Míchel Antelo rompe as súas marcas na media maratón de Behobia
Mágoa que non focalizara esforzos na súa xuventude no mundo do atletismo e gastase forzas con tanto fútbol… Así pensan moitos dos seus achegados, xa que o que está a facer Luís Miguel Antelo, “Míchel”, cas súas pernas, aos seus case 40 anos, ten moito mérito.
O Vimiancés está batindo todas as marcas en canto á media maratón se refire. Vén de participar na Behobia-San Sebastiam, unha das “medias” (realmente son 20km non homologados como proba puntuable) máis importantes do circuito estatal e unha das máis emocionantes dada a fantástica aportación do público que ateiga o percorrido urbano donostiarra.
Míchel quedou no posto 67º da xeral de… nada menos que 25.200 corredores… Aí é nada.
Ademais, os datos dos seus tempos son impresionantes. Fixo 1:10:49, a só 10 minutos do campión Carles Castillejo. Pero é que facendo un paralelismo, con este tempo estaría no podio dunha proba Campionato Galego como a Media de Pontevedra, que vencía todo un Pedro Nimo con 01:08:31, por diante de Iván Campo que quedaba 2º, con 1:11:17.
Foi esta a súa mellor marca, e iso que tampouco forzou demasiado, e a progresión é fantástica pois en Vilagarcía fixo 1:13… Ata onde chegará?
Carreira en Muxía
O Correo Gallego e o Concello de Muxía, organizan a 10a Carreira pedestre Concello de Muxía Costa da Morte-El Correo Gallego en colaboración cos concello de zona. Celebrarase o vindeiro domingo 27 de novembro en Muxía, e a organización distribuirá un total de mil oitocentos euros en premios ademais de trofeos e detalles para os escolares. Os interesados en participar poden informarse e inscribirse na web carrera.elcorreogallego.es, no Departamento de Deportes do Concello de Muxía ou na delegación do Grupo El Correo Gallego na Costa da Morte ubicada na Avda. A, 1o A na Vila de Cee. O prazo de anotacións concluirá o día 22 deste mes.Novas relacionadas
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- Duatlón e maratón con acento muradán e irmandiño.
- Unha Campiona de Europa para Mazaricos.
- Rocío Alvite gaña en Vimianzo e prepara a Carreira Pedestre de Mazaricos.
- Sara Vieites, a estrella Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte.
- Duatlón e maratón con acento muradán e irmandiño.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).