José Manuel Lema Lema deixou na casa o Campionato de Pesca en roca de Camariñas
19:41 05/03/17
Tres primeiros clasificados do IX Campeonato de Pesca Camarinas
Novo éxito da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas con eses IX Campionato de pesca en roca de Camariñas, que tivo lugar o pasado sábado. Voluntarios de Protección Civil, Cofradía de Pescadores (por deixarnos a lonxa), patrocinadores, afederación de pesca e o concello fixeron posible este certame que deixou boas capturas.
A mellor captura, de feito, foi para o local José Manuel Lema Lema, que levou o primeiro premio. Andrés Romero Vázquez (Noia) levou o 2º premio, por diante do tamén camariñán Francisco Baña Mouzo. Por detrás quedaron Ramón Rodríguez Romero (Baio), Agustín Martínez Negreira (A Coruña), e José Remuiñán Mosquera (A Coruña).
Premiados IX Campeonato de Pesca CamariñasFonte
- Redacción de QPC ([email protected]).