O AD Zas Aluminios Xeal irá a fase de ascenso a División de Honra


Nova xornada para a familia do tenis de mesa costeiro que nos deixa unha fantástica nova. O AD Zas Aluminios Xeal de 1ª División Nacional Feminina conseguiu gañar os tres encontros que necesitaba para clasificarse segundas no primeiro grupo desta categoría e que dá dereito a participar na fase de ascenso a División de Honra, a máxima categoría do tenis de mesa nacional.
Unha fase que se celebrará en Collado Mediano (Madrid) os días 21 e 22 de abril. As xogadoras (Ana García, Miriam Domínguez, Maria Castro e Marta Costa) viron así refrexado todo o esforzó e traballo feito durante a temporada.
Así reflexaba a súa alegría Ana García polas redes sociais: “Tres anos despois, conseguimos algo que considerábamos imposible, chegar a unha fase de ascenso; despois de moito traballo e esforzo, lográmolo. Ademais, persoalmente é todo un orgullo para min representar a todo o noso clube, a Zas e a Aluminios Xeal”.
Por outro lado a derrota de AD Zas Ponciano Nieto é normal tendo en conta a diferencia que hai entre os xogadores de ambos equipos, de momento. En 2ª galega, colleitou a súa primeira vitoria o AD Zas O Pinar ante o SD A Baña ao que tamén gañou AD Zas Dimobel Bazar Baio. O Santa Comba, como se esperaba, si gañou os dous encontros e mantense así no segundo posto.
1ª División Nacional Feminina
- Resultado: AD Zas Aluminios Xeal – Cinania Femenino (4 - 3).
- Resultado: AD Zas Aluminios Xeal – Monte Porreiro “B” (4 - 2).
- Resultado: AD Zas Aluminios Xeal –Ribadumia (4 - 2).
- Resultado: AD Zas Aluminios Xeal – AD Vincios Bade (0 - 6).
O gran éxito do Aluminios Xeal foi pola mañá, sobre todo no primeiro partido donde se xogaba o segundo posto. Xa se esperaba un encontro igualado e longo, e cumpliu coas expectativas, empezou as 10 e rematou as 13’10. E despois o segundo encontro da mañá, que rematou as 15’15 h. cando o resto dos equipos volvían de comer. Pero non importou a familia do AD Zas, pois o obxectivo estaba cumprido gañar eses dous compromisos que, xa se sabía, ían ser moi difíciles.
O equipo, que traballara moi ben pola semana, contou ademais co apoio da afección familiar que se desprazou a Gondomar. O gran nivel da parella Ana e Miriam fixo o resto.
No segundo encontro, contra Visit Pontevedra, tamén complicado pero xa co subidón anterior, non se deixaron sorprender, e se antes María Castro non poidera colaborar puntuando si o fixo neste para polo menos ir comer coa ledicia do deber cumprido. Os encontros da tarde xa tiñan menos trascendencia pois a diferencia de nivel é moi grande. Por unha banda, as de Ribadumia son nenas benxamíns e alevíns e pola outra as de Vincios son case profesionais.
A esta categoría é a que aspirará subir o AD Zas Aluminos Xeal na fase de ascenso que se celebrará o 21 e 22 de abril na localidade madrileña de Collado Mediano. Xa é un gran éxito chegar a desputar unha fase de ascenso imaxinade como será o conseguilo.
2ª División Nacional
- Resultado: AD Zas Ponciano Nieto – CD Dez Portas (0 - 6).
2ª División Galega
- Resultado: SD A Baña – AD Zas O Pinar (2 - 4).
- Resultado: Concello de Santa Comba – AD Zas Dimobel Bazar Baio (4 - 1).
- Resultado: SD A Baña – AD Zas Dimobel Bazar Baio (0 - 4).
- Resultado: Concello de Santa Comba – AD Zas O Pinar (4 - 0).
Encontros de tenis de mesa entre equipos entrenados por Miguel Rey e Stevo aos que lles gustaría estar presentes para ver a evolución dos xogadores/as. Ledicia pola primeira vitoria do AD Zas O Pinar, que tardou máis do esperado e do entreno que fan. A vitoria foi ante un SD A Baña ao que lle faltaban Álvaro e Miguel, o que non quita méritos a vitoria. Tamén lles gañaron os de AD Zas Dimobe Bazar Baio e de forma máis clara. Por outra banda os de Santa Comba seguen co seu ritmo, e conseguirán o segundo posto e posiblemente teñan opción de ascenso.
Crónicas da tempada
- O AD Zas Ponciano Nieto confirmou o seu descenso pero Mazaricos e Cernadas manteñen a súa categoría.
- Fin de semana de derbis no tenis de mesa costeiro.
- Unha decepcionante derrota deixa ao Ponciano Nieto preto do descenso.
- O AD Zas Aluminios Xeal acariña o ascenso a toda unha División de Honra.
- Fantástica experiencia vital de tres xogadoras costeiras no Campionato de España de tenis de mesa.
- A sorte non lle sorríu á familia do tenis de mesa costeira.
- O AD Zas suma e sigue.
- O tenis de mesa colle forzas en Zas
- Os equipos de tenis de mesa da comarca continúan a mala racha
- O AD Zas retoma as competicións de tenis de mesa
- Zas vivíu unha intensa fin de semana de tenis de mesa
- O tenis de mesa costeiro colle experiencia nacional.
- A gran familia do tenis de mesa da Costa da Morte segue medrando.
- O tenis de mesa costeiro deixou alto o pavillón no Torneo de Oleiros.
- Elas teñen a senda.
- Con mala sorte preparando o Torneo de tenis de mesa para o Nadal.
- Un final de infarto deu unha das poucas alegrías da fin de semana de tenis de mesa.
- Miriam Domínguez consigue o pase ao Estatal.
- Mazaricos e Santa Comba dan un paso adiante na 1ª Galega do tenis de mesa.
- Os momentos críticos, entre os deberes do tenis de mesa soneirán.
- Nivel Nacional para os equipos do tenis de mesa costeiro.
- Foto histórica na estrea en 2ª Nacional para o AD Zas Ponciano Nieto.
Novas relacionadas
- Setembro 2017: Zas acolle un curso de árbitros de tenis de mesa:
- A selección Galega de tenis de mesa concéntrase por primeira vez na Costa da Morte
- O zaseiro Miguel Rey, novo Seleccionador da Selección Galega de tenis de mesa.
- Zas acolleu a gran festa do tenis de mesa provincial.
- Os equipos de tenis de mesa da Costa rematan as súas ligas.
- O Ponciano Nieto fai os deberes con matrícula e espera os arrastres para certificar o ascenso á 2ª Nacional.
Fonte
-
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Stevo Lema.