triunfa na Copa de España de Piragüismo.
- Os padexeiros costeiros sufriron a esixencia da I Copa Eslalom en Lleida
- Os padeixeiros costeiros prepararon en Salvaterra a Copa de España de Slalom.
- Os clubs de piragüismo costeiro arrincaron a tempada cunha proba internacional.
- Ferroatlántica renova o seu compromiso cos clubes de volei e piragüismo de Dumbría.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected]).