Martes. 13.04.2021
El tiempo

Ligas Galegas: Un punto tremendamente emotivo

Ligas Galegas: Un punto tremendamente emotivo
O Vilalbes adicou a vitoria ao falecido Jorge O Vilalbes adicou a vitoria ao falecido Jorge

Xogaban os xuvenís Dumbría en Vilalba un dos encontros máis emotivos que recordan os seus futbolistas. O falecemento dun rapaz do Vilalbés convertía o partido nunha homenaxe, que demostrou a solidariedade de todos.

Pola súa banda, os Cadetes seguen competindo ben ante todos.

 

Liga Galega Xuvenil, xornada 28

  • Resultado: Racing Vilalbés – Dumbría (1-1)
  • Dumbría: Iván Baña, Pablo, Marcos Mouro, Canario, Jose Miguel, Yeray, Mauro, Gabi, Edu, Juan de Dora e Maikel. Tamén xogaron: Eloy, Borja, Isma, Toja e Abuelo.
  • Goles: 1-0, m.19: nun córner; 1-1, m.35: José Migue.

Emoción

Primeiro partido do líder, o Racing Vilalbés, tras o triste falecemento dun dos seus xogadores. Foi un dia moi emotivo e intenso para a expedicion do Dumbria, que tiña en fronte a un líder xogando no seu campo ante mais de 600 personas cunha gran motivación, pois loxicamente querian dedicarlle o triunfo o seu compañeiro fallecido.

O terreo de xogo de herba natural tras as choivas estaba impracticable pero os rapaces de Lobelos deron unha gran imaxe a todos os niveles, entrega, competitividade e deportividade. O ambiente era emotivo e dificil para todos, os rapaces do Vilalbés saíron a por todas e foron a polo partido desde o inicio, e trataron de abrir o marcador rápido, lograrono no minuto 19 á saída dun corner, e celebraron ese gol dedicándollo os familiares de Jorge Tato ali presentes e por suposto a el mesmo.

O Dumbría non se deixou levar polo nerviosismo e estirouse para tratar de empatar. Un choque fortuito trouxo a lesion de Marcos Mouro no minuto 30, pequena fractura no tabique nasal, e a pesar dos inconvintes o Dumbría continuou firme e logrou uns minutos despois por medio de Jose Miguel o empate. Tras o descanso a grada empuxou aínda máis aos locais que buscaban sobre todo con accións a balón parado o gol do triunfo, os de Lobelos saian a contra sempre con moito perigo e a punto estiveron de concretar algunha. Os últimos minutos foi un acoso a balón parado, o arbitro quizas algo condicionado decretaba unha e outra vez faltas en contra que o Vilalbés colgaba á área pero os bravos rapaces do Dumbría sacáronas sempre con seguridade. Reparto xusto de puntos.

A plantilla o completo do Dumbría o rematar o partido pasaron a saudar a familia do rapaz falecido, un xesto moi aplaudido pola moita xente alí presente. O equipo dumbriés ten que agradecer o trato recibido pola directiva e corpo tecnico do Racing Vilalbés que sobre todo tras a lesión de Marcos estuveron en todo momento pendente do rapaz e incluso horas despois se interesaron polo seu estado. Marcos Mouro foi atendido no campo por un médico (José Rey, pai dun xogador do Vilalbés) e ao final do partido pasou pola Rosaleda en Santiago onde lle prestaron atencion e lle dixeron que era unha pequena fractura no tabique nasal.

 

División de Honra Cadete, xornada 30

  • Resultado: Coruxo - Dumbría (3-1)
  • Dumbría: Isma, Esteban, Ayoze, Luís Mayán, Josiño, Berto, Matín, Fabio, Mario e Fran Moreira. Tamén xogaron: Tajes, Lojo e Jonathan.
  • Goles: 1-0, m.25; 2-0, m.32; 2-1, m.47: Fran Moreira; 3-1, m.84: nunha contra.

Puido a pegada do Coruxo

Un empate tería sido máis xusto tralo visto no partido, pero a eficacia do Coruxo foi demasiado para os de Huelvis. O Dumbría comezou moi ben, roubando en campo contrario e facendo boas chegadas, pero Fabio e Fran Moirera non acertaron. Apenas chegaran ata o m.20 os locais, e aí, buscando xa máis balóns longos, chegaba o 1-0 froito da calidade da dianteira. Fixo dano ese tanto, e nunha contra marcaron o segundo.

Tralo descanso, os rapaces reaccionaron e saíron dende o minuto 41. Fabio tirou só diante do porteiro, e Fran Moreira meteu cun golazo ao Dumbría no partido. A partir de aí, control dumbriés e con 3 ocasións claras, unha na cabeza de Ayoze, outra de Ayoze que parou o porteiro e un tiro de Fabio que tamén rexeitou o meta local. Cando estaban volcados os dumbrieses, unha contra sentenciou en posible fóra de xogo.

Cómpre destacar o debut doutro infantil, Berto, que compartiu campo con Moi e 5 cadetes de primeiro ano, o que dá conta da xuventude deste equipo que sufriu a fortaleza da máxima categoría cadete.

 

Crónicas das Ligas Autonómicas

Máis información

Fonte

comentarios