Venres. 03.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Sen tregua

2ª Autonómica: Sen tregua
Fisterra-Castriz-Foto-Jorge Parri Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

7º xornada da 2ª Autonómica e segue o Outes implacable. Xa van 7 vitorias en 7 partidos, e non parecen recuar. Onte podían cun Volantes que vai a máis.

Dous partidos sobresaían por riba do resto. En Fisterra o cadro local podía co Castriz nun partido bronco e o supera na táboa. E no Carral, o Sofán consigue subir á 2ª praza, aproveitando o empate do Cee en Muros, tras un partidazo dos que se van recordar ante un Camelle curto de efectivos pero xogando de xeito espectacular.

Por abaixo, primeira vitoria do Cabana, ante o Mazaricos, que deixa ao Corcubión de pechacancelas. Menuda papeleta lle toca a Senra no cadro corcubionés, parecida á de Gueli que non acaba de facer arrincar ao San Lorenzo que onte caía goleado tras deixarse levar nun clásico partido cando levas unha mala xeita de resultados.

Corcubión - Zas (0-2)

  • CORCUBIÓN: Rafa, Marcos (Xabi, min.46), Senra, Gabi, Balucho, Edu, Alán (Trillo, min.80), Sebas, Alberto, Lema e Mario.
  • ZAS: Rizos (Sergio, min.85), Lagoa, Martín, Óliver, Víctor Vecino, Canedo (Fabián, min.46), Peque, Damián, David, Pablo e Isma.
  • Goles: 1-0, min.5: David Blanco á contra con velocidade; 2-0, min.30: David Blanco á contra tras un córner local.

Dúas contras serviron para sentenciar a un aguerrido Corcubión, que estreaba adestrador trala destitución de Nito. Senra colle as rendas dun equipo ao que xa lle trasmitiu o empuxe, as gañas, a garra que sempre busca o fisterrán.

E puxo cara a súa pel o Corcubión, que non puido ca velocidade de David Blanco ás costas da defensa, que marcou dous e puido ter marcado algún máis.

O Zas sufriu as baixas de Miki e Jaime, que marchan do equipo, pero para a semana disfrutará dunha nova fichaxe, precisamente o corcubionés Pablo Lestón.

Cabana - Mazaricos (4-1)

Kevin celebra o seu primeiro gol en 10 meses no Cabana-Mazaricos-Foto-Sara Ramos
  • CABANA: Añón, Ismael, Charli, David, José, Sandro, Eloy Pereira (Fariña, min.65), Rubén Rama (Josiño, min.50), Adán (Chechu, min.85) e Fernando (Diego, min.70), Berti.
  • MAZARICOS: David, Chico, Ramón, Oreiro, Tuco (Rodri, min.46), Esteban, Ricardo, Ferreiro (Kevin, min.46), Sandelo (Coxo, min.80), David (Molinos, min.65) e Estéfano.
  • Goles: 1-0, min.20: Berti tras un erro da defensa local; 1-1, min.50: Kevin de penalti; 2-1, min.70: Sandro; 3-1, min.75: Josiño; 4-1, min.85: Sandro.
  • Expulsión: Oreiro no min.65 por unha agresión.
  • Lesión: Rubén Rama co xeonllo tocado.

Primeira vitoria do cadro de Periscal, nun choque especial para el ante o seus ex, nun partido moi disputado, con moita tensión, sen demasiadas ocasións e cun xogo moi trabado. Só Berti conseguiría marcar tras un erro da defensa local. Unha defensa a de Couso con moitas baixas aínda.

Na segunda cambiou o conto, e Kevin, que voltaba tras 10 meses no dique seco por unha lesión, marcaba de penalti. Pero o partido ralentizábase con constantes faltas e paróns, que non beneficiou para nada ao Mazaricos. Mesmo subíu a temperattura e a expulsión de Oreiro foi clave para o devir do partido, cun Cabana superior cun home máis. Marcou pronto e aproveitou as contras o Cabana.

Primeira vitoria dun necesitado Cabana, que sufría dúas novas lesións, e que acaba co porteiro suplente, Chechu, na dianteira.

Carnota - Porteño (1-1)

Carnota-Porteño-Foto-Jorge Parri
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Tono da Caixa, Ferreiro, Manolo Chouza, Pedro Pichín, Urko (Iván Maceiras, min.75), Pablo Beiro (Andrés, min.70), Nakata, Miguel Poyo, David (Fernando, min.46) e Adrián (Rodrigo, min.60).
  • PORTEÑO: Bonabo, Javi, Pejo, Maikol, Doyle, Iago, Cousillas, Piti, Felipe, Varela e Ismael (Marcos, min.84).
  • Goles: 0-1, min.15: Varela; 1-1, min.30: Adrián cun gol de bella factura.
  • Lesión: o visitante Ismael.

Partido moi igualado, de poder a poder, que rematou cun xusto empate que lles vale aos dous equipos para seguir sumando. Adiantábase o Porteño por medio de Varela pero Adrián facía o empate antes do descanso para os locais.

Un Carnota no que debutaba Fernando de Louro, e no que están collendo minutos xogadores importantes como Rodrigo e Andrés, ata o de agora sen ritmo de partidos.

Fernando de Louro debutou no Carnota ante o Porteno-Foto-Jorge Parri

Fisterra - Castriz (2-0)

11 do Fisterra ante o Castriz-Foto-Jorge Parri
  • FISTERRA: Joselu, Piti, Manuel Cartamil, Julito, Munitis (Robertín, min.55), Santi, Bebeto (Tati, min.70), Tony (Guardiola, min.89), Dani (Sergio, min.83), Isma Leis (Aitor, min.25) e Bruno.
11 do Castriz ante o Fisterra-Foto-Jorge parri
  • CASTRIZ: Juan, Chinda, Agra, Alberto, Alex, Pose, Ferrín (Pichín, min.60), Cili (Fanio, min.65), Bruno, Anxo (Martín, min.70) e Marqués (Sergio, min.70).
  • Goles: 1-0, min.47: Tony; 2-0, min.90: Aitor.
  • Lesión: Isma Leis.

Era o partido da xornada entre dous aspirantes ao ascenso. E foi un choque moi igualado, sen demasiadas ocasións, con dous equipos gardando a roupa e bregando moito. Na primeira apenas unha falta de Tony que pegou na cruceta foi o único aviso.

Pero a clave puido ser o penalti fallado por Bruno no min.44 da primeira metade, cunha boa parada de Joselu. De ter marcado seguro que cambiaba o rumbo do partido. Pero á volta do descanso, un erro defensivo do cadro xalleiro era aproveitado polo propio Tony para abrir o marcador. Quedaban 42 minutos e intentou apretar o Castriz, pero aínda ten un déficit importante en ataque e só estivo preto do empate cun gran tiro de Cili ao longueiro.

A sentenza non chegou ata o min.90, por medio de Aitor, que substiuía a un lesionado Isma Leis.

Fisterra-Castriz-Foto-Jorge Parri

Corme - Indep. Carballo (3-1)

  • CORME: Javi, Adolfo, Jesús, Dani (Abel, min.75), Alejandro, Miguel Torrado, Adri (Antonio, min.87), Sergio (Diego, min.65), Lucas, Juan Chans (Brais, min.55), Alejo.
  • IDC: Noé, Velar, Yoni, Dani, Atu, Carlos, Cholo, Gato, Manuel (Pichel, min.80), Juni, Mario.
  • Goles: 1-0, min.15: Lucas dende o borde da área tras tocar nun defensa; 1-1, min.30: Mario; 2-1, min.42: Juan Chans a pase de Alejo; 3-1, min.90: Alejo de penalti.
  • Non o fixo mellor que outros partidos o Corme pero desta volta lle entraron as ocasións e levou o choque. Pero non lle perdeu a cara ao partido o IDC en ningúnmomento e mesmo tiveron as súas varios erros defensivos cormelán para poder igualar. Javi tivo que sacar un par de mans a man aos dianteiros carballeses para evitar problemas.

    O partido comezaba cun gol de Lucas tendo algo de sorte tras rebotar nun defensa. O IDC respondía e Mario igualaba á media hora pero antes do descanso, Juan Chans, que voltaba tras un par de semanas puña de novo por diante aos locais.

    A sentenza non chegou ata o desconto polo que a incertidume no marcador, e a boa disposición dos carballeses deixaban o partido aberto, ata que só co tempo cumplido Alejo sentenciaba de penalti.

    Muros - Cee (3-3)

    • MUROS: Fabio, Berni, Nieto, Teo, Eloy, Dani, Adrián (Yanki, min.46), Gelo (Lisardo, min.55), Piti (Ramón, min.75), Bibi, Juan (Javi, min.65).
    • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Berto (Fiuza, min.46), Jacobo (Yayá, min.60) (Javi, min.77), Piquero, Angeliño, Diego Cespón, Josiño (Cristian, min.57), Penedo e Llanero.
    • Goles: 1-0, min.7: Adrián; 1-1, min.30: Llanero; 1-2, min.44: Penedo a pase de Piquero; 1-3, min.73: Penedo de Josiño; 2-3, min.75: Bibi de falta; 3-3, min.85: Bibi de penalti.
    • Expulsión: Bibi no min.88.

    Partidazo no Eleuterio Balayo, cun Cee algo máis dominador, pero un Muros que respondía a cada envite. Comezaba de feito marcando o Muros pero o Cee reaccionaba. Llanero respondía cunha falta ao longueiro e en 10 minutos antes do descanso Llanero e Penedo facían o 1-2.

    Parecía que tiña o partido de cara o Cee, sobre todo tralo 1-3 de Penedo, pero apareceu Bibi, que marcou de falta e de penalti e igualou o choque nos últimos 15 minutos. Aínda non rematara e houbo tempo para que expulsasen ao propio Bibi e xa co tempo cumplido o colexiado anulaba un tanto a Llanero moi protestado polos ceenses, que podía ter sido a vitoria visitante.

    Outes - Volantes (2-1)

    Outes-Volantes-Foto-Volantes
    • OUTES: Gato, Saúl, Rubén, Chúa, Borja, David, Martín, Chía (Fabio, min.46), Piki, Migui (Barral, min.65), Edu (Elías, min.46).
    • VOLANTES: Rubén Santos, Miguel, Juan, Maikel (Edu, min.85), Mingos, Pardelo, Ivi, Moja, Martín, Cajulo (Varo, min.52), Piru (Gabri, min.80).
    • Goles: 1-0, min.5: Chúa aproveitou un balón morto e rematou co pé tras unha xogada a balón parado; 2-0, min.55: Piki tras unha boa xogada colectiva; 2-1, min.55: Ivi de penalti.

    Nova vitoria do Outes, e xa van 7. E a pesar das baixas de Arturo, Kin e Damián, o equipo de Roque puido vencer este derbi sureño. Foi un partido típico de derbi, sen demasiado xogo, moi bregado.
    Onte, sen xogar demasiado, o Outes creou moitas ocasións sobre todo na segunda metade co marcador a favor. Na primeira metade domnaba o Outes pero sen demasiado perigo. Martín mandou un balón ao pau e Rubén paroulle a Edu nas mellores ocasións locais, xa despois de que Chúa os adiantase.

    A segunda comezaba co mesmo guión, co gol local (de Piki que xa suma 7 tantos) e aí cando mellor estaba o Outes (cos cambios mellorou o equipo), chegou o penalti para o Volantes para recurtar. Co 2-1, por empuxe e intensidade máis que por xogo, o Volantes, que sempre estivo metido no partido, estivo preto do empate, como nunha xogada a balón parado que Gato salvou baixo paus. Aínda así o Outes tamén puido poñer a puntiña nunha contra.

    O Volantes, sen pretemporada, con moitas baixas, leva un inicio algo frouxo, está mellorando nestes dous últimos partidos, tanto co Carnota como onte co Outes.

    Outes-Volantes-Foto-Volantes

    Sofán - Camelle (4-3)

    Sofan-Camelle-Foto-SD Sofan
    • SOFÁN: Bugy, Javi, Marcos, Eloy, Pablo, Jorge Calvete (Míchel, min.75), Iván Rey, Rojo (Bertín, min.70), Santi (Alberto, min.70), Brais (Suso, min.60) e Raúl.
    • CAMELLE: Ángel, Dido, Valiña, Miguel Riveiro, Matías, Iván, Mario, Ángel Riveiro (Martín Gemelo, min.70), Javi Rañal, Sergio (Adrián Tajes, min.65), Barreiro.
    • Goles: 0-1, min.5: Matías; 0-2, min.38: Barreiro; 1-2, min.43: Santi; 1-3, min.60: Iván; 2-3, min.68: Iván Rojo; 3-3, min.80: Raúl; 4-3, min.88: Suso.
    • Expulsión: o local Pablo Martínez por vermella directa no min.60.

    Partidón, un dos mellores nos últimos anos no Carral, cun ambientazo e dúas das afeccións máis volcadas da Liga da Costa. O Camelle fixo un partidazo espectacular, xogando moi ben e facendo moitos

    De feito se metía 0-2 cos tantos de Matías e Alberto, tras un remate de cabeza de Pablo Martínez na mellor ocasión dos locais na primeira. Pero antes do descanso Santi recurtaba para os de Pablo Mallón.

    A segunda comezaba co tanto de Iván, un tanto que espertaba, e de que maneira á SD, que se viña arriba e a pesar de estar con 10 moitos minutos trala expulsión de Pablo, foi quen de darlle a volta aro marcador en 20 minutos espectaculares de auténtico rodete. Non puideron aguantar os camelláns, que co paso dos minutos foron perden fol, i é que apenas foron 13 xogadores.
    Así e todo, non mereceu perder o Camelle e aínda tivo sacar Buguy un par balóns no tempo engadido.

    Sofan-Camelle-Foto-SD Sofan

    Buño - San Lorenzo (6-2)

    Buno-San Lorenzo-Foto-David Castro
    • BUÑO: Toni, Casais, Rubén, Alfredo, Iago, Diego, Dani Calvete, Fran Borrazás, Charro, Elías e Gurita (Miguel Dourado, min.70).
    • SAN LORENZO: Gabri, David (Eloy, min.82), David Rey, Germán, Anxo, Cachizo, Chucho (Dani, min.67), Schuster, Joaquín, Fuentefría, Velo (Javi Pensado, min.57).
    • Goles: 0-1, min.16: Córner sacado por Velo e Joaquín no segundo pau, libre de marca, remata a gol. 0-2, min.24: Pase espectacular de Chucho á espalda da defensa, gran control de Schuster e mellor é a vaselina que fai para superar a Toni. 1-2, min.26: Diego transforma un penalti cometido por Cachizo. 2-2 m.41: Falta colgada á área por Fran Borrazás e peina Diego a gol aproveitando a mala saída de Gabri. 3-2, min.77: Lanzamento dende 25 metros de Elías que bate nun defensa do San Lorenzo, o rexeite cáelle a Charro que define con moita tranquilidade ante Gabri. 4-2, min.82: Mal entendemento entre Anxo e Gabri, que aproveita Charro para quedar só ante a portería e o seu lanzamento entra na portería tras tocar en Germán. 5-2, min.85: Gran xogada entre Elías e Charro e mellor é a definición deste último. 6-2, min.89: Falta botada por Fran Borrazás que toca Charro no primeiro pau e marca no segundo, Rubén, libre de marca.

    Resultado enganoso e abultado o que se viviu na tarde do domingo no campo de Xaviña (Buño). Partido igualado entre dous equipos moi necesitados de puntos nesta Liga da Costa, e que se desequilibrou logo do 3 a 2.
    Na primeira metade, a primeira ocasión convertiríase en gol. Córner sacado por Velo e Joaquín no segundo pau, libre de marca, remata a gol. Dous minutos despois, respondería o Buño a balón parado, logo dunha falta lateral colgada por Fran Borrazás que remataba Elías a rentes do pau da porta defendida por Gabri. Tras un saque de banda que Chucho mete na área, Joaquín perdoa o gol en dúas ocasións. No minuto 24, voltarían a marcar os verdilláns por medio de Schuster que realiza un gran control para facer unha vaselina impecable para superar a Toni logo dun pase espectacular de Chucho. No 26, serían os locais os que marcarían para recortar distanzas no marcador logo de que Diego anotase ao transformar un penalti cometido por Cachizo, moi protestado polos visitantes.

    Á cinco minutos para o descanso, outra polémica. O Buño pediu penalti nunha caída de Charro na área tras unha entrada de Germán. A continuación tras unha falta colagada á área por Fran Borrazás que peina Diego a gol aproveitando unha mala saída de Gabri. Antes do tempo de lecer tras un córner botado por Borrazás, Charro remata, libre de marca, a rentes do pau da portería verdillana.
    Con moita igualdade e cun Buño creando perigo a balón parado chegaríamos ao descanso.

    Á volta dos vestiarios cando aínda non transcorrera un minuto, Fuentefría está a piques de darlle un disgusto a parroquia local logo dunha mala cesión de Casais a Toni, pero o lanzamento do verdillán vaise desviado. Ao cuarto de hora, Diego faríase empregar a fondo a Gabri tras unha falta lanzada dende a frontal da área.
    A partir desta xogada chegaría a triple ocasións dos visitantes en tan só un minuto, primeiro Dani e logo Schuster fan que Toni se teña que empregar a fondo e de novo Dani tras unha melé na área local, envía fóra a rentes do pau.
    No minuto 70, avisaría o Buño e faríao de novo nunha xogada a balón parado que saca Fran Borrazás e remata Diego desviado.

    Tras un lanzamento dende 25 metros de Elías que bate nun defensa do San Lorenzo, o rexeite cáelle a Charro que define con moita tranquilidade ante Gabri para facer o 3-2. Este tanto faríalle moito dano aos de Verdillo que logo desto xogarían con máis corazón que cabeza, o que fixo que abrirán espazos e darlle facilidades aos oleiros. Neste treito final do encontro, os verdilláns encaixarían tres goles máis. Charro aproveita un mal entendemento entre Anxo e Gabri, para quedar só ante a portería e o seu lanzamento entra na portería tras tocar en Germán. De novo, Charro define con gran clase tras unha boa triangulación con Elías. Rubén poñería a guinda do pastel tras unha falta botada por Fran Borrazás que toca Charro no primeiro pau e o malpicán remacha no segundo, libre de marca.

    Derrota abultadísima a que recibiu o San Lorenzo, logo do visto sobre o céspede de Xaviña e que estivo moi condicionada polo terceiro gol dos locais que supuxo a puntilla para os vermellos. Os de Verdillo queixaronse moito da actuación do colexiado, sobre todo, pola imparcialidade que tivo á hora de sacar os cartóns.

    Charro marcou 3 no Buno-San Lorenzo-Foto-David Castro

    O Album de cromos do #FutboldaCosta

    Máis información

    Crónicas da semana

    Artigos relacionados

    Fonte

Comentarios