Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mario Díaz, a esperanza carballesa do mundo do golf

Mario Díaz, a esperanza carballesa do mundo do golf
Mario Diaz golf Carballo O infantil Mario Díaz é a gran promesa do golf carballés Mario Diaz golf Carballo 2 Mario Diaz Poucos golfistas temos na bisbarra pero parece que dende xa teremos que prestar máis atención a este deporte. Porque temos unha perla na nosa bisbarra, unha promesa que se vai facendo un oco no panorama galego. Mario Díaz López (Carballo, 14 anos) ten paixón polo golf desde pequeno. A pesar de que Carballo non conta con ningún campo de golf, non dubida en desprazarse coa súa familia ata o Campo de Golf do Hércules Golf en Arteixo para poder adestrar. Ademais da súa entrega a este deporte, ten a sorte de contar cun dos mellores adestradores que se pode ter Sergio García e por iso no seu primeiro ano de competición conseguir xa algúns logros considerables. Xa quedou 5º no Campionato Infantil de Galicia de Golf celebrado no Campo de Golf de Montealegre de Ourense. Ademais, este ano xa quedou subcampeón galego de Pitch&Putt a un só golpe de diferenza do primeiro nas categorías de Sub14 e sub16, e subcampeón en categoría sub 16 no Circuíto Cadena Cope que se celebrou en Vidago (Portugal). As próximas probas son o 15 de Setembro na Illa da Toja, a última proba da Liga Galega Xuvenil na que vai segundo por equipos (Hércules Golf) por detrás do RAC de Golf da Coruña. Tamén xogará a final do Circuíto Cadena Cope os días 28, 39 e 30 de setembro na que xogará con xogadores profesionais. Neste Circuíto leva un primeiro posto e tres segundos postos. Moita sorte para Mario, ao que seguiremos de preto.

Comentarios