Ligas Galegas: Tarde de alta escola no Conco
09:19 06/10/15
Huelvis dirixe aos Cadetes do Dumbria-Foto-Facebook JP
Intensa e feliz a tarde do sábado no Conco con dous partidos de ligas autonómicas de primeiro nivel, que remataron con doble alegría.
Os xuvenís de Liga Galega aputan xa á Liga Nacional, pois comandan a táboa despois de golear o que chegaba de líder ata o momento. Pola súa banda, os cadetes sumaban a primeira vitoria na máxima categoría e toman un bo respiro confirmando as boas sensacións das primeiras xornadas.
Liga Galega Xuvenil, xornada 3
Dumbría - O Val (4-0)
- Dumbría: Bruno, Roberto, Jose Miguel, Canario, Pablo, Yeray, Mauro, Edu, Maikel, Juan de Dora e Javi. Tamén xogaron: Marcos Mouro. Jacobo. Borja. Eloy e Isma.
- Goles: 1-0, m.3: Juan de Dora tras unha boa xogada de Javi e Maikel; 2-0, m.31: Edu; 3-0, m.42: Javi noutra contra rápida; 4-0, m.70: Pablo Paz a pase de Javi.
División de Honra Cadete, xornada 3
Dumbría - Bora (1-0)
- Dumbría: Juan Berdullas; Esteban (Brais Rey, m.75), Josiño, Luís Mayán, Erre (Juan Álvarez, m.60); Fabio, Carlos, Adrián, Martín (Fran Moreira, m.70), Mario ( Brais Tajes, m.54) e Brandón.
- Gol: 1-0, m.67: Brais Tajes, recolle un pase atrás de Carlos, pola dereita, e desde unha posición escorada marca de potente dereitazo
Crónicas das Ligas Autonómicas
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Unha xornada de baixa.
- 2ª Autonómica: Cando a vida está por riba de todo.
- 1ª Autonómica: 6 minutos de acerto.
- Preferente: Pechando a táboa.
- Unha xornada marcada por un grave susto.
Conversas co Mito
- Conversas I: “A frase, cando facía os trocos, era ‘Manolín toleou’, e case sempre gañaba”.
- Conversas II: “Vexo cousas no Real Madrid ou no Barcelona que xa as facía eu”.
- Manolín anuncia á súa retirada do Fútbol da Costa.
Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).