domingo. 15.12.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Un liderado con vitoria frouxa e un empate con xogo bonito

Ligas Galegas: Un liderado con vitoria frouxa e un empate con xogo bonito
Marcos Mouro e Juan de Dora dous dos alicerces do Dumbria Xuvenil Marcos Mouro e Juan de Dora dous dos alicerces do Dumbría Xuvenil Mal partido, bo resultado e máis liderado para os Xuvenís do Dumbría. Mentres, os Cadetes fixeron un partidazo pero non pasaron do empate. Boas sensacións nos dous equipos costeiros nas ligas Autonómicas.

Liga Galega Xuvenil, xornada 8

  • Resultado: Orillamar - Dumbría (2-3)
  • Dumbría: Bruno, Jacobo, Jose Miguel, Pablo, Canario, Yeray, Mauro, Edu, Maikel, Marcos Mouro e Juan de Dora. Tamén xogaron Eloy, Borja, Carlos (cadete), Raúl e Adrian (cadete)
  • Goles: 1-0, m.30; 1-1, m.34: Juan de Dora; 2-1, m.48; 2-2, m.71: Mauro; 2-3, m.88: Carlos de penalti cometido por Juan de Dora.
Tardou en espertar pero a tempo para manter o liderado Non lle sentou ben ao Dumbría xogar de mañá. O equipo saíu ao campo mal, na primeira parte nunca se sentiu ben e o Orillamar foi superior. Adiantouse no marcador e tivo varias ocasións para facer o segundo e só o bo traballo de Pablo e Canario acompañados por un sempre seguro Bruno o impediu. A única boa xogada dos da Costa foi un impresionante pase de Mauro a Maikel que o deixou só ante o porteiro rival e cediulla a Juan de Dora para empatar (xa leva 8 goles en 8 partidos o bravo loureán). Tras o descanso o equipo saíu máis enchufado pero a primeira ocasión do Orillamar supuxo o 2-1. Diego Lobelos respondeu con 3 cambios e troco de sistema arriscando para ir a polo partido. A entrada de Eloy, Borja e o cadete Carlos cambiou a cara do equipo que empezou a chegar con perigo e bo xogo á área rival. Mauro fixo o empate e Juan de Dora creaba unha e outra vez perigo. Outro cadete, Adrián Canosa, ingresaría no campo para axudar na creacion de xogo e no último suspiro un claro agarrán a Juan de Dora dentro da área visto polo árbitro converteuse no penalti que serviu para o 2-3. Carlos, cadete que debutaba, asumiu a responsabilidade de lanzalo e non lle tremeu o pulso. Disparo forte e gol do triunfo.  

División de Honra Cadete, xornada 8

  • Resultado: Dumbría - Victoria (0-0)
  • Dumbría: Juan, Ayoze, Josiño, Luís Mayán, Erre, Brais Fdez., Fabio, Martín, Carlos, Adrián e Brandon. Tamén xogaron: Juan Álvarez, Fran Moreira, Luís Lojo e Tajes.
Partidazo do Dumbría sen premio Ofensivamente, aínda que non marcaron, puido ser o mellor partido da tempada. Ata 8 ocasións claras xeraron os de Huelvis pero Bandron, Martín, Carlos, Fabi, e Adrián -que mesmo fallou un penalti- non puideron coa figura do partido, o porteiro herculino, que estivo impresionante. No segundo tempo, houbo menos ocasións, pero Brandon, Carlos e Tajes tamén puideron marcar. O choque foi de dominio total dos locais, presionando ben arriba, e anulando ben o potencial ofensivo do Victoria, que recoñecían que non mereceran o premio dun punto. Segue habendo moi boas sensacións neste equipo e Huelvis segue moi orgulloso do equipo polo que toca intentar sumar en Pontevedra. O equipo está na zona media, con 9 puntos, e en apenas 3 puntos hai ata 9 equipos, polo que en dous partidos podes pasar do 6º ao 14º posto. Hai tanta igualdade e hai que sumar continuamente para non meterse en leas.  

Crónicas das Ligas Autonómicas

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios