![ivan-villaverde-basket-xiria]()
Iván Villaverde lleva xa varios anos como entrenador axudante do primeiro equipo masculino do Calvo Basket Xiria
A vindeira tempada,
Iván Villaverde Cores - nado en Carbalo no ano 1992 - será o entrenador do equipo senior Calvo Basket Xiria que disputará na Primeira División. Villaverde pasou os últimos anos como entrenador axudante do primeiro equipo masculino, dous con Basilio Pampín e o último xunto a Arturo Ferraces. A súa experiencia e a súa formación como entrenador superior pola Federación Española de Baloncesto e axudante da selección galega de alevín levaron ao clube a darlle a dirección do primeiro equipo.
Iván Villaverde desempeña tamén a labor de entrenador do equipo cadete da liga galega de CB Artai, posto que compatibilizará co novo cargo.
Traxectoria
Con 16 anos, aló polo ano 2006, Iván Villaverde comezou a entrenan nos equipos benxamíns do Artai. Na tempada 2008-2009 curso o seu primeiro curso como entrenador despois do cal viñeron os consecuentes títulos; no 2011 acadou o de entrenador de Nivel 1, no 2013 o de entrenador de Nivel 2 e xa no 2014 o de entrenador Superior.
Na súa traxectoria, destaca que foi o 2º entrenador da selección galega de alevín masculina durante as tempadas 2015-2016 e 2016-2017. Catro anos como entrenador dos equipos infantís e outros catro na categoría de cadetes. E tamén estivo tres anos como 2º entrenador da primeira nacional.
I Copa Bergantiños
![Copa Bergatinos de Basket]()
Foto de familia da Copa Bergatiños de Basket
Na xornada do sábado disputáronse as fases finais da Copa Bergantiños 2017, por segundo ano e as dúas veces en Carballo. Nun pabellón ateigado de público disputáronse un total de nove partidos, con nove equipos participantes. A vitoria recaeu nos dous equipos de Artai, tanto en categoría mini como premini, vencendo en ambas finais aos equipos das Escolas de Ponteceso. No acto de entrega de medallas e trofeos estiveron presentes representantes dos equipos participantes, así como o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e Saray Fornos, por parte da Delegación Coruñesa de Baloncesto.
COPA BERGANTIÑOS PREMINI
RESULTADOS
Semifinal 1-CB Artai, 59-EB Xiria, 32
Semifinal 2-Escolas Ponteceso, 55-EMBAL, 17
3º e 4º posto: EB Xiria-48-EMBAL, 29
Final: CB Artai, 55-Escolas Ponteceso, 13
Campión: CB Artai
COPA BERGANTIÑOS MINI
RESULTADOS
Previa: EB Xiria, 39-CEIP Labarta Pouse, 40
Semifinal 1-CB Artai B, 67-EMBAL B, 41
Semifinal 2-Escolas Ponteceso, 71-CEIP Labarta Pouse, 30
3º e 4º posto: EB Xiria-25-EMBAL, 60
Final: CB Artai, 50-Escolas Ponteceso, 26
Campión: CB Artai B
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Escola Basket Xiria