Mario Díaz López remata a temporada como subcampión por equipos da Liga Galega Xuvenil de Golf



Fantástico o remate de temporada para o carballés Mario Díaz López (Hércules CG). A nova promesa do golf costeiro vén de rematar a tempada cun excelente resultado quedando Subcampeón de Galicia da Liga Galega Xuvenil 2018.
O inmellorable broche púxoo este pasado domingo na Final da Liga Galega Xuvenil disputada no Real Aero Club de Santiago, nunha xornada de eliminatorias baixo o novedoso formato de Match Play. Participaron os equipos RCG A Coruña, RAC de Vigo, CF Val de Rois e o Hércules CG, partido como favoritos os dous primeiros. Pero as saltaron as quinielas e venceron nas semis os CG Val de Rois e Hércules CG, respectivamente en dúas eliminatorias moi emocionantes a 15 buracos.
A final, a 18 buracos, foi moi igualada, vencendo o Val de Rois e deixando a Mario Díaz e ao resto do seu equipo como subcampión de Galicia. Xunto a el formaron polo cadro herculino Andrea Fernández, Jorge Ramos, Andrew Hill, Javier Ramos, Jose Trillo, Juan Cagiao, Yago López, Manuel Santos e Antón Pérez, con José Ramón Ramos delegado xuvenil do club como capitán.
Mario, con apenas 14 anos, completa así un ano fantástico, tras quedar tamén Subcampeón de Galicia de Picht.