Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O Malpica dá un paso adiante tirando de efectividade

Xuvenís: O Malpica dá un paso adiante tirando de efectividade

Seguen as cousas moi igualadas polo Norte, pero o parece que o Malpica pega un paso adiante. E o fai tras vencer ao Ponteceso noutro exercicio de eficacia ao que xa nos ten acostumado. Seguen pegados o Corme, que descansaba, Cabana e o propio Ponteceso, e parece que serán estes 4, co permiso do Camariñas, Coristanco e Baio os que se xoguen as 3 prazas para a Liguilla.
Polo Sur, a sorpresa da xornada chegaba do Eleuterio Balayo. O Dumbría deixábase os seus dous primeiros puntos ante un equipo moi ben armado, reducíndose a 1 só punto a diferencia cun Fisterra que segue sen dar tregua, con 5 vitorias e 1 soa derrota. Por detrás ollo á Esteirana que tamén chega goleando cuns números moi bos. Pero non queda aí a loita, pois Cee, e XSC, que descansaban, e mais Outes e Muros tamén están moi preto e poderán dar a sorpresa. A mala nova, a diferencia entre os equipos da zona alta e os da zona baixa, que deixaron goleadas insulsas.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 8

Malpica - Ponteceso (5-1)

11 do Malpica Xuvenil ante o Ponteceso-Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Manuel, Víctor Novo (Cholo, min.83), Kevin, Canario, Styven, Mouri (Jorge, 78), Pitís, Guille (Brais, min.78), Almeida (Alberto, min.75), Diego e Eloy (Gabi, min.85).
Plantel do Ponteceso ante o Malpica-Foto-Luis E Porto
  • PONTECESO: Damián, Lorenzo (Óscar, min.83), Dani Villar, Dani Sánchez (Alberto Recarey, min.46), Diego, Sergio, Dani Valle (Luca, min.66), Ismael, Pablo, Yago (Javi, min.89) e Ismail.
  • Goles: 1-0, min.35: Almeida de cabeza a centro de Eloy; 2-0, min.40: Pitís de tiro cruzado tras unha internada de Diego; 3-0, min.52: Styven de cabeza nun córner de Pitís; 4-0, min.57: Pitís remacha un balón morto; 5-0, min.60: Eloy dende 30 metros; 5-1, min.75: Ismal aproveita o rexeite de Manuel.
Os capitans do Ponteceso e do Malpica Xuvenil-Foto-Luis E Porto

Menuda efectividade a do Malpica, que chegou 5 veces a gol en dous arrinques de xogo e de potencia, e endosou unha soberana goleada a un Ponteceso que leva sendo un dos líderes dende o comezo de campaña. Como dicimos 2 treitos de 15 bos minutos dos locais, e un acerto espectacular que dá conta da dinamita coa que tamén conta este ano o Malpica, foron suficientes para doblegar a un Ponteceso que tocou e tocou pero que tampouco tivo ocasións demasiado claras.

Así e todo foi un choque bonito, vistoso, sen demasiadas ocasións pero si boas combinacións. Ao final o Malpica pega un salto e se coloca líder.

Camariñas - Laxe (6-6)

  • Goles: 0-1: Adrián; 0-2: Saleta; 0-3: Elías; 0-4: Djamel; 1-4: Jose; 2-4: Dani; (descanso) 2-5: Adrián; 3-5: Jose; 4-5: Javi; 5-5: Jose; 6-5: Javi; 6-6: Saleta.

Menudo partidazo o vivido no Hermanas Patiño. Un partido que foi e veu, que comezou mandando o Laxe de Nano e meténdose con 0-4, pero antes de ir ao descanso os de Pirucho marcaron dous tantos rápidos que os metían no partido.

Estaba o partido totalmente aberto, de ida e volta, moi vistoso. Foi quen o Camariñas de poñerse por diante a falta de 5 minutos, pero aínda tivo tempo o Laxe para conseguir salvar un punto.

Un empate que lle sabe a pouco aos dous equipos pois ambos tiveron a vitoria na man.

Muxía - Baio (2-2)

  • MUXÍA: Anxo, Carlos (Diego, min.70), Juanjo (Mario, min.46), Antonio, Andrés, Macareno, Paulo, Juan (José Ramón, min.46), Edi (Fran min.65), Víctor, Samuel.
  • BAIO: Guille, Pazos, Michi, Pablo (Jose, min.46), Silvariño, Kevin (Alfonso, min.83), Anxo, Pedro (Álex, min.53), David, Estefan, Santi Díaz.
  • Goles: 0-1, min.5: Pablo tras unha falta; 0-2, min.30: Estefan; 1-2, min.70: Paulo; 2-2, min.76: Andrés de penalti.
  • Expulsión: o muxián Samuel (min.82).

O Baio xa o rei do empate, con 4 empates en 7 partidos, i é que falta algo de finalización no equipo de Pastoriza, que segue creando ocasións pero que non as materializa. En Arliña comezou ben e acabou a primeira con 0-2 pero que podían ser 0-4. Sen embargo fallaron Santi Díaz, David e Estefan varias xogadas claras.

Na segunda puido sentenciar ao comezo o Baio pero o Muxía soubo erguerse e reporse e foi polo partido. O míster Javier Lema puxo 3 defensas, e a pesar das baixas e de contar con ata 5 cadetes (Juan, Mario, Diego, Fran e José Ramón) aproveitaron a calidade dos Paulo e Víctor para acadar o empate nun choque no que ambos protestaron as demasiadas tarxetas que sacou o colexiado.

A táboa non reflexa o xogo deste Baio, con boas partes de xogo combinativo e sabendo ler os choques. Para a semana tócalle unha boa pedra de toque ao Baio, coa chegada do Malpica.

Porteño - Castriz (3-1)

  • Goles: David Vergau, Álvaro e Maikel para o Porteño. E Corroucho para o Castriz.

Duelo de novatos, e foi o Porteño o que se levou os 3 puntos tras un partido máis igualado. A eficacia foi clave, os de Ordóñez aproveitaron mellor as poucas ocasións que tiveron mentres que os de Lorenzo e Evaristo se atoparon co porteiro local Brais, que foi o mellor do partido.
Así que foi un partido moi igualado, con dous equipos enclara melloría, pero os puntos quedaron na Grixa.

Cabana - Coristanco (3-2)

  • CABANA: Adrián, Villar, Raúl, Aurelio, Dani Mato, Samuel, Diego, Álex (Óliver, min.65), David (Redondo, min.55), Iván Mato, Pablo (Grille, min.75).
  • CORISTANCO: Brais, Naya (Joaquín, min.46), Navarro, Rubén, Javi (Iván, min.50), Cristian (Pombo, min.46), Jorge, Joni, Suárez (Mosquera, min.80), Fondo (Abelenda, min.50), Bertoa.
  • Goles: 1-0, min.5: Pablo; 2-0, min.20: Dani Mato de cabeza rematou unha falta de Diego; 3-0, min.55: Iván Mato; 3-1, min.60: Rubén; 3-2, min.75: Jorge de falta.

Tocoulle sufrir ao Cabana no treito final tras controlar a primeira metade de partido con solvencia, aproveitando o vento a favor. Os de Fernando aproveitaron un erro nunha mala cesión ao porteiro visitante, na que Pablo, con picardía roubou e marcou. Jorge e Bértoa tiveron o empate para os de Da Silva, pero foi tras unha falta lateral cando o Cabana ampliaba a renda.

Á volta do descanso volvía marcar o Cabana, gol que espertaría ao Coristanco que se foi arriba aproveitando o vento. Rubén de rexeite recurtaba e de contado Adrián paraba un penalti a Jorge. Seguiuno intentando o cadro visitante e era o propio Horge o que marcaría o segundo. A piques estiveron de empatar o partido os coristanqueses pero ocasións de Joaquín, Suárez, Navarro e Rubén (estes dous fixeron unha gran segunda metade) non acabaron en gol.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 8

Muros - Dumbría (0-0)

  • MUROS: Matías, Yeray, Samu, Eloi, Ramón, Santi de Lira, Miguel, Juan, Piki, Adrián e Hugo.
  • DUMBRÍA: Couto, Duarte, Portu, Cabana, Roberto, Yeray, Martín, Lucas, Marcote, Pablo e Javi. Tamén xogaron: Kevin, Maikel, Alcaina, Fabián, Charly.

Non foi o mellor partido deste Dumbría, que se deixou os dous primeiros puntos da tempada no Eleuterio Balayo. Os de Leis e Lobelos abusaron demasiado do balón longo na primeira metade ante un Muros que Bibi ordenou perfectamente aos seus dende a defensa, que a base dun xogo tremendamente intenso non permitiu tocar aos dumbrieses. Foi un choque moi igualado.

Na segunda metade mellorou algo o aspecto combinativo do Dumbría pero sen chegar a crear claro perigo. Quedando así un resultado xusto.

Esteirana - Soneira (7-0)

  • Goles: Pablo (2), Raúl, Damián, Rafa, Codesido e Adrián.

Segue esta Esteirana de Martín, tralo gran ano pasado en cadetes, dando alegrías á súa parroquia. O sábado fixo disfrutar ao Xosé Luís Vara ante un Soneira de Antelo que aínda ten moito que mellorar.
O cadro local aproveitouse ademais do mal día do porteiro soneirán para acabar goleando.

Fisterra - Mazaricos (6-2)

  • FISTERRA: Santi, Beto, Cartamil, Rubén, Breixo (Gani, min.46), Jose, Benlloch (Ángel, min.65), Moisés (Javi Suárez, min.50), Josema (Noé, min.46), Adrián (Manute, min.46), Abel.
  • MAZARICOS: Samuel, Licerino, Torreón, David, Bruno, José Ángel, Tiago, Borja, Chiqui, Raúl e Samuel. Tamén xogaron: Arturo, Canario, Oreiro.
  • Goles: Benlloch, Jose, Josema, Ángel e Abel (2) para o Fisterra. E Bruno e Raúl para o Mazaricos.
  • Expulsión: O amarelo Canario no min.85.

Clara vitoria do Fisterra fraguada na primeira metade cun parcial de 5-0. Na segunda, o cadro de Nacho relaxouse e o Mazaricos de Kasais e Jose meteu unha defensa de 3 e mellorou moito. Bruno e Raúl acurtaron distancias pero nunca perigou o partido.

Lira - Outes (0-8)

  • Goles: Veleiro (2), Rafa (2), Borja Cad. (2), Santi (2).

Nova goleada que recibe este novato Lira, que a pesar de todo segue mellorando. Pero nestes duros inicios, cando xa recibes dous goles e non tes sorte cara gol é normal baixar os brazos nas segundas metades.

Así lle aconteceu ao Lira nesta xornada tras unha primeira metade na que os locais mandaron dous balóns ao pau e sen embargo o Outes en 2 chegadas facía 2 goles. 2 goles que pesaron moito nas cabezas e nas pernas do Lira, que malia aguantar ben a primeira metade acabaron sucumbindo na segunda.

Crónicas das Ligas Xuvenís

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios