Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Manu Castiñeiras, un clásico no Porteño

Manu Castiñeiras, un clásico no Porteño
Ben coñecido por todo o fútbol costeiro é Manu Castiñeiras, defensa de extensa traxectoria nas nosas ligas e contrastada solvencia. Os seus saques e banda son famosos, e o saber estar nas tarefas defensivas moi apreciado polos adestradores que o tiveron ás súas ordes. A pesar de que por diversas circunstancias este ano só leva 10 partidos xogados, exerce de líder na súa terra nun Porteño que está algo por debaixo do esperado, pero que aínda ten tempo de reaccionar e meterse na promoción de ascenso. Con homes como Pejo, Rachón, e os veteranos Cousillas, Wii e o propio Manu, pódese esperar de todo deste equipo. O Porteño, unha pequena decepción esta tempada QPC - O domingo igualastes co líder nun encontro dos de antes. Como vivistes o partido? Foi un partido de ti a ti, nun terreo de xogo bastante irregular, que é como está últimamente a Grixa. Empezamos ganando 1-0 cun gol de Rachón nun rexeite dun clásico saque de banda no noso campo. Nese momento o Volantes adiantou liñas e gracias a dous balóns parados Yanki facia o 1-2 nun intervalo de 15 minutos. Dous fermosos e potentes remates de cabeza dun xogador que penso que vai a volver a marcar diferencias na liga da Costa. Na segunda parte o Porteño decidiu ir a polo partido e nunha xogada individual de Luís o centro rematabao Vicente o fondo da portería. Quedaban sobre 20 minutos e os dous equipos foron pola vitoria podendo ganar o porteño nun penalti no min 85 que parou o porteiro visitante. QPC - Visto como lle competistes ó Volantes de Baño, que pasou o resto da tempada para que o Porteño esté tan lonxe do ascenso? Non demos o que tiñamos que dar, penso que por plantilla deberíamos estar loitando polo ascenso directo e non estamos nin en zona de playoffs. QPC - A igualdade é a tónica da 3ª este ano. Pensas que todavía podedes chegar a metervos na promoción? Vexoo difícil, pero temos que seguir loitando porque está a cousa moi axustada. Nesta liga ganas dous partidos seguidos e estas arriba. QPC - Que vos está a faltar para estar á altura dos mellores? Faltou esa regularidade que outros equipos como Camelle, Nantón, Laxe ou Ameixenda si que teñen. QPC - Que análise fas da situación da liga? Son os conxuntos de Muros superiores ó resto? Vexo ó Volantes moi superior a todos os demais. Na Ponte demostrárono. Saben tocar cando hay que tocar e defender sendo duros cando as condicións non che permiten xogar o balón. Van a ser xustos campións. Teñen xogadores que non merecen esta categoría, como Yanki, Cajulo, Thiago. Van sobrados.

Comentarios