Mércores. 06.11.2024
El tiempo

Nantón, Coristanco e Cabana comezan o ano goleando

Nantón, Coristanco e Cabana comezan o ano goleando
Reanudouse con moitos goles a liga de Terceira, en tan só 3 partidos marcáronse 16 goles, foron nas vitorias do Nantón, que se mantén na pugna dos postos de ascenso, do Coristanco, que deixa con poucas opcións de ascenso ao Muxía e mantén as súas e do Cabana que gañou no derbi ao Corcoesto e mantense con vida polo ascenso. Nos outros dous partidos, empate xusto entre Pereiriña e Laxe e vitoria pola mínima do Outes. Dos outros partidos, o Cerqueda xa gañaba a semana pasada ao Lira, mentres que o Mazaricos xogará día de Reis. O partido entre o Muros B e o Corcubión foi aprazado polo falecemento da irmá dun dos directivos muradán.

Muxía - Coristanco (0-6)

  • MUXÍA: Fernando, Dani (David, min.46), Chori, Martinciño, Currás, Jose Antonio, Papi (Oscar Canario, min.55), Dimas Leivinha, Fran Pioto (Carliños, min.70), Chans e Iván Lagoa (Fran Gemelo, min.65)
  • CORISTANCO: Rubén, Luís, Óscar, Germán, Marcos, Mallón, Dani (Toni, min.75), Fran Fariña, Benitez, Palermo e Toniño.
  • Goles: 0-1, min.15: Benitez, de cabeza nun córner; 0-2, min.16: Toniño; 0-3, min.47: Toniño; 0-4, min.55: Fran Fariña, de falta directa; 0-5, min.66: Dani; 0-6, min.72: Toniño.
  • Expulsións: Os locais Currás e Chori (min.90) o primeiro con cartón vermello directo e o segundo por dobre cartón nunha xogada incomprensible, cun 0-6 e co partido acabado. Tamén expulsou ao míster local, Luís Romaní.
O Coristanco gañou con contundencia en Muxía, onde rompeu a imbatibilidade dos muxiáns na súa casa. Pese a abultada derrota foi moi protesta a actuación arbitral polo bando local que non comprende moitas das decisións tomadas. A nota positiva para os locais foi a volta de David logo dunha larga lesión.

Nantón - Xaviña (6-0)

  • NANTÓN: Martín (Ernesto, min.70), David Lareo, Carlos Santos, Sito, Diego, Carlos Vidal (Cristian, min.75), Fabio, Pedro, Luís, Manu e Rubén (Martin, min.65).
  • XAVIÑA: Juan, Chiri, Sergio, Javi, Jallejo, Carlitos, Chapu (Maikel, min.70), Cristian (Alex, min.46), Angel, Elvis (Adrián, min.70) e Brion.
  • Goles: 1-0, min.17: Luís; 2-0, min.42: Luís; 3-0, min.49: Luís; 4-0, min.62: Sito; 5-0, min.68: Manuel; 6-0, min.80: Manuel.
Partido sen moita historia xa que o Nantón foi dono e señor do encontro. Resistiu 17 minutos o Xaviña ante un equipo que dominou o balón por completo e que marcou dous goles no primeiro tempo e que puido ser algún máis se Luís non fallara un penalti con marcador de 1-0, o meta visitante detivo o lanzamento. No segundo acto, os visitantes deron un baixón que foi aproveitado polo Nantón para sentenciar o partido nos primeiros minutos. Ao longo deste período puido caer algún gol máis local se estivesen máis acertados de cara a portería. No banco visitante debutou como míster Eugenio, xogador que renunciará a xogar por adestrar ante a dimisión neste período festivo do xa ex-mister, Yago.

Cabana - Corcoesto (4-0)

  • CABANA: Toni, Rubén, Marcos, David, Alfredo (Eloi, min.70), Xandro, Adrian (Darío, min.60), Jacobo, Suso Docampo e Adán (Diego, min.50).
  • CORCOESTO: Siro, Pepe (Pichón, min.70), Rivera, Germán, Manuel (Pablo, min.46), Roi, Aitor (Miguel, min.20), Javi, Lista (Martín, min.46), Rodri e Luís (Juan, min.60).
  • Goles: 1-0, min.17: Suso Docampo, de falta directa; 2-0, min.38: Miki; 3-0, min.44: Suso Docampo; 4-0, min.87: Suso Docampo.
  • Lesión: O visitante Aitor cun posible esgince de xeonllo.
Un gol de falta directa de Suso Docampo e dúas contras a piques do descanso, unha materializada polo xuvenil debutante, Miki e outra por Suso Docampo, sentenciaron o derbi municipal en prol dos cabaneses. Xa a rentes do final do encontro Suso volvía a marcar para firmar un hattrick.

Outes - Alcaián (1-0)

  • OUTES: Moncho, Alvaro, Saúl, Lago, Chúa, Poke (Primo, min.81), Piki (Lass, min.55), Potro (Pitu, min.62), Deivi, Fabio (Marico, min.46) e Pesco (Quin, min.76).
  • ALCAIÁN: Herrera, Iván Castro, Diego París, Dani, Víctor, Pablo Framil (Ñapas, min.62), Iván Souto, Luisito, Daviciño (Fabio, min.85), Pistolas e Rubén.
  • Gol: 1-0, min.31: Deivi.
  • Expulsión: Os visitantes París (min.39) con cartón vermello directo e Rubén, este por dobre cartón amarelo unha vez rematado o encontro.
Pola mínima gañou o Outes na casa e segue facendo un fortín o seu campo no que deixou escapar moi poucos puntos, o empuxe da numerosa aficción segue sendo o importante xogador número 12. Deivi marcou por toda a escadra no mana a man co meta Herrera tras recibir un pase lateral de Pesco. Na segunda metade os visitantes buscaron o empate, pese a estar cun home menos, pero non crearon moitas ocasións de gol para conseguilo.

Atl. Pereiriña - Laxe (1-1)

  • ATL. PEREIRIÑA: Andrés, Jordi (Grille, min.70), Simón, Javichu, Riki, Adan, Alex, Alvaro, Touré (Serxio, min.46), Víctor (Pelado, min.85) e Villar.
  • LAXE: Jacobo, Antonio, Oscar, López, Aarón (Manuel do Zurich), Dani, Felipe, Beisana, Lolo, Antonio Castro e Samuel (Carlos, min.46).
  • Goles: 1-0, min.20: Víctor; 1-1, min.92: Carlos.
  • Expulsión: O local Javichu (min.30) por cartón vermello directo.
Partido con pouco ritmo e de xusto empate. Víctor abriu o marcador ao rematar un balón morto na área e Carlos puxo o empate en tempo de desconto ao rematar de cabeza unha falta lateral.

Muros B - Corcubión (Aprazado)

Encontro aprazado tralo falecemento da irmá dun dos directivos muradáns.

Independiente - Mazaricos

Partido aprazado para día de reis ás 18:00 horas.

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected])
  • Colabora Martín Suárez e Luís Alberto Sambad.
  • Fotos do Muxía - Coristanco de Luís Alberto Sambad.

Comentarios