Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Iván Ares vence un Rally San Froilán con presencia costeira

Iván Ares vence un Rally San Froilán con presencia costeira
  • Sergio Dosil analiza o Rally San Froilán, e repasa a participación dos pilotos da Costa da Morte. Ademais fálanos do 51 edición do RallyRACC Catalunya - Costa Daurada do Rally de España, e completa a crónica co Rally Rías Altas histórico.
Os irmans Pais situanse a fronte do campionato - Foto- Cristian Fernandez - Pe a Chapa Racing Os irmáns Pais sitúanse á fronte do campionato - Foto- Cristian Fernández - Pé á Chapa Racing

Tras a súa participación no Rali de A Coruña e no Comarca da Ulloa, Iván Ares e Álvaro Bañobre suman a súa terceira vitoria da temporada no campionato galego tras impoñerse no Rali San Froilán, de novo marcando o mellor tempo en tódolos tramos disputados.

O rali comezaba na mañá do sábado coa disputa a dobre pasada dos tramos de Outeiro de Rei (9,9 km) e Begonte (11,8 km). Xa dende o comezo, Iván Ares marcaba o ritmo a bordo do seu Porsche, deixando ao segundo clasificado do rali, Alberto Meira, a 21 segundos, seguido este de Alejandro Pais, terceiro a menos de 3 segundos do seu predecesor. Cuarto era Adrián Díaz, que tras marcar o segundo mellor tempo no primeiro dos tramos, cedía case medio minuto no segundo deles; por detrás situábanse Alberto Otero, Pablo Silva, Cesar Gonzalves, Félix Macías, Oscar Veiga, e os irmáns Iglesias, que pechaban o top 10 da xeral.

Trala disputa da segunda pasada polos tramos Ares seguía liderando, con Pais segundo, e Alberto Meira terceiro, xa a 22 segundos do seu rival polo campionato, ao perder uns 17 segundos no tramo de Begonte tras un susto nun cruce moi sucio. Por detrás, Alberto Otero superaba a Adrián Díaz, Félix Macías situábase sexto, por diante de Silva, Gonzalves, Tino Iglesias e Javier Martínez Carracedo.

Pola tarde disputábanse os tramos de Corgo (11,2 km) e Pol (11,7 km). Nas primeiras pasadas, Ares seguía a mandar, seguido dos irmáns Pais, xa a case 50 segundos, e con Adrián Díaz a máis de 50 segundos deles. Cuarto era Alberto Meira, que estaba a 4 segundos de Díaz e deixaba a case 12 a Otero, mentres Macías mantiña a posición, separado por 40 segundos de Gonzalves. Oitavo era Carracedo, con unha mínima ventaxe respecto aos irmáns Iglesias, mentres Héctor Forneiro, primeiro do Volante FGA, situábase como décimo clasificado.

Ares volvía a ser o máis rápido na repetición dos tramos, levándose todos os scratchs do rali e deixando a Pais, segundo clasificado, a un minuto e medio de distancia. Adrián Díaz mantiña a terceira praza, tras ser o máis rápido despois de Ares en ambos tramos, sendo Alberto Otero cuarto, pero unha penalización no último control horario faría que perdese a posición en favor de Alberto Meira. Por detrás, as posicións mantíñanse sen variacións con respecto á anterior sección do rali.

Clasificacións

Clasificacions Rally San Froilan 2015  

Participación costeira

Juan Lojo e familia no San Froilan Juan Lojo e familia no San Froilán

En canto a participación costeira, contábamos coa participación de Juan Lojo, copilotado por Álvaro Vila, que se baixaba do Evo X de AR Vidal para empregar nesta ocasión un Suzuki Swift, e con Heriberto Atán, copilotado por Martín Fariña, co seu Citröen C2.

Heri Atan no San Froilan Heri Atán no Rally San Froilán

Desta volta tivemos as dúas caras da moeda: mentres que o muradán Lojo remataba como cuarto clasificado do grupo N, acadando así o campionato de grupo de forma matemática, o piloto de Brens Heri Atán sufría unha saída de estrada no primeiro dos tramos, sen consecuencias para el e para o seu copiloto, pero que deixaba o radiador do seu C2 danado, polo que se vían obrigados a abandonar.

"Quédanos moito traballo aínda por diante, ademáis de en canto á fiabilidade, na posta a punto: tema de suspensións, alineados…". Pero no equipo Brens Racing non dan a temporada por rematada: "intentaremos estar no Rali Ribeira Sacra, co obxectivo de rematar a proba a toda costa".

 

Visita mundialista

Na mesma fin de semana na que tiña lugar o Rali San Froilán, o Campionato do Mundo de Ralis visitaba España, con motivo da 51 edición do RallyRACC Catalunya - Costa Daurada, Rally de España. A penúltima proba do mundial discorría ao longo de catro días de competición, completando 331,25 km cronometrados repartidos en 23 especiais, cun total de 1276,83 km de rali. A proba comezaba na mañá do xoves co shakedown (tramo no que os pilotos poden probar e afinar os reglaxes dos seus coches de cara ao rali), tendo lugar pola tarde o primeiro tramo do rali nas rúas de Barcelona, onde o máis rápido era o xa campión Sébastien Ogier.

O venres comezaba o rali de "verdade" coa desputa de catro especiais cronometradas con zonas de terra e asfalto a dobre pasada, onde Ogier remataría o día á fronte da clasificación xeral do rali, por diante do seu compañeiro de equipo Jari - Matti Latvala e o piloto de M-Sport Ott Tänak, sendo a dupla española Dani Sordo - Marc Martí cuartos a bordo do Hyundai i20 WRC.

Foto- Andre Lavadinho Foto- Andre Lavadinho

Na xornada do sábado, xa sobre tramos completamente de asfalto, Ogier aumentaba a súa ventaxe sobre os seus rivais, deixando a 54 segundos a Latvala, que se queixaba ao comezo do día de problemas cos freos. Andreas Mikkelsen, tamén a bordo do VW Polo R WRC, situábase terceiro, sendo cuarto Dani Sordo, que chegaba a situarse segundo da xeral nesta etapa.

Restaba a xornada do domingo, e coa vitoria de cara para Ogier - Ingrassia, a atención centrábase na loita polo podio entre Latvala, Mikkelsen e Sordo, separados por algo máis de 7 segundos a falta de 6 tramos por desputar. Na cuarta especial do día, Mikkelsen superaba a Latvala, pero este recurtaba distancias e deixaba a loita polo segundo posto en menos de 2 segundos a falta da Power Stage (tramo no que se reparten puntos extra para o campionato aos 3 pilotos máis rápidos). Pero nesta última especial saltaba a sorpresa, ao sufrir Ogier un accidente que o obrigaba a abandonar, acadando deste xeito Mikkelsen a súa primeira vitoria no WRC, por diante de Latvala, e co español Dani Sordo ocupando o caixón máis baixo do podio.

 

O nacional de históricos, de volta a Galicia

Dbs Fotografia Dbs Fotografia

Tras a suspensión en 2013 da 5ª edición do Rali de Galicia, o campionato de España de Ralis para vehículos históricos volvía á nosa comunidade con motivo da celebración do Rali Rías Altas histórico. Con saída dende a praza de María Pita, o rali contaba con unha inscripción de luxo, cun total 43 participantes na categoría de velocidade, 30 na categoría de regularidade, e sendo a última proba da Copa Suzuki, na que se reunían 11 participantes. A estes, había que sumar a participación de Manolo Senra e Faustino Suárez a bordo do Peugeot 306 Maxi, dentro da denominada "Rallycar Festival".

Ademais de Manolo Senra, na lista de inscritos destacaba a presenza do xa campión da categoría de velocidade Daniel Alonso, así como a de Amador Vidal, Xesús Ferreiro, Sergio Vallejo, Antonio Sáinz, Pablo Pazó ou Javier Ramos Grille.
O rali comezaba cos tramos de Doroña e Feira do Tres - Villozas, que se desputarían a dobre pasada. Na primeira sección o máis rápido en ambos tramos era Grille, que deixaba xa a case 26 segundos a Alonso, situándose na terceira posición Pablo Pazó, a tan só 1 segundo de Vallejo, e que xa deixaba a baixa de Ferreiro e a Amador Vidal con moito tempo perdido ao sufrir problemas no primeiro tramo no seu Peugeot 309 GTI. Na repetición dos tramos, Grille seguía a marcar a pauta ao ser o máis rápido de novo en ambos, ampriando a súa ventaxa sobre Alonso ata os case 48 segundos, mentres que Costoya recurtaba tempo a Vallejo, que seguía a ser terceiro, tendo que abandonar Pazó ao sufrir unha rotura de un palier no Ford Escort MKI.

Pola tarde desputaríanse cinco especiais: Ferrol - Ferrol e O Roxal - Narahío, ambas a dobre pasada, e Ponte do Porco - Villozas. Na terceira sección, Grille seguía a mandar, deixando case a minuto e medio a Alonso, e con Vallejo aínda no caixón máis baixo do podio, pero con só unha décima de ventaxa sobre Costoya.

Foto- Cristian Fernández - Pé á Chapa Racing Cristian Fernandez - Pe a Chapa Racing

Cando parecía que Grille tiña o rali gañado, o seu Ford Sierra RS Cosworth comezaba a dar problemas, polo que no segundo paso por Ferrol - Ferrol deixábase máis de 34 segundos con respecto ao seu perseguidor na xeral do rali. E no seguinte tramo, sufría unha saída de estrada que o facía abandonar. Unha mágoa, xa que o de Mazaricos estaba a marcar un ritmo inalcanzable con unha pilotaxe espectacular.

Tras o abandono de Grille, Alonso situábase lider do rali con máis de 36 segundos sobre Vallejo e case 57 sobre Costoya, posicións que no último tramo no variarían. Pero Costoya víase na obriga de abandonar no último enlace, polo que a terceira praza final sería para Antonio Sáinz.

  Novas relacionadas

Fonte

Comentarios