Instrucións para utilizar o Seguro Privado no Fútbol da Costa
Presentaba esta semana a Federación Galega de Fútbol o novo protocolo a seguir en caso de lesión. Un tema moi importante na zona, que xa leva intentando ser solucionado dende que o Fútbol da Costa depende dos hospitais da Coruña ou Santiago, pero que polo de agora non ve saída.
A Federación amosa o contrato coa Compañía de Seguros Zurich (no mardo do proceso de privatización de absolutamente todo neste país) e as novidades relacionadas ao Protocolo de Actuación para solicitar Asistencia Sanitaria. De feito, os centros e hospitais da SS non son concertados polo que non se acollen ao seguro, e só será posible levalo a unen caso de accidente de Urxencia Vital.
Ollo a este asunto porque é importante. "Zurich non se fai cargo das facturas provintes do Sergas salvo en caso de Urxencia Vital", e de igual xeito, "os desprazamentos en ambulancia só teñen cobertura para Urxencias vitais".
Coma sempre, haberá que avisar nun prazo máximo de 7 días dende a lesión, coa declaracón do accidente, a copia da ficha, a acta do partido (declaración xurada do adestrador en caso de tratarse nun entrenamento).
A Federación informa dos Establecimentos asegurados para Afeccionados e Xuvenís. A nivel urxencias e hospitalización, tócanos de novo o San Rafael da Coruña ou o Policlínico La Rosaleda de Santiago.
En Centros de rehabilitación xa temos máis posibilidades, e poderemos levala a cabo a través do seguro en FisioCee, na Fisioterapia Xunqueira de Cee; en Mosquera López Carmen de Carballo; no Centro Gallego de Rehabilitación de Muros; en FisioXallas ou Sandra Mourelle Moure de Santa Comba; ou na Clínica Viaminzo de Vimianzo.
Pero en caso de dúbida, non se preocupen que o señor Zurich xa ten un 902 preparado para solventar calquera problema...
Máis información
- www.futgal.es.
- Protocolo de Actuación para solicitar Asistencia Sanitaria [pdf].
- Establecimentos asegurados para Afeccionados e Xuvenís [pdf].
- Zurich Seguros: 902 223 133.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
- Cal é o segredo deste Outes?.
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- Xuvenís: O Malpica dá un paso adiante tirando de efectividade.
- Juan de Dora mete ao Dumbría na crema da División de Honra Cadete.
- Copa da Costa Cadete: Xa temos Cuartos.
- 3ª Autonómica: Unha boda adianta o comezo da Liga unha semana.
- 2ª Autonómica: Sen tregua.
- 1ª Autonómica: O Baio álzase por arriba e o Ponteceso afunde por abaixo.
- Preferente: Xornada sen derrotas costeiras.
- Resultados da fin de semana futboleira do ecuador de outubro.
- Futsal Carballo: Os penaltis dan a Supercopa ao Tasca A Cunca/Supermercado C&M.
Artigos relacionados
- A Pipa de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).