Venres. 03.05.2024
El tiempo

Resultados da fin de semana futboleira do ecuador de outubro

Resultados da fin de semana futboleira do ecuador de outubro
Imaxe do Baio-Arzua-Foto-Santi Diaz

Nova fin de semana chea de partidos do Fútbol da Costa.

Non foi mala a xornada para os nosos na Preferente. 2 vitoras e 2 empates, que deixan aos nosos en cómodas posicións. Para cómoda a do líder, o Bergantiños, que volvía vencer na casa e segue líder con 22 puntos. Con 19 puntos e na 3ª praza, por detrás do Ribadeo, está o XSC, que superaba con relativa comodidade ao Dubra. Precisamente o Ribadeo deixouse 2 puntos en casa ante o Dumbría, un empatiño valioso para que os de Canosa non se descolguen da zona de ascenso, quedando 8º con 14 puntos. Mentres, o Soneira acababa outro meritorio empate en Viveiro, quedando 15º con 8 puntos, iso si, só cun punto de vantaxe sobre o descenso.

Na 1ª Autonómica, o Baio álzase á 3ª praza, aí é nada, tras vencer ao Arzúa. Impresionante o cadro de Félix, que mesmo adianta a un Malpica que non pasou do empate en Sigüeiro, quedando os baieses con 14 puntos por 13 do Malpica, a 4 e 5 respectivamente do líder. Un Noia que daba conta do Camariñas na casa, nun choque con poucas opción spara os de Berto. A Esteirana volveu de baleiro do choque ante o filial do Bertamiráns, mentres que o máis necesitado, o Ponteceso, tampouco sacaba nada positivo de Piloño, e queda pechacancelas da categoría.

A 7ª xornada da 2ª Autonómica deixa cousa interesantes. Como o feito de que o Outes siga sen baixar o pistón. E xa son 7 de 7 e 5 puntos de vantaxe sobre o 2º, que hoxe xa é o Sofán, tras vencer apuradamente ao Camelle e aproveitar o empate do Cee en Muros, tras remontalo partido e ver como lle empatana ao final. O Fisterra queda a 2 puntos de carballeses e ceenses tras vencer ao Castriz nun dos partidos máis importantes da xornada. O potencial dos verdes e Ara Solis foron claves para superar ao cadro de Corredoira na táboa. Entre uns e outros queda o Zas, que se aproveitaba dun Corcubión no que estreaba posto Senra. Ademais, o Corme vai entonándose e puido no Cairo ante o IDC, quedando aínda aí o Porteño, que se desinfla pero se mantén.
Por abaixo, primeira vitoria do Cabana, ante o Mazaricos, deixando en descenso ao San Lorenzo, que sufría unha dura derrota, abultada nos minutos finais, en Buño, e o Corcubión.

E arrincaba a 3ª Autonómica aínda que sexa só cun partido adiantado e por mor dunha boda. O Montelouro-Laxe abriu esta curta tempada, nunha categoría con 12 equipos, colocándose o cadro loureán de ˝líder".

Nos Xuvenís, polo Grupo 3, o Dumbría parece que se relaxaba na súa visita ao Muros e non pasaba do empate, ante un cadro local tremendamente serio. Os dumbrieses quedan só con 1 punto de vantaxe ante o Fisterra, que goleaba ao Mazaricos, e 2 puntos sobre a Esteirana, que tamén facía un sete ao Soneira. XSC e Cee descansaban e o Outes tamén goleaba ao Lira.
Polo Grupo 4, novo cambio de líder. Agora é o Malpica, un dos que parece máis fórtes, o que toma as rendas do liderato tras vencer con rotundidade a un dos rivais, o Ponteceso, e aproveitando que o Corme descansaba, e que queda un punto por debaixo. O Cabana, que gañaba hoxe ao Coristanco, queda a 2 do líder e 1 por riba do Ponteceso.

Na División de Honra Cadete segue o Dumbría facendo un papelón e se mantén 4º tras 3 grandes como Celta, Deportivo e Pontevedra, tras vencer ao Ponte Ourense.
Tamén gañou o Dumbría da Liga Galega Infantil, que sobe ata a 12ª praza. O Bergantiños goleaba ao pechacancelas, e o XSC aínda non sabe o que é sumar.

Xa podedes ollar os Cuartos da I Copa da Costa Cadete tralo remate da primeira fase.
Mentres, en Infantís Cee e Corme seguen imparables, con 6 de 6. O Fisterra ségueos de preto.

Ademais, en Veteranos, a cousa segue moi igualada no alto da 1ª División. O Coristanco mantense líder tras vencer ao Laxe nun partido de poder a poder, onde os dous equipos chegaban no máis alto. Agora o Laxe queda 4º, por detrás do Baio, que empataba cun Soneira que parece que comeza a carburar, e o San Lorenzo, que caía ante outro que parece que espabila, o San Román. Por abaixo, o Dumbría disfrutaba da súa primeira vitoria da historia na categoría.
Na 2ª División o Milagrosa segue intratable, e Corcoesto e Malpica intentan manter o seu imponente ritmo.

E se tamén comezamos o seguemento da Liga Futsal Carballo que comezaba onte ca SuperCopa, na Liga Intermunicipios de Bergantiños manteñen 3 equipos imbatidos tralas 3 primeiras xornadas, Baldaio, Cereo e Rus.


Preferente, xornada 9

Viveiro F.C. 1-1 Soneira S.D.
Bergantiños C.F 2-1 Narón
Xallas de Santa Comba CF 1-0 Dubra S.D.
Ribadeo F.C. 1-1C.F. Dumbría

1ª Autonómica, xornada 7

Bertamiráns B 4-2 S.D. Esteirana
C.D. Baio 2-0 C.S.D. Arzúa
Sigüeiro C.F. 0-0 S.C.D. Malpica
C.F. Noia 4-1 Camariñas F.C.
S.D. Piloño 1-0 Ponteceso S.D.

2ª Autonómica, xornada 7

U.D. Corcubión 0-2 Sp. Zas
Cabana S.D. 4-1 Mazaricos C.F.
U.D. Carnota 1-1 Porteño C.F.
S.D. Fisterra 2-0 S.D. Castriz
Corme C.F. 3-1 Indep. Carballo
Muros S.D. 3-3 U.C. Cee
Outes C.F. 2-1Volantes F.C.
S.D. Sofán 4-3 Camelle S.D.
Buño S.D. 6-2 S.D. San Lorenzo

3ª Autonómica, xornada 1

U.D. Montelouro 4-1 S.D. Laxe

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 8

Muros S.D. 0-0 C.F. Dumbría
S.D. Esteirana 7-0 Soneira S.D.
S.D. Fisterra 6-2 Mazaricos C.F.
Lira C.F. 0-8Outes C.F.
  • Descansan Xallas Santa Comba e Cee.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 8

Camariñas F.C. 6-6 S.D. Laxe
Muxía C.F. 2-2 C.D. Baio
S.C.D. Malpica 5-1 Ponteceso S.D.
Porteño C.F. 3-1 S.D. Castriz
Cabana S.D. 3-2 S.D. Coristanco
  • Descansa Corme.

División de Honra Cadete, xornada 6

C.F. Dumbría 2-0 Ponte Ourense

Liga Galega Infantil, xornada 6

C.F. Dumbría 4-2C.D. Boiro
Val do Ulla 0-11Bergantiños C.F
Xallas StComba 0-4Víctoria C.F.

I Copa da Costa Cadete, Xornada 6, (19-10-13)

  • G1: As Baleas - Cee (1-3) (descansa Muros).
  • G2: Baio - Esteirana (1-2) (descansa Fisterra.
  • G3: Zas - Coristanco (0-2) (descansa Muxía).
  • G.4: Cabana - XSC (0-2) (descansa Outes).

Liga Infantil, xornada 7

S.D. Fisterra 4-1E.M.F. Vimianzo
U.C. Cee 16-0 S.D. Sofán
S.D. Coristanco 6-1 C.D. Baio
Ponteceso S.D. 2-3 Muxía C.F.
Outes C.F. 2-2 Cabana S.D.
S.D. Esteirana 0-4 Corme C.F.

Ligas de Veteranos, xornada 6

1ª División

Soneira 2-2 Baio
Coristanco 2-1 Laxe
Xv. Bergantiños 5-3 Nantón
San Román 3-0 San Lorenzo
Zas 4-0 Camariñas Vet
Cabana 0-3 Bértoa
Dumbría 5-2 Castriz
Ponteceso 0-3 Muros

2ª División

Sofán 2-1 Cerqueda
Malpica 2-1 Corcoesto
Erbecedo 3-1 Porteño
Poniente 5-2 Leiloio
Vimianzo 1-3 Dep. Carballo
At. Milagrosa 6-2 Corme
Camelle 4-1 Buño
  • Descansa Agualada.

Liga Intermunicipios, xornada 3

Cances 2-3 Valenza
Xornes 5-1 Laxe
Rus 4-3 Peña Galicia
A Piña 0-1 Baldaio
Cereo 6-0 Sp. Seaia
  • Descansa Sp. Brea.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios