Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Néstor fálanos da previa do Xallas - Paiosaco

Néstor fálanos da previa do Xallas - Paiosaco
Sábado ás 11 da mañá é a cita en Fontenla. O líder da competición de Preferente Norte, o Paiosaco, visita Santa Comba para enfrontar a un Xallas en alza. Dende a chegada de Néstor o equipo colleitou 4 vitorias e 3 empates, situándose na zona media da clasificación, e dando moi boas sensación que fan ser optimistas de cara a un futuro. O equipo, a pesar de non poder contar por lesión con homes importantes como o gardameta Julián Couto, Doro, Alex Blanco ou Julián López está nunha boa dinámica, outros xogadores deron un paso adiante e agora mesmo o Xallas é un rival temible. O rapaz Coke esta cumprindo baixo paos. A liña defensiva cada vez é mais consistente, con Cristian, Pablo Vigo, Alex Canedo, Puyi, Añón e Dani Becerra alternándose. O senior de primeiro ano Borja Gándara e Fernando traballan ben o centro do campo, e a velocidade arriba e nas bandas de Kevin, Marcos, Camilo e Abel fan dos verdes un equipo moi perigoso. Uxío está a suplir ben a Alex Blanco na punta de ataque, e o equipo cada vez é mais consistente. O adestrador de Noia, Néstor, despois de tres moi bos anos en Mazaricos, está a facer un gran traballo en Santa Comba. QPC - Boas, Néstor. Como afrontades un partido tan bonito como o do domingo? Pois con moita ilusión por seguir competindo e intentando sumar puntos para continuar coa regularidade que estamos tendo ultimamente. QPC - O equipo dende a túa chegada está a responder moi ben. En que cousas vas a incidir para doblegar ó líder? Bueno, agora mesmo preocúpame mais que o meu equipo siga mellorando e se facemos ben as cousas teremos opcións de sacar algo positivo, aínda que somos conscientes do potencial e dominio de moitos aspectos do xogo por parte do rival. QPC - Supoño que o vestiario estará moi reforzado cos últimos resultados, incluídos tres vitorias seguidas. O momento é bo, xa que cando se teñen resultados positivos a moral é alta, aínda que somos conscientes de que temos que dar o máximo cada partido. QPC - Que Preferente te atopaches? Pois unha liga moi igualada e aberta, donde calquera pode gañar a calquera. QPC - Que análise fas da zona baixa, onde están inmersos os tres equipos da Costa buscando a salvación? Agora mesmo aínda esta todo moi igualado, hai equipos con dinámicas diferentes, pero a Preferente e moi longa e como alguén se descoide ou relaxe pode ter complicacións, e mais vendo as clasificacións actuais da Terceira División e 2ª B, que se producirían moitos arrastres. Agora mesmo, sacando os primeiros 4/5 clasificados, o resto pode pasar de todo. QPC - Vides de incorporar a Oliver, ex dianteiro de Noia e Lesende. Que pretendes que vos aporte? Oliver é un xogador polivalente que nos pode axudar en moitas posicións e facetas do xogo, ademais de ser un xogador forte, o cal nos mellora en fortaleza física do grupo. E un xogador de equipo, traballador e con cualidades que coñezo moi ben, e que se as pon xogo pode ser un xogador moi importante para nos. O Xallas comenzou dubitativo a tempada pero agora está imparable

Comentarios