Domingo. 23.01.2022
El tiempo

Guille e Carlos Lema, candidatos ó premio á acción deportiva de QPC

Guille e Carlos Lema, candidatos ó premio á acción deportiva de QPC
O gardameta do Nantón pronto volverá ós terreos de xogo Como todos sabedes, QPC entrega a final de tempada, entre outros moitos, un premio á acción deportiva, no que queremos premiar algún feito reseñable que se produza nas nosas ligas no que o importante sexa a solidariedade, a axuda ó que o necesita, a deportividade en toda a extensión da palabra. E esta fin de semana tivemos un suceso no Nantón - Corcubión de 3ª Galicia que claramente optará a levarse o galardón, pola singularidade do feito e polo que tivo de axuda entre xente de dous equipos enfrontados no campo de xogo pero irmáns no suceso desgraciado, que por sorte quedou nun susto.  Os protagonistas son o gardameta do Nantón, Guille, e o presidente do Corcubión, Carlos Lema, médico de profesión, que ante unha acción do xogo na que Guille levou un forte golpe nas costas non dubidou en saltar ó campo a prestar a axuda necesaria. O Nantón nas súas redes sociais agradeceu a labor do presidente, e nos falamos con Guille para que nos contara como foi o susto. QPC - Como foi a xogada na que te golpeaches? Un xogador do Corcubión colleu o balón na frontal da area, viume adiantado e intentou picala para meter gol. O balón ía cara a portería e eu saltei hacia atrás para paralo e xa cando o parei vin o poste de fronte e puxen as mans para evitar dar coa cara. QPC - A caída debeu de ser moi aparatosa. Onde levaches o maior dano? No momento en que freei coas mans sentín como me estalaron as costas e de repente durmíuseme a zona do costado. QPC - Vaia susto que supoño levarías. Quen foi o primeiro en atenderte? Despois do golpe acercáronse rápidamente tanto compañeiros como rivais e o arbitro tamén, pero un pouco sen saber que facer por ser na zona da espalda. Pronto chegou o presidente do Corcubión e comprobou que todo estaba ben na espalda antes de decir que me ergueran. Despois atendeume no vestiario moi amablemente. El foinos dicindo que tiñamos que facer, e sobre todo tranquilizou a todo o mundo un pouco o decirnos que seguramente, fora só unha contractura. QPC - A actuación de Carlos Lema foi de gran axuda, porque se nese momento non estivera para calmar a todo o mundo poderíanse cometer erros importantes ó erguerte. Nos exames médicos que che comentaron? Pois iso, que seguramente fora unha contractura. Quedamos todos máis tranquilos, pois estábamos algo en estado de shock polo aparatoso da caída. QPC - Que plazo de recuperación cres que terás que pasar? Foi unha sorte que o presidente do Corcubión estivese no encontro Só foi un susto, e conto con volver pronto a xogar, para a semana seguramente estea xa a disposición do adestrador. QPC - Como vos está a ir a tempada? Podía ir mellor pero por ahora pode pasar de todo aínda. Hay un bo equipo e pódse competir con calquera se xogamos con ganas e intensidade, e un pouco de calma cando e preciso. QPC - A liga de 3ª está moi bonita e igualada. Ti como a ves? Está apretado este ano, hai moitos equipos competindo por entrar no ascenso e non vai ser fácil pero confió en que entremos na fase e despois hai que ver en que forma chegamos. É unha liga bastante apretada este ano, non hai ningún que se despegue do resto como pasa outros anos polo que aínda pode pasar de todo.

comentarios