Luís Porto a Tino Chouciño: In Memorian

10:46 22/09/16

Ángel Celestino Chouciño Chouciño (Tino), Malpica 1954/2016
O entrañable amigo e compañeiro Tino, deixounos definitivamente ata o fin dos séculos fai uns días. E deixounos da maneira mais sorprendente, da forma que todos queremos facelo, sen sufrimento, pero non aos 61 anos senón aos 90 ou aos 100 anos. Isto foi algo que, quen o coñecíamos e o tratabamos, aínda non o asumimos de todo pois vémolo no pensamento no seu despacho do Concello, pola rúa ou polo campo de fútbol da “Pedra Queimada” a onde ía coa súa dona e os seus fillos todos os domingos animar ao seu querido clube SCD Malpica.A añorada infancia
Tino, que residiu durante moitos anos na Rúa do Areal, moi pretiño da area (como así coñeciamos de nenos a praia maior de Malpica) contemplaba todos os días pola mañá dende a fiestra da súa habitación, antes de irse para a escola do inesquecible mestre D. Antonio Montero, as ondas do mar dende a zona do Caldeirón ata Canido. Dende moi neno os paseos pola area eran continuos dende o verán ao inverno, sobre todo os fins de semana e os festivos que non había escola, era o que nos avisaba ao resto dos rapaces cando había marea baixa para xogar os clásicos partidos de fútbol na area. Rapaz tranquilo, discreto e non dado nunca a discusións nin a malos modos.A lembranza da adolescencia
Continuando o seu andar e sempre dentro da súa rigorosa tranquilidade e boas maneiras, prestándose sempre a colaborar con actividades de calquera ámbito que se crearan no pobo, chegamos a finais dos 60 e comezo dos 70, na que se formou o “coro parroquial” sendo Tino un dos catro primeiros fundadores, composto por: Carlos Fidalgo, Juan Manuel Racedo, Luís E. Porto e A. Celestino Chouciño (Tino). A súa participación durou bastantes anos, ata que pouco a pouco foi aumentando o número de membros e, unha vez constituída xa como “Coral de Malpica”, dentro da máxima cordialidade e discreción que o caracterizaba, decidiuse trocar pola actividade deportiva enrolándose na plantilla da SCD Malpica, equipo de nova creación na “liga da costa” no ano 1.973, iso si, alternando ambos cometidos: “Coral” e “Clube”.A faceta deportiva: “curriculum”:


- Tempada 1984/85, 2ª Rexional: Conséguese amortizar unha débeda de 1.000.000 de pesetas, xerada e arrastrada pola anterior directiva de varias tempadas.
- Tempada 1985/86, 2ª Rexional: Conséguese un superávit de 60.000 Pts.
- Tempada 1986/87, 1ª Rexional: Dun presuposto de 3.155.000 Pts. Conséguese un superávit de 251.467 Pts.
- Tempada 1987/88, 1ª Rexional: Inaugurase a “Tribuna Cuberta” do campo “Pedra Queimada” cuxo custe ascendeu a 2.500.000 Pts. Tino, coa súa encomiable xestión, logra unha subvención da Xunta de Galicia de 1.200.000 Pts. Conseguindo amortizar ao longo da tempada o importe restante, 1.300.000 Pts. Ademais dun superávit da tempada de 40.000 Pts.
- Tempada 1988/89, 1ª Rexional: Dun presuposto de 3.000.000 Pts., finaliza a tempada cun superávit de 115.063 Pts.
A estadía no Concello
Dende a súa entrada como funcionario da administración local no Concello de Malpica hai varias décadas, ocupou varios cargos, ata asentarse definitivamente como Tesoureiro Interventor. A súa honestidade, honradez, amabilidade e discreción foi impecable, soubo aguantar con temple varias corporacións municipais a pesares das trafulcas entre eles; amigo dos amigos e compañeiro dos compañeiros, un exemplo de boa conduta. Era incapaz de negarlle algo a alguén, sempre tiña algún momento para intentar solucionar problemas de veciños e cidadáns por ben complicados que parecesen. En fin amigo Tino, os que te tratamos, sabemos que Deus ten un lugar reservado para ti no Ceo na compaña dos Anxos, que, ti ao fin e cabo tamén eres un deles. Sempre serás recordado durante o tempo que dure a miña vida, uníndome deste xeito á dor da túa dona e dos teus fillos.- Luís E. Porto Varela, xubilado, exfuncionario do ISM e da Intervención Xeral da S. Social. Historiador da SCD Malpica.
Fonte
- Redacción de QPC