Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Javi Antelo: de Camariñas á Ponte buscando un ascenso

Javi Antelo: de Camariñas á Ponte buscando un ascenso
A súa zurda sembra o pánico nos campos de 3ª Galicia. Xa vai sendo coñecido a pesar da súa xuventude. Da canteira do Camariñas, cun paso fugaz polo Dumbría de Liga Galega, e volta ó Camariñas para recalar este ano no Porteño. Javi Antelo é un dos grandes talentos ocultos na 3ª categoría, que ven a dar un salto de calidade a un Porteño, que o ano pasado se quedou a un paso do ascenso e que o vai a intentar este ano de novo. QPC - Este ano movécheste para a Ponte do Porto. O equipo fixo boas incorporacións e nos últimos partidos está a demostrar o seu potencial, tras esas vitorias ante Castriz e Castrelo. Si, temos un bo equipiño. A nosa defensa especialmente é moi dura e contundente, que para os partidos na casa sobre todo é moi importante. Estamos encaixando poucos goles e iso da vitorias. Entre as incorporacións, a de Roi Carril foi moi importante para o equipo, e xunto cos xogadores que xa había facemos un conxunto moi bo. QPC - O outro día fostes xogar cun enrachado Castrelo e trouxestes unha importante vitoria. Pois foi un partido que nos saíu todo de cara. Nada máis empezar puxémonos por diante cun gol de Vicente nos dez primeiros minutos, e a partir de ahí soubemos aguantar ben o partido. Aínda fallamos algunha ocasión clara e ó final levamos os puntos. Eles son un equipo que defende ben e busca as contras pero controlámolos ben. QPC - Tradicionalmente o Porteño sempre foi un durísimo rival na Grixa. Ese campo ten algo especial que o fai temible para os adversarios. Basearedes nel as vosas posibilidades de ascenso? Na Grixa temos claro que somos moi fortes. Espero que na Ponte non perdamos partido. Creo que temos equipo suficiente para loitar por todo e basándonos na nosa fortaleza na casa. O Porteño na Grixa sempre foi un equipo difícil de ganar. QPC - Por que un xogador do teu nivel busca acomodo na 3ª Galicia? Non te ves noutras categorías? Pois por motivos de traballo, que me impide adestrar con regularidade, pois non me podo comprometer a estar nun equipo doutro nivel no que se necesite máis esixencia. E antes de estar parado, pois o Porteño é un bo sitio para xogar. QPC - Coa rivalidade que hai entre Camariñas e Porteño, ese cambio de equipo tivo que ser moi comentado no pobo, non? Pois a miña traxectoria no Camariñas estivo ben, pero de vez en cando hai que cambiar de aires, non? Evitando polémicas, e con contestacións directas, tal e como é o seu fútbol, Javi Antelo dará que falar este ano na 3ª, a bo seguro. Ese golpeo de zurda rezuma calidade

Comentarios