![]()
Seleccion da Costa na VIdu Cup
Festa do fútbol base esta pasada fin de semana nos campos de Xaviña e Pedra Queimada. A II Vidú Cup, organizada polo Concello de Malpica e a Asociación Deportiva Vidú euniu a varios dos mellores equipos da nosa comunidade e a dous clubes de renome de Portugal como son o Chaves e o Vitória de Guimarães. Ademais, había unha atención especial pola presencia da Selección sub15 da Costa.
Unha Selección da Costa que fixo un gran torneo e competiu moi ben en todos os seus encontros salvo neste último, no que acusou o cansazo acumulado durante toda a competición.
Finalmente o campión foi o RC Deportivo, que venceu nunha fermosa final ao Pontevedra.
![RC Deportivo Campion da Vidu CUP]()
RC Deportivo Campion da Vidu CUP
Trofeos individuais
![]()
Antón Cambeiro, MVP da final
ODeportivo practicamente copou todos os trofeos xa que os seus gardametas Hugo Lemos e Hugo Ríos levaron o trofeo ao menos batido, o adestrador deportivista Rubén Domínguez levouse o de mellor entrenador, Álvaro Pérez foi escollido coma o MVP da final e o talentoso Antón Cambeiro, que mostrou unha calidade e unha clase exquisita durante todo o torneo, levouse o trofeo ao mellor xogador da competición.
Nesta gran festa branquiazul, colaríanse o gardarredes Marc Bermúdez do Pontevedra CF como mellor porteiro, e Xabier Souto, quen con catro goles sería o máximo goleador desta II Malpica Vidú Cup.
Outros recoñecementos
O Vitória Sport Clube de Guimarães mostrou un comportamento exquisito e uns valores deportivos moi grandes e a organización quixo premialos co trofeo Fair Play.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/medio-millar-de-deportistas-disfrutaron-do-futbol-base-no-torneo-vidu-de-malpica/
https://quepasanacosta.gal/malpica-acolleu-a-segunda-participacion-da-seleccion-da-costa-sub-15/