Non todo acaba aquí

01:22 06/05/16
A Segunda B e a Terceira División, coas súas promocións, deixarán no aire o futuro de moitos equipos dunha Primeira e Segunda que rematan esta fin de semana. Os arrastres deixarannos pendentes unhas semanas máis.
O Porteño segue en zona perigosa polos arrastres
Aínda coa resaca do título da Sociedad Deportiva Fisterra, e co Soneira na nube de Preferente e xa homeaxeada, a 'clase alta' deixa paso a unha loita se cadra aínda máis agónica e sufrida: a da supervivencia. Tanto a Primeira como a Segunda Autonómica botan o peche con moito por decidir na parte baixa. Pero o certo é que non se poderán sacar conclusións nin unha vez terminada a competición, pois ata que a Segunda B e a Terceira División non decidan as súas promocións, descensos e ascensos todo será virtual.
Nese torrente de interesados o primeiro na orde xerárquica e un Xallas que, de tódolos xeitos, aínda ten tres semanas por diante. Os combeses visitan esta semana á SD O Val, descendida matemáticamente desde hai varias semanas. O principal obxectivo debe ser non perder posicións e, se é posible, superar ao Estudiantil, que visita Riveira e lle aventaxa en dous puntos. De escalar un peldaño máis, sería case imposible sufrir consecuencias negativas. Os problemas veñen algo máis abaixo.
Na Primeira Autonómica a potencialidade a día de hoxe é de nove descensos. O Malpica e o Corme, que xogan entre eles, están descendidos, mentres que do Baio hacia arriba existen esperanzas. Os baieses reciben ao Outes e non poden mellorar posición, mentres que os de Manu de Roque, cun triunfo, poderían subir un ou dous postos. Suspicacias fóra, Agolada e Lesende, que lle preceden, reciben na casa a rivais de certa proximidade e sen moito en xogo. O que se xoga a historia, pero desde o sorriso na boca, é o Sofán. Puntuar en Sigüeiro, ou todo o que sexa que o Flavia non lle gane ao Soneira, será un pasaporte a dobre partido hacia Preferente.
Na Liga da Costa, o tema festivo estará en Fisterra, onde o equipo recibirá a Liga da Costa, pero sobre todo recibirá a calor dun pobo volcado. Enfrente, como contraste, estará o Cabana, que pecha un annus horribilis. Pero serán A Rocheira e A Grixa os focos de atención. Co Buño xa salvado, Coristanco e Porteño, que reciben a Esteirana e Zas, loitarán por acadar o menos perigoso dos que agora mesmo serían postos de arrastre, e que quedarían salvados cun ascenso do Sporting Zas. Todo o demais é prácticamente un pasaporte ao horror. En As Pedreiras será, ademais, a despedida de Pedro como técnico, despois de ter recuperado durante estes anos a competitividade do San Lorenzo.
Na 3ª Autonómica comeza a final da Promoción de Ascenso. Arliña acollerá un intenso Muxía-Corcubión, con moitos ex compañeiros entre as filas
Ademas, outra das citas da fin de semana será a gran final da Copa da Costa Xuvenil. Xallas e Ponteceso chegan nun gran momento e pode ser un fermoso choque.

Preferente Norte, xornada 36
Primeira Autonómica, xornada 34
Segunda Autonómica, xornada 34
FasedeAscenso á 2ª Autonómica, Ida da Final
07/05 - 17:00 | Muxía - Corcubión | -- |
CopadaCosta Xuvenil, Final
- Xallas - Ponteceso: Sábado 7 ás 19:00h en Arliña.
AlevínCosta Sur F8, xornada 30
AlevínCosta Norte F8, xornada 10
BenxamínCosta Sur F8, xornada 30
BenxamínCosta Norte F8, xornada 10
Prebenxamín Costa F8, xornada 11
CopadaCosta dos Veteranos, ida da Previa

Novasrelacionadas
- Vanse poñer de punta ata os pelos dos Rapacollóns.
- Crónica de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Consternación costeira pola morte dun xogador do Muxía de 15 anos.
- Os arrastres provocarían a día de hoxe o descenso de Xallas, Baio, Corme, Buño, Ameixenda e Volantes.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máisinformación
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).