Martes. 29.11.2022
El tiempo

Máis de 300 cativos participaron na 1ª Copa Ferroatlántica Costa da Morte de Baloncesto

Máis de 300 cativos participaron na 1ª Copa Ferroatlántica Costa da Morte de Baloncesto

O equipo alevín feminino do Calasancias Coruña e o Xiria Carballo masculino conseguiron facerse onte na súa categoría coa 1ª Copa Ferroatlántica Costa da Morte de Baloncesto. Foi un torneo moi rifado e dunha calidade excepcional polos persoais que participaron, das mellores que compiten na liga comarcal e provincial de Minibasket.

O segundos e terceiros postos en alevín masculino foron para o Baloncesto Ribeira e o Baloncesto Culleredo, quedando nun cuarto lugar o Ferroatlántica Costa da Morte, mentres que na categoría alevín feminino a segunda praza foi para o Baloncesto Xiria Carballo e a terceira para Ferroatlántica Costa da Morte, quedando nun cuarto lugar o Baloncesto Ponteceso.

Boa participación

Máis de 300 persoas, entre xogadores, pais dos deportistas e asistentes, reuníronse onte todo o día no pavillón polideportivo de Cee para gozar desta festa deportiva, xa que logo dos primeiros encontros da mañá organizouse unha comida na que participaron os pais cos seus fillos, e logo dos partidos finalistas continuouse cunha merenda.

Ás sete da tarde realizouse a entrega de premios á que asistiu o director das fábricas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría, Carlos Oliete, patrocinador do evento, quen felicitou aos xogadores e encomiou os pais polo sacrificio que ás veces supón manter aos fillos en actividades deportivas. Oliete tivo tamén palabras de agradecemento para a directiva do AC Baloncesto Costa da Morte pola excelente organización do torneo.

Convenio de colaboración

A celebración da 1ª Copa Ferroatlántica de Minibasket supón o broche de ouro á actividade que ao longo de todo o ano realiza o AC Baloncesto Costa da Morte, sobre todo nas categorías infantil e alevín, tanto masculino como feminino. Esta é unha máis das accións que se incluíron no convenio de colaboración asinado a pasada semana polo presidente do club, José Manuel Soto, e Carlos Oliete, director de Ferroatlántica, co AC Baloncesto Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Ferroatlántica.

comentarios