Mala semana para Calvo e Conservas pero grande data para un carballés internacional
Xa que as novas que nos trouxeron os equipos de balonmán da 1ª División Nacional esta fin de semana non son os mellores, centramos a atención nas boas novidades deportivas. E esta semana teñen nome propio, o de David García Pichel, xogador do Calvo Xiria que vén que acadar o 2º posto no Campionato Scandibérico celebrado en Dinamarca coa Selección Española Xuvenil. Un torneo no que participaron os combinados de Suecia, Dinamarca, Noruega, Portugal e Brasil, ademais do español.
O papel de David ademais foi clave para a Selección. 25 tantos en 5 partidos (o máximo goleador da selección xunto a Manuel Iglesias), dan conta do papel importantísimo do carballés. David foi tituar habitual da "roja" e peza fundamental no ataque, como poden comprobar as crónicas na web da Real Federación Española de Balonmán.
Bm. Inzamac Zamora - Balonmán Camariñas (31-24)
- Balonmán Camariñas: Cristian (p), Lalá (p), Víctor (p), Fari (2), Fabián (10), Pombo (1), Borja (3), Moncho (3), Salva (1), Catalán (3), José Ramón, Xabi (5), Perón.
- Calvo Xiria 23 (16+7): Kike[p], Pablo (4, 2 de 7 metros), Ángel (2), Dubra (7), Jesús (3), Manuel (3), Cuco (2) -equipo inicial- Iago[p], Naya [p], Ramón, Sergio (1), Miguel (1), Alex García, Alex Zas.
- Exclusións: aos locais Alex García (14 e 56), Cuco (27 3 44), tamén aos xogadores visitantes Xosé (23), Pablo (37) e David (48)
- Marcador: 3-1, 7-3, 11-5, 13-7, 15-10, 16-12 (descanso); 18-15, 20-17, 21-20, 22-21, 22-22, 23-24. (final).
- Magope Seis do Nadal - Bm. Camariñas: sábado 29 de outubro ás 18:30h no Municipal de Coia.
- Embutidos - Calvo Xiria: sábado 29 de outubro ás 18:30h no Lalín Arena.
- Xornada 3: Conservas e Calvo caen fóra da casa.
- Xornada 2: O Balonmán Camariñas acada a súa primeira vitoria en 1ª e o Calvo Xiria xa está engraxado.
- Xornada 1: O Conservas segue pagando a novatadas e o Calvo ponse freo.
- O Balonmán Camariñas acada a súa primeira vitoria en 1ª e o Calvo Xiria xa está engraxado.
- O Balonmán Camariñas refórzase con vellos coñecidos.
- O Balonmán Camariñas xa ten adestrador para a 1ª Nacional.
- O Conservas Boya competirá en categoría nacional.
- O Balonmán invade a Costa de norte a sur.
- Carballo vive unha febre verde chamada Xiria.
- A bitácora da semana (CIV): O blog Balonmán Camariñas .
- Do Xiria á selección española de promesas.
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas.
- Federación Española de Balonmán.
"Malo, pésimo, paupérrimo". Poucos adxectivos quedan para definir o partido deste sábado do conxunto conserveiro. O Camariñas saíu descentrado e xa lle endosaron un 0-3 de saída, foi recuperando e aguantando o partido ata o descanso, pero tras o intermedio, máis do mesmo, sen intensidade defensiva, sen ideas en ataque e o que é máis grave, non houbo capacidade de reacción na cancha.
A diferenza de equipos non foi tal e como reflicte o marcador, a difencia abismal que marcou a un equipo e outro foi a actitude, pois o Porriño púxoa toda na cancha e o Camariñas durmiuse desde o minuto 1.
Destacar o debut na categoría de Damián, así como o bo traballo en equipo do Porriño.
Segundo apuntan os propios membros do cadro directivo, "debe traballar moito máis este equipo, pois ten calidade, pero lle pode a responsabilidade e a falta de táboas nesta categoría. Pero teñamos presente que superar esa responsabilidade e a experiencia na cancha, pódese conseguir con tres cousas: traballo, traballo e traballo".
Calvo Xiria - Bm. Cisne (23-24)
Derrota pola mínima do Calvo Xiria na 5ª xornada de liga na 1ª Estatal ante un dos equipos máis potentes da categoría. Tras esta derrota os de Carballo alónxanse dos primeiros postos, situándose na sétima posición a 4 puntos da segunda praza.
Comezou o encontro cun Calvo moi enchufado, con moita contundencia e intensidade defensiva e con rápidez e velocidade no ataque, o que propiciu que pronto abrise unha brecha de 4 goles que mantería ata o remate da primeira metade. A boa defensa, unida á actuación de Kike na meta, propiciaba recuperacións de balón que eran convertidas en goles, tanto nos contraataques como no ataque estático. Ao descanso chegábase cun 16-12, 4 goles de renda a prol dos de Carballo que aínda puideron ser máis se non fose por algún que outro contragolpe errado polos de Carballo.
Ata mediada a segunda metade, o encontro seguiu polos mesmos derroteiros, manexando o equipo de Carballo vantaxes de entre 2 e 3 goles, a defensa e a portería seguía funcionando pero o ataque comezaba a tornarse espeso e xurdía o cansancio e apagábanse as ideas, ao contar tan só tres xogadores da primeira liña dispoñibles para todo o encontro, comezaron as perdas de balón e os lanzamentos mal seleccionados o que motivoou a remontada dos pontevedreses que finalmente se levaban o partido, aínda así o Calvo tivo uns segundos a derradeira posesión do encontro que se saldou cun golpe franco a tempo cumplido bastante alonxado e escorado.