Liga da Costa: Resurrection festival
10:33 16/01/17
Parafraseando a famosa reunión musical de Viveiro, a Liga da Costa entrou no 2017 coa mellora notable de varios clubes que entraran nel con problemas; os mellores exemplos, Cee, Buño ou Ponteceso
O Louro prantexou problemas en Corme - Foto: Fin Lema
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Unión Club Cee 3-0 Coristanco
Campo: San Paio de Refoxos
Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Julito (Jose m.64=, Aitor, Esteban, Trillo, Carlos Leis, Leo (Alexandro m.73), Javi (Llanero m.71) e Martín
Coristanco: Brais, Mato, Javi, Pazos, Gonzalo, Iván (Añón m.57), Jorge Lorenzo, Damián (Rubén m.46), Samuel, Marcos Corral e Samu (Gus m.46)
Árbitro: Martínez Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Javi e Carlos Leis do Cee; Gonzalo, Gus e Rubén do Coristanco
Goles: 1-0 m.9 Martín; 2-0 m.18 Martín; 3-0 m.90 Esteban
Unión 2.0
Prosigue a boa imaxe que desde que comezou o ano leva dando o Unión Club Cee, que non só ven de aumentar a súa fiabilidade defensiva, senón que tamén lle puxo punto final ao seu déficit goleador, que lle tiña deixado en postos de descenso. Os branquiazuis deron boa conta dun Coristanco irregular e que pagou a súa mala primeira metade. O gran protagonista do primeiro acto foi un Martín omnipresente na xeración de xogo, e tamén chave na finalización. Dúas incorporación súas chegando con poderío puxeron o partido moi a favor para os ceenses, que ben puderon ter aumentado a conta. Variou notablemente o panorama nunha reanudación arriscada por parte coristanquesa, e con premio en forma de dominio e opcións de reabrir a cita. Só a falta de puntería impediuno. Esteban, co tempo case cumprido, fixo o terceiro ao culminar unha gran acción colectiva.
Corme 4-1 Monte Louro
Corme e Louro deixaron fútbol ofensivo - Foto: Fin Lema
Campo: O Cairo
Corme: Jose, Jesús (Martín m.46), Alejandro, Pandi, Toniño, Eloy, Diego, Adrián Doldán (Brais Torrado m.65), Alejo, Lucas e Brais Corral (Jose m.78)
Monte Louro: Iago, Pablo (César m.57), Pedro, Manolo Chouza, Jose Ángel (Joaquín m.76), Yeray, Riki, Juan de Selia (Banana m.68), Gabriel (Luis m.85), David e Geiko
Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Expulsou a Luis, do Monte Louro (m.88). Amonestou a Jesús, Alejandro, Alejo e Diego do Corme; Juan de Selia e Riki do Monte Louro
Goles: 1-0 m.5 Diego; 1-1 m.26 Geiko, de penalti; 2-1 m.36 Alejo, de penalti; 3-1 m.53 Toniño; 4-1 m.55 Alejo
Non foi sinxelo para o líder
Unha hora tardou o líder Corme en encarrilar o seu compromiso ante un Monte Louro que, como se agardaba, foi moi perigoso nun intercambio entre conxuntos ofensivos. Os muradáns estiveron moi ordeados na primeira metade, e saíron sempre con perigo. Abriría o marcador o local Diego, tras unha excelente xogada grupal, e nunha posición protestada polos visitantes por fóra de xogo. Dominador, o Corme non atopaba demasiados espazos na resistencia visitante, e buscaba sempre o balón ás costas da defensa. Houbo empate e devolución pola mesma vía, de penalti por man, antes do intermedio. Tivo que ser o talento o que resolvera a tarde a prol dos locais. Un gran pase de Lucas deixou a Toniño só diante de Iago para facer e terceiro, mentres que Alejo cunha gran volea selaba o cuarto. As catro baixas de titulares habituais non impediron que o Louro deixase unha gran imaxe.
Corcubión 3-1 Castriz
Campo: Cubaleiro
Corcubión: Abe, Adri, Jesús (Senra m.75), Pablo, Jose Ángel, Mario Suárez (Mario Atan m.71), Sebas, Gabi (Roi m.48), Luis Lojo (Xabi m.79), Lema e Rama (Tito m.60)
Castriz: Herrera, Carlos, Raúl, Álex, Steven (Kevin m.75), Nakata (Adrián m.65), Matías, Luis (Landeira m.46), Iván e Mata (Roberto m.60)
Árbitro: Fraga Viñuelas (A Coruña). Amonestou a Jesús, Sebas, Emilio, Pablo e Tito do Corcubión; Steven, Carlos e Mata do Castrz
Goles: 1-0 m.15 Rama; 2-0 m.21 Lema, de penalti; 3-0 m.46 Lema; 3-1 m.90 Roberto
Confianza en vena
Un Corcubión necesitado de puntos recuperou a súa mellor imaxe co gallo da difícil visita do Castriz a Cubaleiro. Os branquiazuis foron superiores e acadaron un xusto e chave triunfo. Foron os primeiros corenta e cinco minutos os cimientos do éxito, cun plan intelixente de repliegue e saída e unha producción alta de oportunidades e acerto. Foi un Rama non momento estelar o que empezou a decidir a tarde, tras aproveitar un rexeite a tiro de Lema e un erro defensivo. Seis minutos tardaría Lema en aumentar a conta, tras aproveitar un penalti cometido sobre el mesmo, inocente por parte xalleira. Tería o terceiro o Corcubión antes do intermedio, pero Rama veu como lle sacaban o balón na línea. Resarciríase á volta de vestiarios cun disparo forte e axustado que prácticamente sentenciaba o encontro, aínda que habería tempo para que Abe detivese un penalti, e tamén para que o Castriz o tentase colgando balóns. Roberto, xa co tempo cumprido, aproveitou un balón no área para facer o tanto da honra.
Porteño 2-6 Buño
Porteño e Buño asinaron oito goles en A Grixa - Foto: CF Porteño
O Buño vive un gran momento - Foto: CF Porteño
Campo: A Grixa
Porteño: Martín, Pejo, Adrián, Cousillas (Manu m.82), Wii (Jorgito m.60), Mario Toja (Manuel m.74), Marcos, Xoel, Isma, Roi e Rodrigo (Cachi m.64)
Buño: Toni, Jordan, Pablo Canedo, Eloy, Dimitri, Jorge Calvete, Dani Calvete, Juan Antelo (Mario m.71), Fran (Aitor m.84), Alexander e Adrián
Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Amonestou a Adrián, Roi e Marcos do Porteño
Goles: 0-1 m.7 Juan Antelo; 1-1 m.18 Wii; 1-2 m.29 Adrián; 1-3 m.43 Adrián; 2-3 m.48 Marcos; 2-4 m.61 Alexander; 2-5 m.88 Jorge Calvete; 2-6 m.90 Jordan
Penitencia e catarsis
Goleada das que marcan, aínda que excesiva, do Buño na súa visita á Ponte do Porto. Dous rivais directos saíron do cruce con sensacións ben diferentes, e no caso dos locais despois de caer tamén na casa no derbi ante o Camariñas. Foi a primeira metade especialmente divertida para os presentes, cun regalo en forma de golazo pola escuadra de Juan Antelo, na execución dun libre directo apto para galería de YouTube. Igualaría pouco despois Wii, nun remate no que os oleiros pediron man. Sería letal o conxunto de Mauro nos contragolpes, cunha figura decisiva en Adrián. O atacante selou o 1-2 nunha protestada acción (por suposto fóra de xogo) por parte da parroquia local. O 1-3 chegaría tras finalizar unha boa acción desde segunda línea. Decidiu optar pola ofensiva total o Porteño á volta de vestiarios, e Marcos acurtou distancias moi cedo nunha acción ante Toni. Eran os mellores minutos locais, con acoso e intensidade, e tamén xeración de oportunidades. Incluso reclamaron unha penalti máxima por derribo fronte a Toni. Non obstante, a forma na que o Buño prácticamente pechou a tarde supuxo un mazazo á reacción do Porteño: unha chilena digna de optar ao Premio Puskas. Seguiría o guión de acoso por parte local con balóns a Roi e Pejo, pero sería o Buño o que en dúas contras compretase un marcador de escándalo.
Cerqueda 1-0 Camariñas
Bo triunfo do Cerqueda - Foto: UD Cerqueda
Campo: Xaviña (Buño)
Cerqueda: Richard, Bastón (Sergio m.85), Dani, Uru, Javi Pazos, Cholo, Míchel, Adrián, Lorenzo, Eloy (Moha m.75) e Méndez (Athu m.80)
Camariñas: Pablo Novo, Pablo Mouzo, Sergi (Álex m.46), Kevin (Joseba m.78), Rodri, David, Javi Antelo, Dani (Moriño m.59), Pablo Suárez (Brais m.31), Maikel e Nazo
Árbitro: Ramos López (A Coruña). Amonestou a Dani, Cholo, Lorenzo do Cerqueda; Sergi, Pablo Mouzo, Pablo Novo e Javi Antelo do Camariñas
Gol: 1-0 m.44 Méndez
Acerto psicolóxico
Levou un igualado enfrontamento a Unión Deportiva Cerqueda fronte a un Camariñas que sigue a amosar o mellor e o peor non só nun mesmo partido, senón tamén durante unha tempada na que por momentos deu a sensación de ter recursos para loitar por algo máis. A baixa de Soule, nova fichaxe do Dumbría, deixa tocado a un equipo que xoga e quere xogar, pero que non acaba de resolver os seus compromisos. Non houbo demasiado durante unha primeira metade de centrocampismo, e na que só un remate de Nazo detido por Richard e unha parada de Pablo a Lorenzo levaron emoción ás gradas. Resultou chave o momento do gol local, pouco antes do descanso e nun balón centrado para Méndez no que Pablo quedou a media saída. O atacante finalizou en posición acrobática. Cun plantel moi novo, e tódalas virtudes e problemas desa realidade, quixo reaccionar o Camariñas durante a segunda metade. Replegaron os locais para tentar buscar as contras, e concederon moi pouco. Os visitantes protestaron varias sinalizacións de faltas en ataque, con opción de perigo á vista.
Laxe 2-2 Esteirana
Campo: Cabo D'Area
Laxe: Jacobo, Martín (Bras m.46), Gora, Jacinto, Aarón, Saleta, Borja, Javi (Carrabete m.46), Miguel Varela (Rafa m.75), Aless e Pedro (Felipe m.46)
Esteirana: Roberto, Rafa, Martín, Alejandro (Brais m.76), Manu (Iker m.86), Eloy Campos, Codesido, Damián Suizo, Tobío, Pablo Rama e Jaime
Árbitro: Guerra Domínguez (A Coruña). Amonestou a Felipe, Saleta e Gora do Laxe; Codesido, Alejandro e Damián Suizo da Esteirana
Goles: 0-1 m.5 Manu; 1-1 m.33 Miguel Varela; 1-2 m.46 Manu; 2-2 m.65 Carrabete
Un punto de inflexión
O Laxe logrou igualar ata en dúas ocasións un partido que se lle puxera moi costa arriba fronte á Esteirana. Os bergantiñáns, que viñan nunha dinámica extremadamente negativa, foron dominadores por momentos en Cabo D'Area, e mesmo tiveron oportunidades para levar os tres puntos, ante un rival moi xove e que cometou algún desaxuste froito desa inexperiencia. Saleta e Gora tiveron os tres puntos nas súas pernas, pero pecaron de falta de pegada. Foi posiblemente a tarde máis completa do Laxe desde comezo de tempada, aínda que a Esteirana tamén desfrutou de oportunidades para lograr algo máis.
Baíñas 2-2 Baio
Campo: Municipal de Vimianzo
Baíñas: Maikel, Damián, Braulio, Héctor, Jose, Eloy, Víctor, Canay, Pablo Muñiño, Felipe e Cristian
Baio: Diego, Isaac, Porto (Martín m.65), Norberto, Luis, Fachal, Mario, Rubio, Santi Díaz, Javi Suárez e Martín MC
Árbitro: Dacal López (A Coruña). Expulsou a Norberto, do Baio (m.90). Amonestou a Jose, Víctor e Eloy do Baíñas; Norberto, Porto do Baio
Goles: 0-1 m.31 Javi Suárez; 1-1 m.53 Braulio; 2-1 m.65 Pablo Muíño; 2-2 m.75 Braulio, en propia meta
Un derbi sobre aviso
O Baio deixouse dous puntos na carreira co Corme, tras igualar ante o Baíñas nun derbi que de anteman xa se intuía difícil. Mesmo a piques estivod e deixarse todo no Municipal de Vimianzo, ante un rival que ofreceu a mellor versión do curso. Foron os de Pedro Gómez os que desfrutaron das mellores oportunidades no primeiro acto, cun córner de MC que bateu no longueiro, e un novo remate do punta en boca de gol que marchou fóra. Si acertou Javi Suárez, tras un pase en profundidade de Rubio. Foi fundamental o inicio da segunda metade, cun bo gol de Braulio e unha tentativa de resposta baiesa un minuto despois, que sacaría sobre a línea a zaga do Baíñas. E en medio dun partido de ida e volta e apaixoante tirou de clase e de pegada o local Pablo Muíño para facer o segundo, nun remate marca da casa. E cando acariciaba a machada o equipo da Vila do Castelo, cunha resisitencia moi ordeada e boas maneiras, un disparo de MC que se envenenou tras tocar en Braulio minimizou o seu premio. Apretaría o Baio de aí ao final, e neses minutos xurdiría a figura de Maikel, decisivo en varias intervencións.
San Lorenzo 4-3 Malpica
Campo: As Pedreiras
San Lorenzo: Javi Souto, Samuel (Diego Varela m.68), Kevin, Rudi, Juanjo, Álex Taibo, Rubén Varela, Iván Parafita, Juni (Dani Rey m.86), Fuentefría (Anxo m.75) e Dani Pena (Adrián Varela m.80)
Malpica: Brais, Cristian, Pensado (Álex m.65), Mario, Alberto, Isma, Eloy, Brais Ortíz (Petís m.70), Cololo (Pablo Rey m.43), Leilán e Iván
Árbitro: Carro Moreira (A Coruña). Amonestou a Juanjo, Rubén Varela, Diego e Adrián Varela do San Lorenzo; Cololo, Álex Márquez do Malpica
Goles: 1-0 m.17 Iván Parafita; 2-0 m.43 Álex Taibo; 2-1 m.59 Isma; 2-2 m.61 Iván; 3-2 m.69 Dani Pena; 4-2 m.73 Juni; 4-3 m.90 Álex
Éxito antes do desafío
Vitoria fundamental para o San Lorenzo de Verdillo, unha semana antes de medirse ao Baio nun partido que debe marcar hacia onde irán os carballeses esta campaña. Dominaron na visita dun rival experimentado e que por características adaptáronse ao que pedía o campo. Os malpicáns chegarían por arreóns e sobre todo a balón parado. Empezou a inclinar o partido o gol de Parafita á saída dun córner, así como o psicolóxico de Álex Taibo, cun disparo desde vinte metros, que ademais produxo unha recomposición do equipo por parte de Repi. En cuestión de dous minutos, unha vez reanudado o choque, o Malpica atopou a igualada e reseteou o choque. Iván recuperou para que Isma, con clase, fixera o primeiro. E pouco despois serían Iván, tras varios rexeites, o autor do 2-2. Non variou demasiado o guión, e o San Lorenzo non toleou. Atopou o premio a esa paciencia a falta de vinte minutos, nun centro de Rubén con deixada de Fuentefría para Dani Pena. A sentencia sería moi protestada polo Malpica, que reclamou fóra de xogo de Juni nunha contra. Ademais, os visitantes pediron mans de Rudi no área e outro penalti máis.
Ponteceso 1-0 Mazaricos
Campo: O Pinguel
Ponteceso: Xurxo, Youssef, Matías, Nando, Alberto Recarey, Dieguito, Yago (Martín Puente m.88), Javi, Mendieta, Mara (Juanma m.64) (Cotelo m.86) e Charly
Mazaricos: Miguel, Xabi (Esteban m.46), Brais (Dani Martínez m.62), Matías, Martín (Manuel Luis m.80), David, Ricardo, Molinos, Chenel, Estéfano e Pereiro
Árbitro: García Gómez (A Coruña). Amonestou a Dieguito e Cotelo do Ponteceso; Molinos, Martín, Dani Martínez e Pereiro do Mazaricos
Goles: 1-0 m.60 Mendieta
Un máis para a festa… e tributo a Brais
Tres puntos desde o corazón e a humanidade. Tres puntos para o desaparecido e xa eterno Brais. O Ponteceso presentou oficialmente a súa entrada nas primarias ao título tras vencer a un Mazaricos que viña precisamente de facer o propio a semana pasada, e que esta vez foi moi inferior no Pinguel a un equipo enchufadísimo e que pasa polo mellor momento do curso. Os de Barca dominaron o balón durante os noventa minutos, aínda que sen desfrutar de demasiadas oportunidades de perigo. A acción que desequilibrou o choque contou coa colaboración do meta Miguel, nun disparo de Mendieta con exceso de vista e confianza en que marchara por enriba do longueiro. O esférico acabou por convertirse no tanto da vitoria, do retorno do Ponteceso á terna e da confirmación do momento de forma dos brancos. A diferencia pudo ter medrado a falta de dez minutos, nun penalti a prol pontecesán no que Recarey executou ao medio e Miguel resarciuse do seu erro sacando cos pes. O Mazaricos tentou apretar de aí ao final. Pero xa hai un novo invitado a unha festa que promete ser emocionante.
Así foi o gol de Mendieta:
[fbvideo link="https://www.facebook.com/pontecesosd/videos/1909475349284535/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]