Mazaricos e Santa Comba dan un paso adiante na 1ª Galega do tenis de mesa
Completa fin de semana para os equipos do tenis de mesa costeiro. Dous días con alegrías e desazóns por partes iguais. En todo caso, as derrotas serviron para comprobar que non se está tan lonxe do nivel máis alto de cada categoría.
En 1ª Galega, destacables os partidos dos equipos de Santa Comba e Mazaricos.
2ª División Nacional
- Resultado: AD ZAS PONCIANO NIETO – ARTEAL (1-5)
Difícil o tiña o AD Zas Ponciano Nieto contra un dos mellores equipos deste grupo de 2ª División Nacional. O encontro empezou xogando Gonzalo Martínez “Gonchu” contra unha das fichaxes de Arteal con vitoria fácil para este e a continuación xogou Brais Blanco contra outra das fichaxes, neste caso un estranxeiro, o chileno Ignacio Cabezas un gran xogador contra o que nada poido facer o novo xogador local. Logo foi o turno de Miguel Rey, nun partido que semellaba crucial para o resultado pero o zaseiro só lle podía facer un set ao veterano xogador compostelán Ricardo Carracedo.
Xa na segunda ronda de partidos xogou Gonchu contra Ignacio Cabezas e púxolle as cousas máis difíciles pero tampouco foi quen de gañar un set. Aproveitou o Ad Zas Ponciano Nieto a ocasión para no seguinte partido facer debutar a outra das promesas locais, Raúl López, pero contra Uxío Regueiro que é con toda seguridade o mellor xogador do Arteal e obviamente non lle deu opción a Raúl, pero así este tivo ocasión de ver xogos diferentes aos da súa liga. Xa por último Brais xogando ao 200 % ganoulle ao veterano contra o que perderá Miguel, contundente Brais conseguiu o punto da honra.
O encontro, malo para os da casa, serviu para aprender e comprobar que non se está tan lonxe dos de arriba.
1ª División Galega
- Resultado: Conxo Ponte de Ferro – Concello de Mazaricos (3-4).
- Resultado: Recreo Cultural de A Estrada – Concello de Mazaricos (2-4).
Moi boa xornada para o Concello de Mazaricos gañando os dous encontros, o primeiro o sábado en Santiago contra Conxo Ponte de Ferro e conseguido in extremis e o domingo en A Estrada noutro encontro moi axustado pero que os mazaricáns souperon aguantar o ritmo e levarse os dous puntos. Con esto os da MZ esperan estar nos postos de arriba e que agora mesmo comparte o primeiro posto xunto con Lalín e Monte Porreiro. Moi ben na fin de semana Javier Rodríguez que acadou os catro puntos individuais e José A. Lado con tres. O outro foi de Alex Blanco que de momento nota os meses de inactividade.
1ª División Galega
- Resultado: AD Zas O Pinar – Concello de Santa Comba (0-4).
Vitoria fácil pasa os de Santa Comba contra outro equipo do club. Os xalleiros (Cristian Vilar, Brais Festo e Miguel Forján) demostran que queren estar arriba e non dan opción aos demais, neste caso aos zaseiros Laura García Martínez, Miguel Romero e lara Romero.
Imaxe do derbi entre AD Zas O Pinar e o Concello de Santa Comba1ª División Galega
- Resultado: Liceo Noia “D” – AD Zas Dimobel Bazar Baio (4-1).
Os veteranos de Zas (José A. Pazos Varela, Matteo Yang e Manuel J. Castro) seguen na súa aprendizaxe e a pesar de que as derrotas non gustan danlles máis ánimos para adestrar e aprender. Pronto os veremos gañando partidos fácilmente.
1ª División Galega
- Resultado: SD A Baña - VTM Pizzería Hilton (2-4).
- Resultado: SD A Baña – VTM Pinturas Figueiras (2-4).
Moi bos partidos se viron entre os principiantes de A Baña e os equipos de Vimianzo TM onde os soneiráns fixeron valer as horas de entreno do verán. Pero os de A Baña teñen canteira e futuro e de momento fan xogar a todos e todas os componentes do equipo. Xogaron Martín Pose, Hilario José Suárez e Darío Domínguez de la Fuente polo Hilton e José Figueiras, Brais Touriñán e Nicolás Paz polo Pinturas Figueiras.
Vindeira xornada
Esta fin de semana, do 28, 29 e 30 (luns) será o torneo zonal en Lalín donde estarán xogadores de todas as categorías de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela León e a el acudirán moitos xogadores dos clubes de comarca, en total 12, que intentarán clasificarse para o Estatal do vindeiro ano a celebrar en Valladolid. A estes xogadores acompañarán os pais, adestradores, outros xogadores e amigos. Entre todos a gran familia do tenis de mesa da comarca farase ver no zonal. Algúns teñen máis posibilidades e outros menos pero todos levan a mesma ilusión. Ademais algúns acudirán como árbitros para coller experiencia para futuros compromisos.
Crónicas da tempada
- Os momentos críticos, entre os deberes do tenis de mesa soneirán.
- Nivel Nacional para os equipos do tenis de mesa costeiro.
- Foto histórica na estrea en 2ª Nacional para o AD Zas Ponciano Nieto.
Novas relacionadas
- Setembro 2017: Zas acolle un curso de árbitros de tenis de mesa:
- A selección Galega de tenis de mesa concéntrase por primeira vez na Costa da Morte
- O zaseiro Miguel Rey, novo Seleccionador da Selección Galega de tenis de mesa.
- Zas acolleu a gran festa do tenis de mesa provincial.
- Os equipos de tenis de mesa da Costa rematan as súas ligas.
- O Ponciano Nieto fai os deberes con matrícula e espera os arrastres para certificar o ascenso á 2ª Nacional.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Stevo Lema.