Preferente: Xornada sen derrotas costeiras

9ª xornada da Preferente e os nosos seguen situándose en posicións relativamente cómodas, tras unha semana na que os 4 equipos da zona non colleitaron derrotas. Comodísima é a do Bergantiños, líder en solitario, e cómoda tamén a do XSC, 3º a só 3 puntos. O Dumbría cae ata a 8ª praza, a 5 puntos dos xalleiros, mentres que o cadro soneirán queda con 8 puntos, só 1 máis que o descenso.
Viveiro - Soneira (1-1)

- SONEIRA: Martín, Chans, Mayuyo, Sito, Brais, Baba, De la Sierra (Quilmes, min.86), Riki (Fran de Urroa, min.82), Richi (Maikel, min.70), Javi e Leo (Basti, min.70).
- Goles: 1-0, min.55: tras un córner; 1-1, min.80: Javi tras un pase de Fran Urroa.
Un puntiño sabroso para o Soneira nun campo tan difícil como Cantalarana. Comezaron fortísimos os locais, facendo moito dano con velocidade, e tiveron 2 ou 3 ocasións claras. Pouco a pouco o Soneira foi prantándose mellor e ata chegaron a facer dano cunha boa contra de Leo que non atopou o gol.
Marcaron os locais á volta do descanso e de córner e a piques estiveron de ampliar a renda tras outro córner que pegou no pau. Pero foise o Soneira arriba, Javi avisou e De la Sierra viu como lle anulabanun gol por suposta falta ao porteiro. Non desistiu o equipo de Felipe e acabou empatando Javi tras un bo pase de Fran de Urroa.
Pero aínda quedaban 10 minutos e algo sufriu o Soneira para manter o punto, sobre todo nun balón que Baba tivo que salvar baixo paus xa co tempo cumplido.
Bergantiños - Narón (2-1)
- BERGANTIÑOS: Christopher, Toni (Alexandre, min.63), Álex Canedo, Sergio, Dany Becerra, Gonzalo, Souto, Iván Amor (Álex Figueiras, min.87) , Roberto Piñeiro, Luis (Chechu, min.91) e Josiño (Brais Garrido, min.91).
- Goles: 0-1, min.44: logo dun saque de falta que colgan á área que acaba en gol logo dun gran remate de Javier Pedreira. 1-1, min.66: Logo dun córner, Dany Becerra remata de cabeza, rexeita Marcos e o propio defensa do Bergantiños é quen aproveita ese rexeite para facer o empate. 2-1, min.76: Josiño, tras un mal despexe da defensa do Narón, o coristanqués baixaría o esférico e dende o punto de penalti superaría a Marcos.
Primeira parte nefasta do equipo de Carballo que non tirou nin un só tiro a portería a causa do mal xogo que estaban a facer. Adiantaríase o Narón logo dun saque de falta que colgan á área que acaba en gol logo dun gran remate de Javier Pedreira. Antes do gol, os ferroláns, que foron un pouco superiores aos bergantiñáns nesta primeira metade, terían outras dúas boas ocasións de gol que non materializarían.
Á volta do tempo de lecer, o equipo local entraría máis enchufado no partido, mellorou o seu xogo e chegaron as ocasións e os goles. Logo dun córner, Dany Becerra remata de cabeza, rexeita Marcos e o propio defensa do Bergantiños é quen aproveita ese rexeite para facer o empate. Roberto Piñeiro tería o gol da remontada nunha falta pero o seu lanzamento que pega no pau. O Bergantiños tería outra clara ocasión logo dun centro de Luis que despexa o porteiro visitante.
No minuto 76, o capitán Josiño faría o gol da remontada, logo dun mal despexe da defensa do Narón, o coristanqués baixaría o esférico e dende o punto de penalti superaría a Marcos. De aquí ao final do encontro non se movería máis o marcador e os carballeses quedaríanse cos tres puntos en xogo.
Xallas de Santa Comba - Dubra (1-0)
- XSC: Pablo, Rubén Formján, Cristian, Alberto, Rubio, Alfonso, Marcos (Landeira, min.90), Jesús, Richi (Juan, min.85), Darío e Toño (Adrián, min.60).
- Gol: 1-0, min.87: Darío.
O Dubra foi superior ao equipo de Julio Martínez en boa parte do choque, pois foi o peor partido da temporada dos xalleiros. Pero ainda así este equipo ten moito oficio e mesmo cando non saen as cousas, sabe aguantar ben armado atrás e esperar o seu momento.
Contaba con moitas baixas o adestrador santiagués e cun plantel curto como o que ten, faise complicado formar onces de garantías para a categoría. Así e todo o equipo está moi traballado sobre todo defensivamente, e saben que en ataque teñen que buscar a Darío, que está en estado de gracia, xa con 8 goles, e moitos de bella factura.
Así foi o partido de onte e así volve o cadro a Santa Comba con3 puntos e a 3ª praza.
Ribadeo - Dumbría (1-1)
- DUMBRÍA: Julián, David (Jose,m in.93), Oscarín, Aarón Fdez., Pablo Condel, Aarón López, Adrián Makaay, Jota (Cote, min.75), Doro, Iago (Rivi, min.70) e Dani Casal (Lourido, min.65) (Martín Toja, min.85).
- Goles: 1-0, min.10: tras a parada de Julián nun penalti; 1-1, min.55: Iago.
Cambiou o conto tralo descanso e o cadro dumbriés estivo máis incisivo e máis seguro atrás. Foi Iago o que acadaba o gol do empate, que serviu para temporizar e mirar o crono.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- Resultados da fin de semana futboleira do ecuador de outubro.
- Futsal Carballo: Os penaltis dan a Supercopa ao Tasca A Cunca/Supermercado C&M.
Artigos relacionados
- A Pizarra de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora David Castro.