Mal arranque da Lorena Costa nos campionatos do mundo de Slalom
08:12 19/07/18
O campionato mundial de slalom disputase estes días en Ivrea, Italia e nel participa a padeixeira dumbriesa Lorena Costa Rama
Non tiveron o mellor debut as rapazas xuvenis da Selección Española de Piragüismo nos campionatos do mundo de Slalom que se celebran estes días en Ivrea (Italia) e da que forma parte a deportista dumbriesa Lorena Costa Rama, a tamén galega Ainhoa Lameiro e a vasca Xanet Etxarri.
“Saimos mui nervosas, por unhas cousas ou por outras, cáse que non preparáramos a proba, polo que o resultado foi o que foi”. E o resultado foi o volco dunha das compañeiras da berdeoguesa coa correspondente descalificación do equipo español. “De todas maneiras esa non é a nosa proba. Hoxe competimos a nivel individual, e iso sí que o traballamos bastánte máis” comenta Lorena falando da proba individual de hoxe que tomará a saída ás 10:08 horas portando o dorsal 43, coa intención de colarse entre as semifinalistas.
“A experiencia está sendo fantástica, unha desas que non se esquecen na vida” comenta Lorena sobre a súa participación nestes campionatos que están tendo muito seguimento entre os seus veciños de Dumbría, especialmente na parroquia de Berdeogas, de onde é natural.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-padeixeira-costeira-lorena-costa-rama-participa-coa-seleccion-espanola-nos-campionatos-do-mundo-de-slalom-junior/ “Tres padexeiros dumbrieses ás portas da Selección Nacional” — Que pasa na costa “Lorena Costa fai historia e representará a España nos Campionatos do Mundo de Slalom Junior” — Que pasa na costa Fonte- Redacción QPC ([email protected])